• Camariñas na Mostra de Peniche

    O Encaixe camariñán presente na Mostra Internacional Rendas de Bilros de Peniche

    Tradicionalmente sempre se dixo que non podía haber mellor exemplo de dous países que viviran un de costas ao outro que España e Portugal. E sen embargo tratábase de dúas nacións que a maiores da súa irmandade xeográfica compartían un idioma case común, un compoñente xenético prácticamente idéntico e que levaban as súas similitudes a uns apelidos semellantes máis alá de pequenas variacións semánticas (un Vásques por un Vázquez, un Mourinho luso no sitio dun Mouriño celeste, ou un Jorge Méndes internacionalizado en multimillonarias operacións transeuropeas a cambio dun sinxelo Méndez veciño de Buría). Ata non hai moito pouco fixeran os lamentables gobernos sucesivos das dúas metades desta dividida Iberia por poñer coto a tan triste malentendido histórico e así tiveron que ser os seus cidadáns, aqueles que duramente sobreviven por igual a ambos lados da raia a esta plaga ibérica chamada política, os que tomaran as rendas da situación. Basta sinxelamente por achegarse por Portugal en Semana Santa para comprobar que seguramente a metade da poboación española se atope alí presente desfrutando os encantos dun país sin igual.
  • Exposición da Mostra en Culleredo

    As coleccións gañadoras da Mostra 2013 expostas en Culleredo

    Non hai moito unha nutrida representación institucional dun importante evento gastronómico do sur de Galicia ía ata alá onde está o carto, esto é, viaxaba a Alemania. O heteroxéneo grupo conformado por un alcalde, varios dos seus concelleiros, parte da prensa local así como dos inevitables represantes da asociación empresarial hosteleira do lugar desembarcaba en Frankfurt do Main e, axudados polo persoal do consulado e da embaixada española, presentaban o seu producto en sociedade, cos ollos postos no tan apetecible e ben surtido turista teutónico. Tal vez non sexa o mesmo, nin siquera parecido, pero necesitados de exportar extramuros do concello o  gran evento turístico municipal, alá onde se trataba dunha multitudinara feira do marisco aquí sería un certame encaixeiro, represantantes da Mostra do Encaixe de Camariñas, a Tenente Alcalde do ramo e a directora do mesmo, viaxaban en datas recentes ata Culleredo para, da man da Concelleira de Cultura local, presentar unha exposición fotográfica das coleccións gañadoras nesta edición do 2013. Culleredo obviamente non é Frankfurt do Main, e nin siquera se lle parece, pero algún día, quen sabe, sexa chegada a ocasión de presentar o máis importante encontro encaixeiro a nivel mundial alá onde se xogan os destinos financieiros dun continente. Tal vez para estos menesteres non sexa necesaria Alemania, pero sí as textís Bélxica ou Holanda. Alá en presencia da nosa Raíña Camariñana.
  • Clausura da Mostra do Encaixe do 2013

    En verdade a realidade non soe dar demasiados motivos para a innovación xornalística nunha vila como Camariñas: ano tras ano chegadas unhas determinadas datas soen repetirse o mesmo tipo de noticias, ás que xa pola forza do costume se lles da un tratamento máis ou menos idéntico. Quen sabe, seguramente sexa mellor así.  E un dos clásicos anteditos soe ser o acto de clausura da Mostra do Encaixe, noticia ca que aquí en Camarinas.eu damos en cada exercicio xusto remate a unha nova cobertura, sempre a maior e máis exhaustiva posible, da edición da Mostra do Encaixe. Unha noticia que soe ser publicada 10, 15 despois da finalización do maior punto de encontro encaixeiro a nivel mundial para ter a obrigada perspectiva ca que poder enxuizar a situación no seu xusto término.
  • Cheos nos desfiles da Mostra 2013

    Os desfiles da Mostra 2013 foron un cheo continuo nesta edición

    Unha primeira cuestión que debe levar a reflexionar é que se programen desfiles de modelos a un horario tan intempestivo como as 13:30 horas da tarde, un momento en principio máis propicio para que algún membro da oposición municipal ande a chiquito libre polos bares do pobo. Elo leva á lóxica conclusión dunha elevada demanda de desfiles por parte do público asistente á Mostra así como da importancia do escaparate que a súa pasarela supón para os diferentes deseñadores, conscientes de atoparse presentes nunha das máis elitistas e importantes vitrinas posibles para publicitar os seus productos. Pero si ao anterior, un horario tan intempestivo como as 13:30 horas, se lle suman que todos e cada un dos desfiles acontecidos a tal hora rexistraron cheos absolutos, a conclusión queda totalmente corroborada e fala ás claras do éxito dunha XXIII Mostra que fixo frente con coraxe e inxenio ao abandono lamentable da Xunta de Galicia e da Deputación provincial e da ausencia dos seus máximos rexedores, quen sabe si reunidos plácidamente a esas mesmas horas con algún que outro narcotraficante convicto.
  • Cea dos Voluntarios da Mostra 2013

