• Éxito de Público na XXI Mostra

    Unha sala completamente abarrotada contempla un dos desfiles de modelosNin as condicións climáticas máis extremas, cunha chuvia pertinaz e constante durante máis de 30 horas, cunha néboa densa que cubría as paraxes naturais que debería percorrer o autobús das visitas turísticas, cos partes metereolóxicos máis atroces unha e outra vez repetidos polas diferentes televisións, nin todo eso foi quen de evitar que a XXI Mostra do Encaixe fora un novo éxito de público. Avalanchas de visitantes inundando os corredores dese pequeno universo colectivo chamado recinto feiral, pases de modelos completamente abarrotados no que nin unha soa silla quedaba baleira, visitas de máis ou menos renome, acordos con vilas irmáns, establecementos hosteleiros repletos, serán algunhas das imaxes que deixe a celebración da vixésimo primeira edición do máis importante certame mundial no ámbito do encaixe de bolillos.
  • XXI Mostra do Encaixe

    Nebry, Katy e Belén: unha nova xeración no encaixe camariñánRebasada con creces a súa maioría de idade o certame encaixeiro máis importante a nivel mundial segue a cubrir exitosamente novas etapas. Este mércores 20 de abril de 2011, ás 17:00 horas, inaugurábase oficialmente a XXI edición da Mostra do Encaixe, a cuarta que cubre camarinas.eu renovando o seu compromiso perenne cunha das principais ventanas que o Concello de Camariñas ten abertas ao mundo. E tal que en edicións anteriores todo un pobo vólcase no mesmo: estando presentes a través dos stands nos que vender a máis fermosa artesanía do planeta, incorporándose ás filas de novas lexións de voluntarios, a través do traballo impecable, calado pero continuo, dos operarios municipais, cos establecementos da vila, preparados e engalanados para dar ao visitante o mellor servizo posible...
  • Video Oficial da XX Mostra

    Camarinas.eu publica en rigurosa exclusiva un extracto do vídeo oficial da XX Mostra do EncaixeEste venres 18 de febreiro facíase público o cartel que publicitará ao longo do globo terráqueo a vixésimo primeira edición da Mostra do Encaixe e inciábase desta maneira a conta atrás para a realización do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial. Comenza a partir de agora un duro traballo colectivo para conseguir acadar entre todos un novo éxito organizativo, de público, de ventas entre os profesionais do sector de artesanía máis camariñana. Camarinas.eu como web máis representativa do Concello de Camariñas e líder intratable e histórico do xornalismo na Costa da Morte procede, para poñer o seu grao da area na medida do posible a ese importante esforzo colectivo ao que antes aludíamos, a publicar un amplio resume do vídeo oficial da XX Mostra do Encaixe, no que constitúe sen dúbidas o mellor repaso a unha edición na que o certame camariñán cumpría 20 anos e no que de novo importantes continxentes de visitantes deixáronse caer polas rúas do noso concello acudindo á chamada anual dun arte tan antigo como inmortal.
  • Cartel da XXI Mostra do Encaixe

    Por segundo ano consecutivo, o Cartel da Mostra do Encaixe é confeccionado integramente por mans camariñanasEntre o 20 e o 24 de abril de 2011 terá lugar a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas e como é tradición, para ir xa quentando motores, acude un ano máis á súa cita cos lectores de camarinas.eu o Cartel da Mostra do Encaixe, o cal por segundo ano consecutivo faino en calidade de producto integramente camariñán. Nestes tempos de crise aguda, a dirección da Mostra de Encaixe recurrío novamente aos servizos internos do Concello para elaborar o cartel que promocionará o certame de encaixe de bolillos máis importante existente actualmente a nivel mundial. E os técnicos municipais tiveron que traballar arreo xa que foron elaborados ata catro modelos distintos de cartel dos que tras ser ensinados ás asociacións de palilleiras da vila, resultou elexida a opción que hoxe publicamos. Xa veñen cargados os días co arrecendo típico doutra Mostra do Encaixe.
  • XX Mostra do Encaixe de Camariñas

    Unha imaxe de familia que aglutina aos distintos sectores presentes nun día normal da Mostra do Encaixe
    Unha imaxe de familia que aglutina aos distintos sectores presentes nun día normal da Mostra do Encaixe

