• O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano

    O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano, logo de comezar hoxe as tarefas de serigrafía dun dos bancos do municipio. Neste pódese ler o ‘Camariñas, Camariñas’ da tan popular canción. Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria.