• Os Berros do Silencio, reportaxe sobre unha obra de teatro camariñana

    Esta última edición da Mostra do Encaixe presentaba como unha das principais novidades e acertos respecto a edicións anteriores as denominadas "veladas culturais", compostas por concertos de música e representacións teatrais. Precisamente vamos a deternos nunha destas últimas, Os Berros do Silencio, obra protagonizada polo grupo teatral Dequenquén, escrita polo gran amigo de camarinas.eu Bernardino Martínez e que tivo un notable éxito de público e crítica cunha Isolina (Alicia Castro Baña) outra vez espectacular. Un público entre o que se atopaban as simpáticas modelos do Mostra Beauty 2008 que non puideron aguantar as bágoas.
  • Cristina García Eisman, gañadora do Mostra Beauty

    Co fin da XVIII Mostra do Encaixe, remata tamén o "Mostra Beauty", o concurso de beleza ideado por camarinas.eu para que os seus lectores elexiran a modelo máis fermosa ao seu xuizo dos distintos desfiles da maior feira mundial adicada ao encaixe de bolillos. A elección non era fácil, 12 auténticas belezas compartían pasarela este ano, entre elas dúas espectaculares rusas de tipo eslavo que fixeron as delicias de algún colaborador desta web. Pero a gañadora  final do mesmo resultou ser a viguesa de 27 anos Cristina García Eisman, a cal é toda unha veterana da nosa Mostra xa que éste era o oitavo ano que participaba na mesma. Ademáis da profesión de modelo, Cristina é toda unha empresaria, xa que é propietaria dunha empresa adicada a organización de eventos na cidade olívica. A gañadora do "Mostra Beauty" acadou un total de 176 votos, cunha ventaxa de 39 respecto á modelo que acabou en segundo lugar, a número 10, a cal conseguío 137. O terceiro e cuarto posto acabaron nas mans das dúas modelos rusas, que despois de ir por diante os dous primeiros días acabaron desfondándose ante as nosas belezas nacionais. O total de votos dos lectores nos tres días de concurso foi de 645.
  • O Chiquitrén, unha institución da Mostra do Encaixe de Camariñas

    O xa desaparecido Orient Express cubría a ruta entre París e a asiática Estambul a través dun viaxe literario polas veiras do Danubio; o Transiberiano dende 1.904 cruzando oito usos horarios, sete días de viaxe, conecta a sagrada Moscú con Vladivostok, no mar do Xapón; a Union Pacific a través de pradeiras pragadas de indios, búfalos e pioneiros fixo realidade a epopeia dos USA conectando a Costa Atlántica co Pacífico. Agora  á nómina destes trens de leyenda ven a sumarse dende hai uns anos o noso querido, defenestrado e menospreciado Chiquitren, o medio de locomoción que inagurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas, paliando desta forma o olvido secular no que as distintas Administracións centrais sumiron a esta desdichada Costa da  Morte.
  • Anuncio de TV da XVIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    Ao longo de toda esta semana pasada xa poidemos ver na TVG e nas desconexións rexionais das distintas televisións de ámbito nacional o que é o anuncio da XVIII Mostra do Encaixe, o cal nos foi remitido por un dos nosos máis queridos usuarios que o capturou él mesmo da televisión. Debemos recordar que este spot foi rodado pola productora coruñesa Lúa Films, que se puxo en contacto con camarinas.eu recabando voluntarios para saír no video, e así a nosa Camariñas Beauty máis cremosa, Maytiña, ten un papel clave que fai do video unha auténtica obra maestra por obra e gracia dunha das camariñanas máis fermosas.
  • A mostra do encaixe cada vez máis cerca

    Un día gratis na Mostra para todos os veciños do Concello de Camariñas

    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
    Xa só queda unha semana para que a Mostra do Encaixe comece a rodar outro ano máis, e xa van dezaoito edicións. Desta volta os cambios son ben notables sobre todo no que respecta aos responsables desta xa que o xaviñán Sergio Caamaño é o novo director da feira en substitución de A.J. Alonso Ballester e, como todos saberedes o Alcalde xa non é Bautista Santos se non Manuel V. Alonso.
    Ademáis o cambio de persoas ao frente do evento máis importante que se organiza no noso concello conleva, como non podía ser de outra maneira, unha forma diferente de organizar esta mostra. Así o advertimos nunha carta que empezará a circular por tódalas casas do Concello de Camariñas e na que se mostran por parte dos responsables da feira algunhas das novidades que marcarán esta edición ademáis de unha "Invitación especial para cada un dos máis de 6000 habitantes do concello".
  • A productora de Television Lua Films busca a figurantes para o anuncio da Mostra

    Nos xa sabíamos que unhas rapazas con tanto glamour, fermosura e intelixencia coma as nosas Camariñas Beauty ían a chegar lexos, pero o que non sabíamos era que isto ocurriría tan pronto. Recoñecendo a importante labor que esta humilde web está a realizar polas xentes de Camariñas, hoxe a productora Lúa Films púxose en contacto con camarinas.eu para anunciar que están a buscar figurantes de entre 25 e 40 anos para realizar un spot televisivo para a Mostra do Encaixe, pero sobre todo mostráronse especialmente interesados polas nosas catro Beautys. Pulsa na foto para ver a mensaxe que Lúa Films nos enviou e como poñerse en contacto ca mesma todos aqueles interesados en aparecer no spot televisivo.