    O recinto da Mostra do Encaixe: un microcosmos peculiar no que día a día conviven profesionais do sector encaixeiro e da moda, modelos, representantes políticos, visitantes comúns e ilustres, e as mellores palilleiras do mundo. Consciente da importancia que para a revitalización dun concello illado e en permanente crise económica supoñe a Mostra do Encaixe, camarinas.eu decidío acometer un seguimento exhaustivo de todo o que pode chegar a suceder polas rúas da gran capital mundial do encaixe do bolillos nun día da súa existencia. Unha singladura que cumpre xa 20 anos cunha forza e vitalidade consolidadas e que permite ver como os vieiros de Camariñas se encheron de ata 19.500 visitantes durante os sagrados días da Semana Santa do exercicio 2010. Por elo, sen maiores pretensións que as de reflexar como é un día normal da intrahistoria do gran certame palilleiro camariñán, unha cámara de camarinas.eu paseouse polo seu recinto durante 12 horas con especial atención a aquelo que máis sole atraer ao noso noble electorado, os desfiles de moda, e ás súas protagonistas, as modelos. Va por ustedes.

  • Inauguracion da XX Mostra do Encaixe

    Tódalas imaxes da inauguración da XX Mostra

    Fernández Moreda, o gran mecenas da Mostra do Encaixe, e Pichurri cortan a cinta inaugural
    Fernández Moreda, o gran mecenas da Mostra do Encaixe, e Pichurri cortan a cinta inaugural

    Cumprindo escrupulosamente ca tradición establecida, cara ás tres da tarde deste mércores 31 de marzo de 2010 inaugurouse unha nova edición da Mostra do Encaixe. Pero esta constituía a número vinte dende que un lonxano mércores de Semana Santa de 1991 botara a andar o maior concentración internacional do Encaixe de Bolillos. "Vinte anos non son nada", recordaba as sufridas e inevitables palabras do tango no seu discurso o gran Padriño da Mostra camariñana, Salvador Fernández Moreda. Ao Presidente da Deputación da Coruña, acompañábano representando ao mundillo político o alcalde Pichurri, o Subdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura e a Directora Xeral de Comercio María Nava Castro. Tralos discursos os políticos percorreron un recinto feiral no que predomina a representación da Catedral de Santiago de Compostela no ano xacobeo  e no que se reservaron ata trinta stands ca correspondente presencia internacional. Despois, foron ver un dos desfiles de modelos que lamentablemente este ano non se verán acompañados do gran concurso de beleza do Mostra Beauty. O xerente da empresa de modelos, que non quería, disque. En fin, el se lo pierde. Pero nin esta negativa evitará que camarinas.eu falte á cita ca maior feira mundial do Encaixe de Bolillos, un dos motores económicos do Concello, e así captou unha galería cas mellores 150 imaxes da inauguración da XX Mostra do Encaixe.

  • Trofeo Mostra do Encaixe 2010: Inauguración do novo Hermanas Patiño de Camariñas

    Despois da forte aposta inversora acometida pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas no Estadio Hermanas Patiño, tocaba inaugurar oficialmente as novas instalacións unha vez rematadas as obras e que deixan un recinto espectacular para a práctica do rei dos deportes. E o momento elexido foi este xoves santo, segundo día da Mostra do Encaixe 2010,  cun encontro que enfrontaba a un combinado de xogadores do FC Camariñas e o Porteño contra os Veteranos do Deportivo da Coruña.  Comandados polo entrañable Arsenio Iglesias, o Zorro de Arteixo, e con viejas glorias do deportivismo  nas súas filas como Donato, Paco Jémez ou o ex do Extremadura Manuel, os coruñeses acabaron impoñéndose á selección camariñana por un contundente 3 a 0. Nembargantes, si deixa o Trofeo da Mostra do Encaixe 2010 para a historia un recordo en términos estrictamente futbolísticos, este foi o protagonizado polo impresionante saque de honor "ao estilo Panenka" executado cunha  maestría exquisita e un escorzo perfecto polo Alcalde Pichurri, que desta forma reverdecío por un momento vellos laureles futboleros olvidados. Camarinas.eu non podía faltar á inauguración oficial do gran estadio municipal de Camariñas e captou unha galería fotográfica de 135 imaxes.
  • Fotos Historicas: Aquelas primeiras edicións da Mostra do Encaixe de Camariñas