    A entrega das bandas, un clásico das ceas de voluntarios da Mostra do Encaixe

    A Mostra do encaixe, un universo en si mesmo, desenrolou co pasar dos anos as súas propias leies e tradicións. E unha insoslaiable, definitoria a máis non poder, era a constituida pola clásica Cea ca que a Organización do maior certame encaixeiro a nivel mundial rendía a debida homenaxe aos seus voluntarios. Normalmente, rapaces e rapazas novas do Concello así como estudantes da Escola de Turismo da Coruña, xentes ilusionadas e desinteresadas que prestan nos días centrais da Semana Santa un traballo vital de necesidade a maior gloria da súa terra, son os protagonistas dunha multitudinaria cea onde o bo ambiente, as risas e o compañeirismo son as notas definitorias.
  • Visita das autoridades aos Stands

    Un clásico da Mostra do Encaixe, o stand de Peniche (Portugal)

    Autoridades, o que se di autoridades non houbo moitas, sacando ás do Concello máis ben ningunha, pero aínda así aquí en Camarinas.eu imos adicar toda unha señora noticia ás medianías guberno-administrativas recaladas por mor dunha orde superior na tarde dun chuvioso mércores santo en Camariñas. Ausencias significativas compensadas pola oleada de visitantes anónimos que inundaron as instalacións da Mostra do Encaixe nesta edición do 2013. Debe ser que coñecida á repulsión que inspiran os prebostes que a día de hoxe nos gobernan dende a triple estructura nacional-autonómico-provincial nas boas xentes, ao saber éstas que ningún deles asomaría os fuciños pola Mostra decidiron acudir en masa á mesma. Porque xa se sabe, acércaseche un destes amigos de Bárcenas e/ou de narcotraficantes convictos polo teu carón dache a volta, sacúdeche ben sacudido e déixache os bolsillos baleiros.
  • Torneo Mostra do Encaixe 2013

    Arsernio Iglesias entregou os trofeos do Torneo de Fútbol Mostra do Encaixe 2013

    Baixo unha forte chuvia celebrábase na tarde deste xoves 28 de marzo o que foi o Torneo Mostra do Encaixe 2013 que enfrontou a tres conxuntos pertencentes ao Concello de Camariñas. FC Camariñas, Porteño FC e SD Camelle disputaron os encontros respectivos que os enfrontaban entre sí saindo vencedor destos o FC Camariñas de Berto. Xa rematados os encontros as plantillas dos tres equipos desprazáronse ata as instalacións da Mostra do Encaixe onde se celebrou a entrega de trofeos na que actuou de mestre de ceremonias, xunto á concelleira Sandra Ínsua, unha lenda viva do fútbol español como Arsenio Iglesias. O mítico adestrador galego, referente do Deportivismo con maiúsculas e que chegou incluso a adestrar a todo un grande do fútbol mundia como o Real Madrid. Arsenio, que foi convidado a este evento a petición de Sandra Ínsua por outra lenda do fútbol que é Vicente Carril, non dubidou en desprazarse ata a súa querida Camariñas con parte da súa familia e asistir aos encontros que se desputaron neste torneo así como aos diferentes desfiles de moda que se celebraban na Mostra. Noraboa pola iniciativa.
  • Inauguración Mostra do Encaixe 2013

    Acto de inauguración da XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    Esta chuviosa tarde do mércores 27 de marzo foi inaugurada a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas. A esta celebración acudiron por parte da Xunta de Galicia a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a Vicepresidenta da Deputación da Coruña Mariel Padín acompañando ao Alcalde camariñán Pichurri. Ademáis deixáronse ver neste acto outras persoalidades coma Fran Caamaño ou a deputada Provincial e Alcaldesa de Cee Zaira Rodríguez así como tamén un amigo desta redacción e habitual da Mostra o Alcalde de Muxía Félix Porto. As representantes autonómica e provincial desculparon aos seus superiores (Núñez Feijoo e Diego Calvo) por non poder asistir a esta nova edición da Mostra do Encaixe por motivos de axenda ainda que tamén quixeron transmitir a súa mensaxe de apoio ao maior certame encaixeiro a nivel mundial.
  • Estructura da XXIII Mostra do Encaixe

