• Don Mario Pasantes Carril, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    O que está a acontecer estes derradeiros anos en Camariñas pode tomarse como unha praga maldita. Estamos a falar das defuncións continuas que día tras día se producen en todo o territorio municipal. Habería que coller papel e lápiz e tomarse un momento para revisar as estadísticas porque nos entendemos que esto xa non é normal. Antonte en Camariñas, onte na Ponte do Porto e hoxe outra vez a traxedia volvía a zarandear a vila das Palilleiras cando na tarde deste venres primeiro de marzo de 2019 esta redacción recibía a triste noticia da morte do querido veciño de Camariñas Don Mario Pasantes Carril aos seus 66 anos de idade. O corpo sen vida de Don Mario está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:45 da tarde deste sábado 2 de marzo de 2019. Xa no sagrado santuario camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Mario para, acto seguido realizarse o seu sepelio no cemiterio municipal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Camariñas terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Mario Pasantes Carril. Descanse en Paz.