Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Marcos e Yolanda
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Dende Suiza ata Camariñas en bicicleta para celebrar 15 anos de amor
Imos relatar a derradeira iniciativa para percorrer o Camiño de Santiago de un modo orixinal e distinto. Marcos Tajes Bermúdez e Yolanda Marcote Ínsua. Él de Camariñas, ela de Arteixo. Marcos marchou para Suiza no 1983 e Yolanda nacío alí pero fala un perfecto galego. Os seus pais xa eran emigrantes. Yolanda foi a que propuxo facer esta viaxe medio en broma a Marcos pero cando asegurou que era para celebrar os 15 anos que levaban xuntos de inmediato o camariñán aceptou percorrer os máis de 2000 km que separan Suiza da Costa da Morte. Fixeron a viaxe seguindo unha ruta que vai dende Suiza ata o Santuario do Apóstol en varias semanas. Unha vez chegados a Santiago dirixíronse ata Fisterra e de ahí, para finalizar o camiño, seguiron ata Camariñas onde por fin remataron a súa viaxe. Os maiores atrancos que atoparon na súa viaxe foron inconvintes coma chuvia, moito cansancio, algún que outro pinchazo e varias caídas sin consecuencias graves. Conta Marcos que o tramo máis duro foi o derradero deles: dende Fisterra ata Camariñas, con un vento do nordeste que lles daba xusto de frente e ca sensación de que xa estaba na casa pero non daba chegado ao seu destino... En total a viaxe completárona os nosos intrépidos ciclistas en un total de 33 días nos cales percorreron unha distancia de 2.203 kilómetros. Está previsto que nuns uns días abrirán un blog para mostrar todas as fotos e experiencias vividas nesta viaxe e que anunciaremos tamén aquí en Camarinas.eu. Noraboa por eses 15 anos de amor amigos!
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Vodas de Ouro: Pepita A Xaneira e Manolo do Peron
El Ayuntamiento de Camariñas presenta en Gijón la XXVII Edición de su Mostra do Encaixe
Bolsas de aluguer para estudantes camariñáns
Festa do Carmen de Camariñas do 1987
O Concello de Camariñas conmemmora os 15 anos da morte de Man, o Alemán de Camelle