    Aproveitando que cara ás 15:00 horas deste mércores 31 de marzo de 2010 dou comenzo a XX Mostra do Encaixe de Camariñas, camarinas.eu quere render unha sentida e sinxela homenaxe a todas aquelas persoas que fixeron posible que o noso concello se convertise na Capital Mundial do Encaixe de Bolillos a través dun Fotos Históricas repleto de imaxes daquelas primeiras e ilusionantes edicións e de máis de media hora do vídeo oficial da Mostra de 1993, incluindo incluso un recordo para aquela edición primixenia organizada por unha xoven Comisión das Festas do Carme de 1978 e celebrada na Escuela Náutica Ramón Noguera Patiño. Un longo periplo iniciado en 1991 que resituou a Camariñas como a primeira potencia global no sector encaixeiro e que acercou ata ás nosas rúas a centos de miles de visitantes. Unhas primeiras edicións, aquelas de inicios dos 90 caracterizadas polas grandes muchedumbres que invadían Camariñas ano tras ano, pola forza de vontade duns cantos visionarios e sobre toda pola ilusión das xentes dunha vila completamente volcadas co experimento novedoso que situaba ao pobo da súa alma durante uns días de Semana Santa no centro de tódalas miradas. Agora que cumpre 20 anos, ¡¡FELICIDADES MOSTRA DO ENCAIXE!!
  • Concurso Mostra do Encaixe

  • XX Mostra do Encaixe de Camariñas

    Un cartel "made in Camariñas"

    O escenario da artesanía popular mundial asiste atónito e admirado á presentación do Cartel da Mostra
    O escenario da artesanía popular mundial asiste atónito e admirado á presentación do Cartel da Mostra

    Neste vindeiro ano do Noso Señor de 2010 que está a piques de facer a súa inquedante entrada nos oscuros designios da historia universal, a Mostra do Encaixe cumpre os seus vinte anos. Faino en medio de ambiciosas alianzas xeoestratéxicas internacionais (Offida, Ingenio, etc) e mediante a confección por vez primeira na súa existencia dun cartel enteiramente camariñán, elaborado por personal do propio concello. Os motivos elexidos para ilustrar un cartel que deixará sentir a súa presencia nos circuitos da artesanía popular son o omnipresente Faro Vilán e a Catedral de Santiago de Compostela, sen dúbidas co propósito de atraer cara á Vila dos Encaixes aos peregrinos e público en xeral que con motivo do Ano Xacobeo visitarán un dos maiores centros de peregrinación cristiana do mundo. Pois aquí está, esperemos que ca maior das sortes, o primer cartel da Mostra enteiramente camariñán.

  • Bases do Concurso de Desenadores Mostra do Encaixe

    A XX Mostra do Encaixe comenza a tomar forma

    Como en anos anteriores pola pasarela da Mostra do Encaixe pasarán as mellores promesas da moda galega
    Como en anos anteriores pola pasarela da Mostra do Encaixe pasarán as mellores promesas da moda galega

    A XX Mostra do Encaixe que se celebrará en Camariñas entre os días 31 de marzo e 4 de abril do 2010 arranca de forma oficial cos seus preparativos e así xa están listas as bases que rexirán o Concurso de Xóvenes diseñadores. Un certame que ano a ano refórzase como unha das citas máis importantes do calendario da moda galega e que serve de trampolín para que as mellores promesas dunha rexión española caracterizada dende sempre polo talento dos seus diseñadores reinventen en clave modernizadora unha das máis antigas mostras de artesanía de Galicia. Pulsa na imaxe para ler as novedades que nos remiten dende a dirección da Mostra do Encaixe así como para ler as bases do concurso.

