• S.O.S para o marisqueo na ría de Camariñas

    A ría de Camariñas sempre foi considerada un prodixio de produtividade. Sendo unha das máis pequenas das rías galegas ás súas condicións naturais permitiron vivir dela a centos de familias que, sobre todo no inverno, atoparon neste espacio privilexiado unha fonte de ingresos a resgardo dos temporais da invernía da Costa da Morte.
  • Últimas xornadas do Turismo Mariñeiro de Camariñas

    Os profesionais do mar de Camariñas que participaron as últimas semanas nas Xornadas de Turismo Mariñeiro serán os guías dunha ruta polo municipio que se realizará mañá xoves 28 de agosto.
  • Visitas guiadas por mariscadoras para os turistas que visiten Camariñas

    Decididos a por en marcha os valores turísticos de Camariñas, dende o Concello e dentro do proxecto do GAC, para o desenvolvemento da zona costeira do Ariño,veñen de idear unha atractiva proposta ca que achegar os paraísos naturais así como a realidade socioeconómica aos cada vez máis numerosos visitantes que se achegan pola terra das palilleiras. Chámase este innovador proxecto "Rutas guiadas por Mariscadoras", que fomentará as visitas guiadas polos nosos bancos marisqueiros baixo o superior maxisterio de calqueira das mulleres que se afanan día tras día apañando un marisco areeiro dunha calidade excepcional. Así, na mañán deste mércores 30 de xullo de 2014 podíase ver no Areal de O Ariño a nova Presidenta da Cofradía Maior de Camariñas, Dolores Bermúdez, máis coñecida como Lola do Marisqueo por ser durante anos a presidenta deste colectivo, explicándolles a un grupo de turistas a forma de traballar das mariscadores así como a diferencia entre as distintas especies e variedades das mesmas. Un peculiar traballo no que se estreaba a nosa amiga Lola, á que dende aquí felicitamos polo seu novo cargo, no que terá que afrontar un importante desafío dado o gran legado deixado polo seu antecesor José Manuel Gerpe "Choniño" ao que desexamos o máis feliz dos retiros despois do exemplar traballo realizado. Os interesados en inscribirse nestas rutas guiadas deberán apuntarse no Punto de información Turística de Camariñas, chamando aos teléfonos 981 737 204/004 ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • Mañán de Marisqueo na Area da Vila

    Na mañán deste frío e desagradable luns 18 de novembro de 2013 entraba en serio funcionamento un dos motores económicos do Concello: un disperso continxente de mariscadores afánabase entre as fértiles areas da Vila de Camariñas. Trataban de revertir a sorte do que non deixaba de ser un mal ano, un exercicio que vía alá pola primavera como unhas chuvias masivas provocaban unha mortantade inxente de ameixa e berberecho no litoral xaviñán. Unha escaseza de marisco a sumar á falta de capturas que caracterizou o ano da flota do cerco. Agora, a cofradía opta por deixar descansar os seus dous bancos habituais, Ariño e Vasa, cunha explotación refrenada ao mínimo indispensable e experimenta colleita no criadeiro de Area da Vila. Alí diseminados puntos negros no horizonte dun xélido albor tentaban aportar o seu grao de area na heroica labor de levantar unha fráxil economía de tempos de guerra. A que ven constituida pola peor das pragas á que pode verse sometida un concello como Camariñas: o dun ano escaso tanto en capturas como en marisqueo. Tratando de revertir esa aciaga sorte un continxente de mariscadoras se afanaba unha xélida e desapacible mañán de finais do tétrico Ano do Noso Señor de 2013.
  • Area da Vila: Recoleccion de berberecho e ameixa

    Dende a estrada que conecta á Vila de Camariñas cun mundo proceloso e descoñecido parecían un pequeno exército de formigas en movemento, pero xa chegados a pe de praia podíase constatar que se trataba de esforzados mariscadores pertencentes á Cofradía de Camariñas que, nun continxente maiormente femenino, levaban a cabo na praia de Area da Vila as indispensables labouras de recolección de ameixa e berberecho para o seu posterior traslado cara ao areal xaviñán de A Vasa, onde tras o seu correspondente engorde final, estes sabrosos moluscos bivalvos estarán listos nun tempo non moi lonxano para a súa captura definitiva. Un exército de rastrillos, barreños, botas de goma, luvas de látex, cubos e traxes de neopreno afanábase tenaz nas primeiras horas da tarde baixo un ceo plomizo. O caso é que a pesares dalgunha que outra visita ocasional fóra do horario establecido, este célebre areal camariñán segue a ser un viveiro inagotable para a cría de moluscos, chegando incluso a abraiarse as propias mariscadoras da Cofradía da riqueza e fertilidade dun criadeiro natural que parece non agotarse nunca. Camarinas.eu consciente da importancia socioeconómica do sector do marisqueo a pe para un Concello volcado nas artes do mar estivo presente en Area da Vila e captou unha amplia galería fotográfica.
  • Noticias do Mar: Marisqueo en Area da Vila

    Estába a redacción de recente creación de camarinas.eu a dar unha ronda na mañá deste 17 de agosto de 2007 polo Paseo Marítimo que discorre a carón da Praia de Area da Vila cando puidemos obsevar  como unha auténtica muchedumbre apelotonábase no citado areal camariñán para coller puñados de suculento e preciado marisco.