• O Concello de Camariñas e a Asociación Lumarea únense para crear o Festival Solsticio de Verán

    O Concello de Camariñas leva tres anos organizando o solsticio de verán cada 21 de xuño. Realízase no Monte Farelo onde se levanta a capela da Virxe do Monte. É un lugar máxico onde seguramente os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses pagáns e hoxe ao Deus cristián e a súa Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non cren na existencia da divinidade, xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos de xeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiño dourado sobre as augas do Atlántico que, como dicía Castelao en Alba de Groria, tece aos pes do monte “encaixe de Camariñas”.
  • Os heredeiros da Crus no 10º aniversario da Lumarea da Vila de Camariñas

    Non damos avasto con tanta festa en todo o concello de Camariñas!! A xa tradicional Lumarea da Vila organizada pola asociación homonima cumpre este ano o seu décimo cumpreanos, e para celebralo tanto a asociación como o concello organizan unha espectacular festa o día 22 de xuño no que se celebrará un espectacular concerto que terá como cabeza de cartel nin máis nin menos que aos Heredeiros da Crus. Grupo de rock ribeirense co cal tiveron ocasión de compartir cartel algúns que outros redactores desta web na festa da Fervenza de Mazaricos alá polos míticos anos noventa.
  • A Lumarea da Vila xa está a punto de estoupar

    Un verdadeiro torpedo nuclear estase preparando lentamente na Area da Vila para celebrar o San Xoán 2017. Toneladas e máis toneladas de material pirotécnico están a punto de descorchar en forma de Castelo do Soberano nunha lumarea que este ano fixo sudar aos responsables da Asociación Lumarea da Vila. Campaña and company superáronse outro ano máis, e están en condicións de deixar para a historia unha Lumarea da Vila máis propia de competir nas fallas valencianas que no San Xoán galego. O caso é que os rapaces da asociación armaron en menos de dúas semanas unha réplica casi exacta do que foi o Castelo do Soberano. Un traballo xenial de todos e cada un dos rapaces e rapazas da asociación dirixida polo concelleiro José Manuel Canosa Campaña que, como un máis dos seus pupilos, traballou a reo para que tal efeméride camariñana fose posible. Despois do explosión prevista para o incendio do Castelo celebrarase a festa e o despiporre típicos desta noite coa actuación estelar da Orquestra Light Show e rematará a festa o camariñán DJ Xiba coa súa exitosa e sorprendente Impacto Disco Móbil. Recoñecer tamén a axuda económica do Concello de Camariñas e das empresas e negocios da vila das palilleiras para que esta festa se convertira xa nun clásico do San Xoán da Costa da Morte. Outro ano máis colaborou tamén fotógrafo de bodas Diego Alonso que maquetou gratuitamente o cartel realizado por tres pequenos artistas camariñáns.E xa non hai volta atrás, porque este venres 23 de xuño, véspera de San Xoán a eso das 12 da noite, nesa noite meiga que dende hai milenios xoga aos dados coa mentalidade humana, prenderase lume a toda esta avalancha incendiaria que todos os veciños podemos contemplar na Area da vila. E alí estará Camarinas.eu, deus mediante, ahora que volve á carga informativa a pasos axigantados, para contárvolo en primeira persoa.

  • Cartel da Lumarea 2015 de Camariñas, a máis grande de toda Galicia

    Ahí o 23 de xuño vai arder Area da Vila polos catro costados. Anúnciase o prendemento da maior fogueira de toda Galicia. Nin máis nin menos, os camariñáns somos así: cando se nos mete algo nos miolos sacámolo adiante sen maiores problemas. ¿Qué a maior lumarea de toda a comunidade autónoma? Pois toma lume. Os responsables do novo récord do Libro Guiness serán os membros da Asociación Lumarea da Vila, que comandados polo flamante concelleiro socialista por Buría, José Manuel Canosa Campaña, veñen de confeccionar un ano máis un acabado e completo programa festivo para a data en cuestión que ademáis de incluir hinchables, unha exhibición da Escola Municipal de Baile, unha opípara e suculenta sardiñada e a mellor música verbenera, conta como guinda do pastel ca que será a maior torre calorífica de toda Galicia. Empezou na súa orixe a cousa pouco a pouco e ahí en tempo récord xa andamos batimos marcas. Si un o pensa ben, tal vez todo veña de unir en vez de separar: ahí onde había trinta fogueiras que nin para acender un pitillo servían, agora contamos cun volcán. Na unión está a forza, si xa o decían os vellos...
  • Resumo da Lumarea da Vila 2014 en Camariñas

