• Manolo García Santos, Descanse en Paz

    Hai pouco máis de cinco anos Camarinas.eu publicaba unha nota (Busqueda de Manuel Garcia Santos)enviada pola nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema, residente na Arxentina, na que se nos pedía axuda para encontrar a unha persoa que había moitos anos perdera o contacto. Foi publicar Camarinas.eu esa nota e ás poucas semanas resolveuse o problema e atopamos (Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)), coa axuda de varios usuarios porteños ao home ao cal andabamos na procura. Esa persoa resultou ser Manolo García Santos, máis coñecido na Ponte do Porto polo seu primeiro apelido o cal regresaría a Bos Aires dez meses despois para reencontrarse ca súa amiga porteña despois de cáseque corenta anos sen saber nada un do outro (Reencontro entrañable na Arxentina). Catro anos máis tarde producíase na nosa redacción outro entrañable reencontro de María del Carmen Rodríguez con Manolo García esta vez en Camariñas e xunto a Diego Alonso como un dos artífices desta entrañable historia. E así puxemos punto e aparte a unha bonita historia que quedou rexistrada para sempre na nosa memoria e, sobretodo, rexistrada para sempre na hemeroteca de Camarinas.eu (Reencontro entrañable en Camarinas.eu). Un día cheo de emocións e recordos que a dirección desta humilde web pudo desfrutar cos seus dous protagonistas agora en terras camariñanas.
  • Reencontro entrañable en Camarinas.eu

    Na mañán deste sábado 22 de xuño de 2013 recibíamos unha visita moi especial na nosa redacción. Tratábase de dous amigos que despois de 38 anos de fatal separación gracias a Camarinas.eu volveron a encauzar os seus pasos. Una historia entrañable e con final feliz que daba os seus primeiros pasos un 30 de setembro de 2009, cando dende Buenos Aires unha fiel usuaria, María del Carmen Rodríguez Lema, poñíase en contacto con nos en búsqueda de axuda para atopar a un amigo da súa infancia na Arxentina, misteriosamente desaparecido a principios dos anos 70. Non tardaron en chegar as boas noticias acerca do paradeiro do amigo ausente, o porteño Manuel García Santos, e así un 15 de novembro de 2009, 45 días despois da anguriante chamada de auxilio, Camarinas.eu localizaba no seu barrio do Outeiro a Manuel e publicaba a súa fotografía nunha noticia na que se poñía a Maricarmen ao corrente da situación na que se atopaba o seu gran amigo.
  • Reencontro entrañable na Arxentina

    Todo comenzou ca publicación en camarinas.eu un 30 de setembro de 2009 dunha anguriante petición de axuda por parte da nosa usuaria doblemente porteña (Buenos Aires & Ponte do Porto) María del Carmen Rodríguez Lema: había xa cáseque corenta anos, principios da década de 1970, que un gran amigo da familia, antigo capataz da fábrica onde traballaban os tíos e o irmán de Mari Carmen, desaparecera sin deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas non deran resultado. Tan só 45 días despois camarinas.eu publicaba a imaxe dun radiante Manuel García Santos, xubilado e residente na casa de toda a vida no seu barrio da Ponte do Porto e disposto a recuperar a amistade truncada un malhadado día cáseque catro décadas atrás. Unha vez recobrado o fío vector entre estes dous grandes porteños tan só quedaba desprazarse un deles, ben á terra dos seus antepasados (Mary Carmen) ou ben ao país austral onde tan fortes amistades cuaxou e onde tan gran recordo deixou (Manolo). Finalmente, este foi o caso e Mari Carmen, fiel á web da súa terra nai, fainos chegar as imaxes e a historia do feliz reencontro entre dous vellos e grandes amigos. Un reencontro trinta e oito anos despois.
  • Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)

    Hai pouco máis de un mes, concretamente o día 30 de setembro, camarinas.eu facíase eco da petición da nosa usuaria arxentina María del Carmen Rodríguez Lema e iniciaba a búsqueda frenética de Manuel García Santos, un porteño que trinta anos atrás exercera de capataz nunha fábrica do gran Buenos Aires e que un día desaparecío aparentemente sen deixar rastro... Ata que se cruzou no seu camiño camarinas.eu. Inmediatamente o mesmo día da publicación da noticia apareceron usuarios da web que deron razón dun ex-camioneiro, antigo emigrante en Arxentina e Suiza e que viviría no barrio do Outeiro, na Ponte do Porto, xusto a carón da Pizzería A Xunqueira. Desprazada a unidade móbil ata o lugar atopamos en carne e oso a un Manolo García Santos que actualmente con 65 anos cumpridos disfruta da súa xubilación no seu querido barrio de toda a vida e que recorda con agarimo e cariño a Mª del Carmen e a toda a súa familia dende aqueles vellos e preciosos días bonaerenses xa idos. Facilitounos encantado o seu actual enderezo para retomar aquela grande amistade interrumpida entre dous porteños, unidos ante todo pola súa querida ponte milenaria e a vila dos seus antepasados.
  • Busqueda de Manuel Garcia Santos

    Manuel García Santos. O capataz e amigo durante tantos anos nunha fábrica do gran Buenos Aires da década dos 60 e que un día hai cáseque 30 anos desapareceu para non deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas que non consiguen dar ca pista certa do vello amigo e veciño da añorada e lonxana Ponte do Porto nunha das cidades máis grandes do planeta. A alma arxentina de camarinas.eu volve a dar mostras dun amor e morriña infinitos pola súa terra nai ca historia da búsqueda a través dos anos do vello amigo desaparecido por parte da familia da nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema e ca que espera que alguén poida arroxar algo de luz acerca do destino dun home que hai máis de 25 anos desapareceu de forma inexplicable.