• Mostra Beauty, o concurso de beleza das modelos da Mostra do Encaixe

    As modelos pendentes do Mostra Beauty

    En tan só uns días as modelos da Mostra xa se convertiron en seguidoras de camarinas.eu
    En tan só uns días as modelos da Mostra xa se convertiron en seguidoras de camarinas.eu

    Cando unha páxina se fai sen intereses políticos, nin intereses crematísiticos ocultos, se non tan sólo por pasalo ben e facer pasalo ben aos demáis, esa web acabará triunfando na maioría das súas iniciativas. Este foi o caso do Mostra Beauty, unha iniciativa para elexir á modelo máis fermosa e profesional da Mostra do Encaixe 2008 ideada pola web máis vista da Costa da Morte: camarinas.eu (amada e odiada a partes iguais, bueno, máis odiada que amada, para que vamos a engañarnos). Pulsa na foto para ver unhas fotos e vídeos das nosas fermosísimas modelos seguidoras, como non podía ser de outra maneira, de camarinas.eu.

  • O Chiquitrén, unha institución da Mostra do Encaixe de Camariñas

    O xa desaparecido Orient Express cubría a ruta entre París e a asiática Estambul a través dun viaxe literario polas veiras do Danubio; o Transiberiano dende 1.904 cruzando oito usos horarios, sete días de viaxe, conecta a sagrada Moscú con Vladivostok, no mar do Xapón; a Union Pacific a través de pradeiras pragadas de indios, búfalos e pioneiros fixo realidade a epopeia dos USA conectando a Costa Atlántica co Pacífico. Agora  á nómina destes trens de leyenda ven a sumarse dende hai uns anos o noso querido, defenestrado e menospreciado Chiquitren, o medio de locomoción que inagurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas, paliando desta forma o olvido secular no que as distintas Administracións centrais sumiron a esta desdichada Costa da  Morte.
  • Nova enquisa de camarinas.eu: "Mostra Beauty"

    Novas fotos e vídeo para a enquisa de "Mostra Beauty"

    De esquerda a dereita: a primeira modelo (a de gafas sesenteras) polo de agora é a máis votada
    De esquerda a dereita: a primeira modelo (a de gafas sesenteras) polo de agora é a máis votada

    Continúa a enquisa de camarinas.eu que determinará cal das modelos da XVIII Mostra do Encaixe é a preferida da aficción da web máis vista da Costa da Morte. Tras o primeiro día de votacións a modelo número 4 (unha beleza de tipo eslavo cunha mirada felina) é a que polo de agora leva avantaxe con 19 votos. Como regalo para os ollos dos nosos lectores añadimos unha pequena colección cas mellores fotos que se viron sobre a pasarela. Pulsa na foto principal e elixe a túa favorita na enquisa que está na banda dereita desta web.

  • Fotos historicas: Mostra do Encaixe

    A infancia da Mostra do Encaixe

    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas
    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas

    Agora que ven de cumplir os 18 anos, a maoiría de idade, non está mal recordar a través da sección comodín de camarinas.eu, Fotos Históricas, que a Mostra como todo ser vivo atravesou distintas etapas no seu periplo vital (nacemento, infancia, adolescencia, madurez). Precisamente as fotos elexidas reflexan a segunda das etapas citadas, a da infancia dunha Mostra que daba os seus primeiros pasos.

    E difícil precisar o ano desta imaxe, que reflexa a entrega dos diplomas das licenciadas cum laude no Curso de Palilleiras por parte do ex-alcalde Bautista e dunha persoa que se sempre se volcou na axuda persoal e material cara a nosa Mostra: un moito máis xoven presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. Fotos que ademáis de reflexar o paso do tempo, demostran como éste o cambia todo porque probablemente a persoa que sacou esta fotografía agora é o Alcalde de Camariñas. En todo caso e como sempre cas Fotos Históricas, deberán ser os nosos usuarios os que precisen tódolos datos destas evocadoras fotografías duns tempos nos que a Mostra andaba en patucos.