    Quedará no tinteiro da redacción de Camarinas.eu a publicación da galería fotográfica da que foi un ano máis a lumarea de San Xoán máis concurrida deste recuncho atlántico. Pero só quedou ahí, no tinteiro, que non no olvido, e agora procedemos á súa publicación. Unha edición a deste ano, na que a Asociación Lumarea da Vila logrou posiblemente o éxito máis espectacular da súa xa de por si exitosa traxectoria. Con case toda a vila alí no célebre areal camariñán cando estaba a piques de prender a pira incendiaria, con máis visitantes foráneos que nunca, agora só cabe darlle as gracias a este ente asociativo da Vila das Palilleiras que só traballa para o lecer dos seus conveciños. E que mellor maneira de facelo que deixando constancia ante a posteridade do que alí aconteceu un 23 de xuño de 2014.
  • Borja Oanes Suárez gaña o concurso do cartel da Lumarea 2014

    Finalmente o esixente xurado da Asociación Lumarea da Vila fixo público nas primeiras horas da noite do mércores 4 de xuño o nome do gañador do seu concurso para o cartel que promocionará os fogos de San Xoán de 2014. E este resultou ser Borja Oanes Suárez, o cal cun imaxinativo dibuxo con predominancia de cores verde e negra gañouñe a partida aos restantes 9 elexidos que cas súas produccións pictóricas chegaron á recta final. Cómpre salientar que foron os votos dos simpatizantes do facebook de Lumarea da Vila os encargados de elexir o cartel promocional. Polo tanto, non pode haber mellor preparación da xigantesca pira incendiaria que en breves comenzará a tomar forma na explanada de Area da Vila, aquela que será promocionada polo precioso cartel confeccionado por un rapaciño camariñán. ¡Borja, Felicidades!
  • Concurso infantíl para escoller o cartel da Lumarea da Vila 2014

    Na recta final da preparación da Lumarea de San Xoán deste exercicio 2014, a comisión organizadora tivo unha feliz idea. A Asociación Lumarea da Vila ven de poñer en marcha entre os máis pequenos un concurso para elexir o cartel oficial que propmocionará a máis xigantesca pira incendiaria da Costa da Morte. A elo chegouse previa conversación co profesorado do CEIP O Areal para que entre o alumnado se elaborase unha proposta de cartel que dou lugar a unha preselección dos dez mellores, de entre os cales sairá o que finalmente resulte vencedor. A novidade ven determinada porque a elección farana os usuarios de facebook que dende este xoves 30 de maio xa poden votar a proposta que lles resulte máis agraciada. Para o gañador ademáis da gloria que supón ver unha creación súa promocionando a lumarea de San Xoán 2014 haberá un cheque regalo para gastar en libros nunha tenda da vila. Unha boa iniciativa, da que resultarán xustos xuices os usuarios camariñáns de facebook, e que non cabe se non enmarcar no paulatino proceso de engrandecemento do noso San Xoán acometido duns anos a esta parte por esa asociación exemplar chamada Lumarea da Vila.
  • Grandísimo éxito da Lumarea 2013

    Centenares de persoas de toda a Costa da Morte asistiron a esta edición da Lumarea 2013

    ¡Cantos corpos desfeitos este luns 24 de xuño! ¡Cantas cabezas desarticuladas nun mar de efluvios alcoholeriles! E os culpables de todo, os principais responsables desta marexada de resaca que se extendía como unha néboa por toda Camariñas: os membros da Asociación Lumarea da Vila, quenes foron quen de organizar dende a media tarde do domingo 23 de xuño o maior evento festeiro fóra dunha Festa do Carme que lembren os séculos.  Agora dou en sospeitarse seriamente que algo debían andar temendo os servicios secretos da Xunta de Galicia e por elo, na única decisión medianamente sabia que se recorde nuns pais da patria autonómicos en vintatantos anos de andaina descentralizadora, decidiron nomear día festivo o tan sufrido e xa mencionado, auténtico pozo de dor para tantos corpos e miolos camariñáns, luns 24 de xuño. O peor de todo é que si a todos estes semicadáveres festeiros da tarde-noite dominguera lles permitisen retrotraerse no tempo e evitar todas as molestias resacosas do monday morning faríano exactamente igual. Ou peor. Con semellante festa que tiñan montada na Area da Vila sinxelamente non se podía evitar.
  • Todo listo para a LumArea 2013

