• Una espectacular Mostra do Encaixe de Camariñas mantiene fieles sus visitantes

    La Mostra do Encaixe de Camariñas mantiene fieles sus visitantes en una nueva edición y sigue la misma línea de los últimos años, convertida ya en una visita obligada en Semana Santa. El certamen se clausuró el domingo por la noche, con una gran afluencia de público durante los cinco días que dura este evento.
  • Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitan o IES Pedra da Águia

    O mércores 18 de xaneiro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos cinco anos.
  • Lembranzas dun tempo que xa pasou: A Matanza

    A cría de cochos para autoconsumo é unha tradición galega que funde as súas raíces na cultura castrexa e que, ao longo de milenios, foi unha actividade que condicionou moitas das nosas costumes, tradicións e gastronomía. Nalgúns lugares de Galicia aínda se mantén a costume de criar o “porquiño de San Antón” e que era habitual en case todo o territorio.
  • Un lanse de patelo e unha traxedia que non foi, por Marisol Soneira

    Xa vos teño contado que, cando meu pai andaba ao mar,  os barcos de Camariñas ían ao cerco remolcando unha embarcacións moi parecida as traíñas vascas. Esta “lancha”  uníase coa tarrafa por medio dun cabo longo que se amarraba a proa da primeira por unha punta e a  popa da segunda coa outra.  A traíña facía de boia cando se largaba, e de depósito das capturas logo de embarcar o peixe. A medida dun bo lanse era cando se enchía a traíña ate os toletes e había que embarcar peixe na tarrafa. Estas embarcacións tiñan a súa propia tripulación (case sempre composta por tres persoas) e os seus propios aparellos. Un dos que me fascinaba era a “bomba de chicar”,  de madeira e manual, coa que manter a embarcación libre de auga. Era un traballo duro porque, as veces, había que chicar durante horas.
  • AS ROZAS E AS CASETAS DE REIRA POR MARISOL SONEIRA

    Seguramente vos preguntaredes a razón da existencia de pequenas casetas de pedra en Reira e o seu contorno. Estas casetas, feitas con pedras do mesmo sitio onde se levantaron, servían de refuxio durante o verán para as xentes de Xaviña que mantiñan os seus rabaños de ovellas e cabras permanentemente no monte. Tamén o facían as xentes de Buría pero estes, xunto cos seus animais, volvían cada noite a súa residencia.  A existencia de rabaños de ovino e caprino estaba moi estendida entre os buriáns,  e incluso deixaron a súa pegada na toponimia desta parroquia, ou porqué pensades que aínda hoxe hai unha rúa a que se lle chama A Cabreira?
  • De cando as redes se tendían ao sol, por Marisol Soneira

    Se damos un paseo polo Muelle Novo atoparemos, nalgunha ocasión, quilómetros de redes tendidas para a súa reparación ou para a súa estiba a bordo ou nun camión. Esas redes están fabricadas con materiais sintéticos que case non precisan mantemento. Pero houbo un tempo en que as redes eran de materiais naturais, como a pita, que precisaban longas e duras labores de conservación e mantemento.
  • Aquelas tardes no Río da Rega... por Marisol Soneira

    Houbo un tempo en que a roupa lavábase a man en lavadeiros colectivos, como o que aínda hoxe existe no río da Area da Vila, ou en regatos de augas limpas onde se acondicionaban as súas beiras con laxes de granito onde as mulleres, dende a orixe do mundo, arrincaban a roña da roupa. Para esa actividade había utensilios específicos que hoxe xa teñen desaparecido das nosas vidas, como o “carro do río”, que era unha especie de caixón de madeira aberto pola parte de atrás onde arrodillarse para lavar a roupa con mais comodidade. A imaxe dunha muller cun balde de zinc cheo de roupa á cabeza e o carro do río ao costado suxeito cunha das mans, camiño do río ou de regreso del,  formou parte das nosas vidas ate non fai moitos anos. Esta actividade forma parte, incluso, do noso acervo cultural: “... as nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando”
  • AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE XA! por Marisol Soneira

    Este sábado un grupo de persoas imos a facer unha andaina dende Berdoias a Baio para reivindicar que a Xunta de Galicia remate dunha vez as obras da autovía da Costa da Morte. Parece un contrasentido que reivindiquemos andando unha vía de comunicación para vehículos, pero a realidade é a que é.
  • O vello Cunchareiro, por Marisol Soneira

    E probable que si hoxe lle preguntas a un camariñan, de menos de trinta anos, onde queda a praia do Cunchareiro non teña nin a mais remota idea. Esta ignorancia ten sentido porque xa non existe pero durante xeracións de rapaces de Buría foi a “súa” praia e onde case todos aprendemos a nadar.
  • Camariñas, unha potencia mineira, por Marisol Soneira

    Un dos minerais máis demandados na década dos corenta foi o wolframio pola súa utilización na fabricación de munición e máquinas de guerra. As historias e lendas sobre o “mineral” eran un dos rituais con que nos entretiña meu avó Andrés nas noites de verán cando os netos acudíamos a compartir a comida da celebración de Santa Mariña.
  • Unha de revivar, por Marisol Soneira

    Houbo un tempo en que, chegado o mes de xaneiro, andaban tódolos buriáns inquedos e nerviosos mirando o calendario obsesivamente. A razón era ver en que día caían as grandes mareas do inverno. Como seguramente sabedes sempre hai dúas mareas no ano que acostuman a ser excepcionais: unha no inverno e outra no verán. As de inverno eran especialmente agardadas porque, se cadraba cun tempo de xeadas, deixaba aterecidos entre os bolos que a marea deixaba ao descuberto a milleiros de pequenos peixes, crustáceos e toda sorte de delicias que o mar cría.
  • Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

    Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca.
  • NON TODO É O QUE PARECE...2 por Marisol Soneira

    Esta historia non ma contaron, pasoume a mín. Eu, de cativa, tíñalle moita envexa aos nenos dos “pescos” (os rapaces da vila, fillos de mariñeiros) porque cando saían da escola non tiñan mais que facer que adicarse a xogar. Nos, os rapaces de Buría, sempre tiñamos tarefas reservadas: axudar nas faenas do campo, ir por area a Lingunde para poñer nas táboas do sobrado, levar ou traer os animais a pacer, e unha infinita ringleira de traballos que, coa mentalidade de hoxe, acusarían aos nosos pais de explotación infantil.
  • O DRAMA DA EMIGRACIÓN, por Marisol Soneira

    A miña avoa Aurora, A Panadeira, era miúda de estatura pero cun carácter e unha determinación dignas dun xigante. Ese carácter e determinación fixo que tomase unha tranca contra a garda civil e o crego da parroquia cando usurparon os seus montes e sometéronos á repoboación forzosa, ala polo apoxeo da ditadura franquista. Ese comportamento valeulle o alcume de “a roxa” e non poucos desgustos nunha época onde discrepar e reivindicar dereitos non eran ben recibidos polo Ditador nin polos aduladores servís que tiña en cada curruncho da vida cotián de cada pobo ou vila. Camariñas non era unha excepción.
  • O Areal, non todo é o que parece por Marisol Soneira

    Dentro da nova etapa que Camarinas.eu botaba a andar esta mesma semana, unha das promesas realizadas aos nosos lectores era a das colaboracións fixas que darían maior renome e empaque á web de tódolos camariñáns. Unha vocación de servicio público na que as diferentes opinións, opcións e puntos de vista dos camariñáns deberían estar presentes. Entre elas, e nun acto que non cabe senón calificar como unha deferencia que nos honra e que nos fai sentir especialmente orgullosos, está a colaboración periódica que a partires de hoxe inaugura a Vicepresidenta do Parlamento Autonómico de Galicia: Marisol Soneira, que dentro da súa apretada axenda fará un oco para deleitar cada pouco aos seus veciños cun artigo que indague na historia, na identidade común, nas raíces da súa terra, a Camariñas da súa alma que leva representando tan dignamente durante toda a súa vida. Para escomenzar un artigo adicado a un rincón tan emblemático da Vila das Palilleiras como "O Areal". A nova estapa de Camarinas.eu comenza con forza.
  • Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

    Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e  compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa da Morte como zona cero.
  • Entrevista a Marisol Soneira, unha camariñana presidindo o Parlamento de Galicia

    En datas recentes a traxectoria política de Marisol Soneira chegaba ao seu punto máis alto. Se ben era algo que xa se viña dando con certa regularidade dun tempo a esta parte: a de presidir o mesmísimo Parlamento de Galicia. Unha situación que marca o cume máis elevado ao que chegou un veciño de Camariñas dentro da carreira política durante os derradeiros cincuenta anos polo baixo e da que Camarinas.eu, o gran medio de comunicación do noso concello, non podía deixar de facerse eco. Alí sempre que un persoeiro da nosa terra, neste caso das fértiles alturas de Buría, destaque no seu eido profesional e contribúa a difundir a base dun traballo serio e unha recoñecida competencia o nome de Camariñas polo mundo adiante, constitúe unha satisfacción e unha obriga publicar unha noticia que recolla o novo éxito dun camariñán neste competitiva e despiadada sociedade dos nosos días. E se elo é cunha entrevista a toda unha Presidenta do Parlamento Autonómico Galego, pois que vos imos a contar.
  • Eleccions europeas 2009 en Camariñas - Mitin do PSOE na Casa de Pedra

    ¡¡Ay, Europa, queridos usuarios!! Europa queda moi lonxe. Llanuras insondables, altas montañas e  seguramente algún pantano perdido que haberá por ahí sepárannos dos mullidos e confortables sillóns da sede da Eurocámara en Estrasburgo. Porque con motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo os tambores electorales volveron a redoblar, pero neste caso a un ritmo cadencioso e atemperado, prácticamente inaudible para o oído humano. Nada que ver co retumbe atronador que estourou tantos tímpanos durante as últimas e estruendosas eleccións municipais de 2007.
  • Entrevista a Marisol Soneira Tajes, Deputada no Parlamento de Galicia

    Tras un longo período de tempo volve Claves, a sección de camarinas.eu para a análise obxectiva e independente da realidade sociopolítica do Concello de Camariñas e por extensión da Costa da Morte. A elexida para refundar unha sección que fixo historia cas súas catro primeiras edicións é nin máis nin menos que Marisol Soneira Tajes, a camariñana de Buría que chegou ao Parlamento de Galicia como deputada polo PSdeG-PSOE e que nunhas interesantísimas declaracións trata de explicar a derrota do bipartito nas eleccións do 1 de marzo, arremete duramente contra Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, e pasa revista a actualidade política do noso Concello.
  • Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinas

    Se a semana pasada o Club Náutico de Camariñas celebraba unha cena homenaxe en honor ás paxinas webs de Camariñas, por certo, noticia que non foi cuberta por ningún medio de comunicación escrito, radiofónico ou cibernético a excepción obviamente das dúas webs citadas, nesta ocasión a cena homenaxe si que estaba ben cuberta e é que a ocasión non era para menos: o C.N.C. homenaxeaba á deputada autonómica Marisol Soneira, amiga e usuaria de camarinas.eu, e ao avogado muxián Manuel Martín, Presidente do Club Náutico da Vila da Barca.