Onte, domingo 4 de Abril, foi o final da segunda edición da Mostra de Encaixe Virtual de Camariñas cunhas cifras, ao igual que o ano pasado, espectaculares. Un total de 133.65o usuarios visualizaron as súas 56 publicacións nas diferentes plataformas deste evento dixital.
Na primeira edición da Mostra Virtual a cifra de persoas alcanzadas foi de 237.962 nun total de 175 vídeos publicados. Este ano, debido ao cambio de natureza do evento onde o protagonismo se centraba no comercio local e o certame de Jovene Deseñadores, optouse por reducir o número de publicacións e aumentando o alcance medio de cada unha delas, pasando de 1.359 persoas por post o ano pasado a 2.386 persoas neste.
As cifras en torno aos 12 standsparticipantes foi relativamente alta cun total de 61.018 as que os visitaron. Neles existiron ofertas especias durante estes días de Mostra Virtual para aquelas persoas que quixeron mercar produto local relacionado co encaixe. Os stands, ademais, facilitaban a compra con diversos métodos de pago e envío para todos os seus clientes.
Na última xornada realizouse o acto de clausura a mans da directora da Mostra, Dolores Lema, que agradeceu “inmensamente a todas as persoas que non se ven pero que fixeron posible que se levase a cabo este evento” e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, quen recordou “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada trixésima edición da Mostra do Encaixe”. O acto tamén tivo espazo para a música co grupo Jaque cunha versión propia da canción “Camariñas”.
O arranque da segunda xornada da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas non decepcionou a ninguén. Despois de que as gaitas de Vaiche Boa e o son das palilleiras amenizasen a apertura de portas, chegou a quenda para os desfiles do ‘Pequeencaixe’, as ‘Encaixeiras Sénior’ e o estilista internacional, Carlos Bardullas. Despois da súa estrea de onte, as 50 nenas e nenos das Escolas Municipais volveron á pasarela da Mostra para amosar o encaixe que crearon durante todo o curso e que aplicaron posteriormente aos vestidos cos que desfilaron.
A inauguración oficial correu a cargo da alcaldesa de Camariñas, o delegado do goberno en Galicia, o conselleiro de Economía e o presidente da Deputación da Coruña. Sandra Insua, na súa primeira Mostra como alcaldesa, destacou no seu discurso a importancia da muller na sociedade e na Mostra desde hai 29 anos.
O Concello de Camariñas vivirá desde mañá mércores 17 de abril ata o domingo 21 a XXIX Mostra do Encaixe. Cinco días nos que a tradición, a moda e unha chea de actividades complementarias inundarán as rúas do municipio. A apertura da Mostra terá lugar mañá, mércores 17, ás 15 horas, coa actuación do grupo de gaitas ‘Con todo en banda’ pero a inauguración oficial coas autoridades non será ata as 17 horas. Á inauguración oficial asistirán o Delegado do Goberno, Javier Losada; o Conselleiro de Economía, Francisco Conde; a subdelegada do goberno, Pilar López-Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a Directora de Comercio e Consumo, María Sol Vázquez Abeal; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o resto de membros da corporación, e outras autoridades locais de municipios limítrofes.
Páxina 1 de 5