  • Inauguracion da XVIII Mostra do Encaixe de Camarinas

    O Presidente da Xunta inaugura a XVIII Mostra do Encaixe

    Momento no que Emilio Pérez Touriño cortaba a cinta inaugural
    Momento no que Emilio Pérez Touriño cortaba a cinta inaugural

    Coincidindo coa maioría de idade da Mostra do Encaixe de Camariñas, por primeira vez nos seus dezaoito anos de existencia, un Presidente da Xunta de Galicia acercouse ata a Vila dos Encaixes para inaugurar, xunto co Alcalde camariñán Pichurri mailo Presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda, a maior concentración de Encaixe do mundo. Pulsa na foto para ver a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos.

  • Anuncio de TV da XVIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    Ao longo de toda esta semana pasada xa poidemos ver na TVG e nas desconexións rexionais das distintas televisións de ámbito nacional o que é o anuncio da XVIII Mostra do Encaixe, o cal nos foi remitido por un dos nosos máis queridos usuarios que o capturou él mesmo da televisión. Debemos recordar que este spot foi rodado pola productora coruñesa Lúa Films, que se puxo en contacto con camarinas.eu recabando voluntarios para saír no video, e así a nosa Camariñas Beauty máis cremosa, Maytiña, ten un papel clave que fai do video unha auténtica obra maestra por obra e gracia dunha das camariñanas máis fermosas.
  • A mostra do encaixe cada vez máis cerca

    Un día gratis na Mostra para todos os veciños do Concello de Camariñas

    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Xa só queda unha semana para que a Mostra do Encaixe comece a rodar outro ano máis, e xa van dezaoito edicións. Desta volta os cambios son ben notables sobre todo no que respecta aos responsables desta xa que o xaviñán Sergio Caamaño é o novo director da feira en substitución de A.J. Alonso Ballester e, como todos saberedes o Alcalde xa non é Bautista Santos se non Manuel V. Alonso.
    Ademáis o cambio de persoas ao frente do evento máis importante que se organiza no noso concello conleva, como non podía ser de outra maneira, unha forma diferente de organizar esta mostra. Así o advertimos nunha carta que empezará a circular por tódalas casas do Concello de Camariñas e na que se mostran por parte dos responsables da feira algunhas das novidades que marcarán esta edición ademáis de unha "Invitación especial para cada un dos máis de 6000 habitantes do concello".
  • A productora de Television Lua Films busca a figurantes para o anuncio da Mostra

    Nos xa sabíamos que unhas rapazas con tanto glamour, fermosura e intelixencia coma as nosas Camariñas Beauty ían a chegar lexos, pero o que non sabíamos era que isto ocurriría tan pronto. Recoñecendo a importante labor que esta humilde web está a realizar polas xentes de Camariñas, hoxe a productora Lúa Films púxose en contacto con camarinas.eu para anunciar que están a buscar figurantes de entre 25 e 40 anos para realizar un spot televisivo para a Mostra do Encaixe, pero sobre todo mostráronse especialmente interesados polas nosas catro Beautys. Pulsa na foto para ver a mensaxe que Lúa Films nos enviou e como poñerse en contacto ca mesma todos aqueles interesados en aparecer no spot televisivo.
  • Primeiro pleno ordinario do ano 2008, O Concello aproba os prezos públicos da Mostra do Encaixe

    Este venres 25 de xaneiro as 20:00 n Casa do Concello tivo lugar un pleno bastante relaxado, o cal viña marcado pola ausencia do Alcalde Pichurri que ata o mércores 30 de Xaneiro non voltará da súa viaxe pola Arxentina xunto a Félix Porto, Alcalde de Muxía. Así, o punto máis interesante dos incluidos na orde do día era a aprobación dos prezos públicos que rexirán na XVIII Mostra do Encaixe que como é habitual se celebrará en Semana Santa no pobo de Camariñas.
    Pulsa na foto para ler a noticia completa.