Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Mesón O Percebe
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Bodegón O Percebe, un novo local hostaleiro en Camariñas
A vila de Camariñas está a vivir neste comezo de primaveira un reflorecemento do seu tecido comercial con aperturas de novos establecementos que veñen, nalgúns casos, a cubrir espacios non ocupados nos seus respectivos sectores. Este é o caso da inminente apertura do Bodegón O Percebe, local especializado en bos viños e boas tapas que rexentan os nosos queridos amigos e veciños de Buría Eva e Pedro, ben coñecidos en terras helvéticas e que hai uns cantos meses decidiron deixar Suiza para voltar á súa terra e montar un negocio nun sector no cal teñen ampla e demostrada experiencia. Así se puxeron mans á obra e este venres 27 de marzo de 2015 inaugurarán por todo o alto o seu novo establecemento hostaleiro con un deseño e bo gusto espectacular ao que sumamos que este local está situado nunha das zonas máis bonitas de Camariñas como é o seu paseo marítimo. E será a partires das 20:00 horas cando poderemos degustar as riquísimas tapas e pinchos variados que teñen preparados Eva e Pedro para repartir gratuitamente entre os seus clientes regados con unha selección dos mellores viños dos cales os nosos amigos nos agasallarán con unha primeira copa. Pois dende a redacción de Camarinas.eu non nos queda máis que desexarlle toda a sorte do mundo a esta preciosa familia que decidíu apostar forte por labrarse un futuro na súa vila. Sorte e a traballar!
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Artículos aleatorios
Cena Cabalar no Pincho
Cangas 21 - 24 Conservas Boya
Procesión de San Roque 2013 en Xaviña
Viaxe ao conxunto rochoso de Penafreu
Sellado final do Vertedoiro da Xesteira