    Impresionante perspectiva da pasarela pola que desfilarán as máis fermosas modelos

    O tantas veces repetido adaxio de facer da necesidade virtude. Nos tempos de carestía que corren, abandoada polas restantes administracións públicas, a Mostra do Encaixe debío destinar 90.000 euros a un evento no que non hai moito podían gastarse tranquilamente ata preto de 300.000 euros. Houbo que agudizar o inxenio e buscar alternativas cáseque imposibles. E normalmente elo levou a Mostra a concentrase no seu entorno máis cercano, no seo do propio Concello, acudindo a uns profesionais das diversas ramas que amosan ca súa elevada cualificación técnica, profesionalidade intachable e o innegable plus de amor pola terra como con menos, moito menos, pode facerse moito máis.
  • XXIII Mostra: O Ano do Cambio

    A Mostra encara unha edición con notables anos respecto ás precedentesPois aquí seguimos como sempre: na brecha informativa e ás portas dunha edición do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial que presenta importantísimas novidades respecto a edicións precedentes. Obrigada a reciclarse por mor do abandono lamentable de administracións de superior calado e distinta cor política, a Mostra do Encaxe de Camariñas adáptase aos novos tempos e cambia a súa fisonomía, tal vez para sempre. En primeiro lugar, co aspecto dos stands: unha renovación de importante calado, acometida por un empresa local, Carpintería Alberto, que se encargou de todo o proceso de elaboracón e montaxe dos distintos postos. Unha presentación dos mesmos que se garda en secreto á espera de sorprender aos visitantes no momento de inauguración da que será a vixesimo terceira edición da Mostra.
  • Cartel da XXIII Mostra do Encaixe

    Cartel XXIII Mostra do Encaixe, totalmente made in CamariñasAbandoada polas restantes administracións públicas, a Mostra do Encaixe profundiza en cada nova edición na autosuficiencia, nunha especie de autoxestión económica ca que optimizar recursos e disminuir gastos. Será a vía do futuro: a de facer máis con menos. Un camiño no que resultou pioneiro dende hai xa unhas cantas edicións o deseño do cartel da Mostra do Encaixe. Frente a nefandas tradicións anteriores nas que se pagaba a prezo de ouro carteis horrendos e lamentables polos que algún que outro sacamanteigas obeso e chorón hinchaba daquela os seus depauperados bolsillos, esta nova moda acabou por ser moito máis económica e, o que é mellor, moito máis agradable á vista e aos sentidos.
  • Encontros de Encaixeiras e Cursos na XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    A Mostra 2013 comeza a coller forma con moitas novidades interesantes

    Dende o Concello de Camariñas comuinícasenos que xa está aberto o prazo de inscripción para participar nas xuntanzas e nos cursos que se realizarán na XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Son éstas actividades que esta semana nos amosaron á redacción de Camarinas.eu dúas das novidades que se presentarán progresivamente mentras se vaia acercando unha das datas máis importantes no calendario económico e festivo do Concello de Camariñas.
  • Concurso Cartel Mostra do Encaixe 2013

    Comeza a quentar motores a que será a Mostra do Encaixe 2013

    O Concello de Camariñas convoca a I edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 27 ao 31 de marzo de 2013.O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc. A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.
  • Diego Calvo na Mostra de Buño

    As palilleiras de Camariñas contaron co seu propio stand na Mostra de BuñoA inauguración o pasado venres 3 de agosto de 2012 da 29ª Mostra da Olería de Buño contou ca participación dunha pequena representación do mellor encaixe do mundo en forma de stand das palilleiras de Camariñas. Pero tamén contou cunha importantísima presencia de xerarcas políticos da que a derradeira edición da Mostra do Encaixe careceu. Alí estiveron presentes Diego Calvo, Presidente da Deputación Provincial; María Nava, Directora Xeral de Comercio e Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar. Tendo en conta que na Mostra a maior presencia institucional fui a da Alcaldesa de Cee, non está mal o contraste. Elo tal vez se deba a que o encaixe de Camariñas non lle chega á altura das suelas á olería de Buño, xa que segundo María Nava "Buño es un referente a nivel nacional e internacional. En el expositor que se llevó a la última feria de Milán no quedó ni una sola figura sin venderse". Así pois segundo estas elevadas e supoñemos que sabias palabras o problema posiblemente se reduza a que aquí non somos referentes en nada e os nosos productos non hai quen nos queira.