  • Resumen final da Mostra do Encaixe de Camariñas 2009

    Cinco días de Mostra do Encaixe. Preto de 20.000 visitantes que inundaron as rúas de Camariñas a pesares do mal tempo.  Unha segunda edición do Mostra Beauty que elexío a maior beleza entre as modelos participantes na pasarela da máis importante feira de encaixe do mundo. Unha caravana de coches de luxo que desfilou por un Paseo Marítimo de categoría. Unhas festas da Virxe do Monte que recobraron o esplendor perdido coroadas cunha impresionante peregrinación cristiana ata a ermita milenaria... E o Chiquitren. Que ninguén pense que esta redacción se olvidou do medio de locomoción que inaugurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas. Pulsa na montaxe para ver a amplia galería fotográfica que reflexa cinco días de ensono en Camariñas aderezada de cinco impresionantes vídeos.
  • Mostra Encaixe: Mostra Beauty 2009

    ¡¡Xa está aquí o Mostra Beauty 2009!!

    Xa está aquí a maior enquisa da Costa Atlántica (e Pacífica tamén): o Mostra Beauty 2009
    Xa está aquí a maior enquisa da Costa Atlántica (e Pacífica tamén): o Mostra Beauty 2009

    Camarinas.eu. unha web sempre entregada á beleza e ao arte máximo, olvídase de todo o demáis e tráevos o que realmente queríades degustar e saborear a ritmo lento e cunha boa copa de coñac entre as mans: "A Beleza máis absoluta", en palabras do compositor Salieri no inmortal film de Milos Forman "Amadeus". Si queridos usuarios, aquí vos trae camarinas.eu o Mostra Beauty 2009, a loita titánica na que o pobo humilde e traballador camariñán elixirá á maior beleza do orbe terrestre entre as 12 modelos participantes na Mostra do Encaixe. A enquisa do 2009 xa está lista para todos vos: ¡¡A VOTAR!!

  • Inauguracion da XIX Mostra do Encaixe de Camarinas

    Si na edición do 2008 a nosa Mostra do Encaixe chegaba á súa maioría de edade, a partir de agora deberá camiñar no complicado e difícil mundo das exposicións e feiras internacionais como un adulto. Efectivamente: cara ás 17:00 horas deste mércores 9 de abril de 2009 quedaba inaugurada oficialmente a XIX Mostra do Encaixe ca presencia dun gran amigo de Camariñas como é o Presidente da Excma. Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, un home sin cuio interese e axuda material posiblemente a nosa Mostra non sería posible. Pulsa na foto para ver a galería fotográfica captada pola redactora nº1 de camarinas.eu: Lucía Carril Ageitos.
  • O Mostra Beauty proxecta a imaxe de Camarinas nos medios

    A Mostra do Encaixe nos medios gracias a camarinas.eu

    Proxectar unha boa imaxe de Camariñas, obxectivo primordial que dou lugar ao nacemento de camarinas.eu
    Proxectar unha boa imaxe de Camariñas, obxectivo primordial que dou lugar ao nacemento de camarinas.eu

    Aínda que a algún usuario non lle gustara moito o Mostra Beauty, a un periódico decano en España e a un xornalista profesional que o é todo si. Desta forma, a sección da contraportada "Gente a la última" do prestixioso diario El Correo Gallego, que se reparte por toda Galicia e parte do resto de España, facíase eco nunha noticia a páxina completa da iniciativa ideada por camarinas.eu para entreter aos seus lectores durante os días de lecer de Semana Santa. Pulsa na foto para ver o regalo que camarinas.eu lle fixo a gañadora do Mostra Beauty 2008 Cristina García Eisman.

  • Cristina García Eisman, gañadora do Mostra Beauty

    Co fin da XVIII Mostra do Encaixe, remata tamén o "Mostra Beauty", o concurso de beleza ideado por camarinas.eu para que os seus lectores elexiran a modelo máis fermosa ao seu xuizo dos distintos desfiles da maior feira mundial adicada ao encaixe de bolillos. A elección non era fácil, 12 auténticas belezas compartían pasarela este ano, entre elas dúas espectaculares rusas de tipo eslavo que fixeron as delicias de algún colaborador desta web. Pero a gañadora  final do mesmo resultou ser a viguesa de 27 anos Cristina García Eisman, a cal é toda unha veterana da nosa Mostra xa que éste era o oitavo ano que participaba na mesma. Ademáis da profesión de modelo, Cristina é toda unha empresaria, xa que é propietaria dunha empresa adicada a organización de eventos na cidade olívica. A gañadora do "Mostra Beauty" acadou un total de 176 votos, cunha ventaxa de 39 respecto á modelo que acabou en segundo lugar, a número 10, a cal conseguío 137. O terceiro e cuarto posto acabaron nas mans das dúas modelos rusas, que despois de ir por diante os dous primeiros días acabaron desfondándose ante as nosas belezas nacionais. O total de votos dos lectores nos tres días de concurso foi de 645.
  • Mostra Beauty, o concurso de beleza das modelos da Mostra do Encaixe

    As modelos pendentes do Mostra Beauty

    En tan só uns días as modelos da Mostra xa se convertiron en seguidoras de camarinas.eu
    En tan só uns días as modelos da Mostra xa se convertiron en seguidoras de camarinas.eu

    Cando unha páxina se fai sen intereses políticos, nin intereses crematísiticos ocultos, se non tan sólo por pasalo ben e facer pasalo ben aos demáis, esa web acabará triunfando na maioría das súas iniciativas. Este foi o caso do Mostra Beauty, unha iniciativa para elexir á modelo máis fermosa e profesional da Mostra do Encaixe 2008 ideada pola web máis vista da Costa da Morte: camarinas.eu (amada e odiada a partes iguais, bueno, máis odiada que amada, para que vamos a engañarnos). Pulsa na foto para ver unhas fotos e vídeos das nosas fermosísimas modelos seguidoras, como non podía ser de outra maneira, de camarinas.eu.

  • O Chiquitrén, unha institución da Mostra do Encaixe de Camariñas

    O xa desaparecido Orient Express cubría a ruta entre París e a asiática Estambul a través dun viaxe literario polas veiras do Danubio; o Transiberiano dende 1.904 cruzando oito usos horarios, sete días de viaxe, conecta a sagrada Moscú con Vladivostok, no mar do Xapón; a Union Pacific a través de pradeiras pragadas de indios, búfalos e pioneiros fixo realidade a epopeia dos USA conectando a Costa Atlántica co Pacífico. Agora  á nómina destes trens de leyenda ven a sumarse dende hai uns anos o noso querido, defenestrado e menospreciado Chiquitren, o medio de locomoción que inagurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas, paliando desta forma o olvido secular no que as distintas Administracións centrais sumiron a esta desdichada Costa da  Morte.
  • Nova enquisa de camarinas.eu: "Mostra Beauty"

    Novas fotos e vídeo para a enquisa de "Mostra Beauty"

    De esquerda a dereita: a primeira modelo (a de gafas sesenteras) polo de agora é a máis votada
    De esquerda a dereita: a primeira modelo (a de gafas sesenteras) polo de agora é a máis votada

    Continúa a enquisa de camarinas.eu que determinará cal das modelos da XVIII Mostra do Encaixe é a preferida da aficción da web máis vista da Costa da Morte. Tras o primeiro día de votacións a modelo número 4 (unha beleza de tipo eslavo cunha mirada felina) é a que polo de agora leva avantaxe con 19 votos. Como regalo para os ollos dos nosos lectores añadimos unha pequena colección cas mellores fotos que se viron sobre a pasarela. Pulsa na foto principal e elixe a túa favorita na enquisa que está na banda dereita desta web.

  • Fotos historicas: Mostra do Encaixe

    A infancia da Mostra do Encaixe

    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas
    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas

    Agora que ven de cumplir os 18 anos, a maoiría de idade, non está mal recordar a través da sección comodín de camarinas.eu, Fotos Históricas, que a Mostra como todo ser vivo atravesou distintas etapas no seu periplo vital (nacemento, infancia, adolescencia, madurez). Precisamente as fotos elexidas reflexan a segunda das etapas citadas, a da infancia dunha Mostra que daba os seus primeiros pasos.

    E difícil precisar o ano desta imaxe, que reflexa a entrega dos diplomas das licenciadas cum laude no Curso de Palilleiras por parte do ex-alcalde Bautista e dunha persoa que se sempre se volcou na axuda persoal e material cara a nosa Mostra: un moito máis xoven presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. Fotos que ademáis de reflexar o paso do tempo, demostran como éste o cambia todo porque probablemente a persoa que sacou esta fotografía agora é o Alcalde de Camariñas. En todo caso e como sempre cas Fotos Históricas, deberán ser os nosos usuarios os que precisen tódolos datos destas evocadoras fotografías duns tempos nos que a Mostra andaba en patucos.