    Todo listo para a Lumarea máis importante do San Xoán da Costa da Morte

    A lumarea máis importante do San Xoán na Costa da Morte comeza xa a quentar motores e estes días xa tivemos ocasión de contemplar aos atareados membros da organización no carrexo de material combustible cara a zona da Area da Vila. Alí, na praia que fai de entrada á vila das palilleiras, xa se pode observar a magnitude incremental da gran lumarea que se acenderá a eso das 12 da noite máis máxica do ano. Ainda que o mal tempo parece non dar tregua neste mes de xuño os partes meteorolóxicos para esta fin de semana non poden ser máis optimistas e espérase un cambio radical na climatoloxía coa chegada (por fin) do bo tempo e das altas temperaturas propias destas datas. Así, según nos contan da asociación organizadora do evento, espérase gran afluencia de público provinte doutras latitudes da Costa da Morte hacia a Area da Vila en parte propiciada pola contratación da gran orquestra Combo Dominicano, unha das grandes no panorama orquesteril galaico que conta con numerosísimos seguidores ao longo destas terras. Dende Camarinas.eu queremos felicitar aos membros da organización da gran LumArea 2013 e eso, alí estará Camarinas.eu tamén pero desta vez en corpo presente para facer a reportaxe da máis importante celebración do San Xoán da Costa da Morte.
  • Cartel de Lumarea da Vila 2013

    Lumarea da Vila, unha asociación para o disfrute dos camariñáns

    ¿Dispersar a capacidade artillería nun vasto campo de operacións ou ben concentrar toda a potencia de fogo nun só foco de impacto? Esto é, ¿múltiples e variadas lumareas ao longo de cada un dos distintos barrios dunha poboación ou ben unha soa xigantesca que aglutine a todo un pobo nun único epicentro volcánico? Esta derradeira parece ser a opción elexida pola Vila de Camariñas para que a través dunha encomienda á súa principal asociación incendiaria, Lumarea da Vila, se leve a cabo cada 23 de xuño a súa multitudinaria festividade de San Xoán. Unha pira de tais proporcións que posiblemente sexa a única de todos os contornos en ser albiscada dende os satélites da estratosfera exterior.
  • Bailongos frenéticos na Lumarea da Vila

    Parafrasendo aqueles diálogos sen desperdicio entre Clint Eastwood e Eli Wallach en "El Bueno, el feo y el malo" poderíase decir que na Camariñas dos nosos días o mundo dívidese en dúas categorías. Unha primeira, estaría representada por aqueles cidadáns, membros dunha sociedade libre, que de forma desinteresada e altruista, a base de moito esforzo, gañas e ilusión, ben de forma individual ben creando asociacións diversas buscan o ben público, engrandecer a vila que os vío nacer.  A outra, conformada por representantes do peor do mundillo político e da cuadrilla chiquitero-borracheril de palmeros que os acompaña, que con idéntica determinación, ansia e entusiasmo adícanse a emplear o seu moi abundante tempo libre en arruinar algunha desas mesmas asociacións, a destruir o pouco que hai. E non poido haber mellor exemplo do que ámbolos dous mundos, opostos, antitéticos, teñen que ofrecer no actual estado de cousas que os feitos acaecidos na multitudinaria, grandiosa, lumarea de San Juan do Ano do Noso Señor de 2012 celebrada en Area da Vila este 23 de xuño.
  • Conta atrás Lumarea da Vila 2012

    A Orquesta Galilea, a nova fichaxe para amenizar unha noite únicaPois aquí andamos en Camarinas.eu, na nosa liña clásica, botando unha man ás boas xentes de Camariñas na medida das nosas humildes e moi limitadas posibilidades e arreando estopa aos indesexables. Porque se alguén merece unha a nosa colaboración son os membros da Asociación Lumarea da Vila, os cales nun xiro xenial acaban de confirmar a presencia na noite de San Xoán dunha das mellores orquestas do circuito musical galego:  Galilea. Xa tiñan confeccionado un programa completo con inchables para os meniños, sardiñas, viño e cachelos para todo o mundo, unha discoteca móvil e a pira incendiaria de maior envergadura de toda a Costa da Morte ao que agora suman a presenza dunha das grandes orquestas galegas. Todo elo comenzará a partir das 20:00 horas do sábado 23 de xuño. Quedan xusto 48 horas para o San Xoán mellor programado e confeccionado, o máis completo e festivo, de toda a nosa franxa atlántica. Comenza a conta atrás.
  • Cartel Lumarea da Vila 2012

    O sábado 23 de xuño de 2012 Camariñas vai botar literalmente fume

    Nunha nova exclusiva, no que constitúe outra colaboración de Camarinas.eu na organización dun evento socio cultural dentro do Concello de Camariñas, xa estamos en condición de adiantar o novo cartel da noite de San Xoan de 2012. Esta terá luga nunha data sinalada, o sábado 23 de xuño, no que se espera sexa un ano máis a máis grande fogueira de toda a Costa da Morte. Para elo, a Asociación Lumarea da Vila diseñou un programa á altura do evento, con xogos e inchables dende as 18:00 horas, con viño e sardiñas gratis para os miles de visitantes que se espera se den un bordeo ata Area da Vila, e ca actuación estelar de todo o arsenal sonoro da espectacular Disco Factory Móvil, acompañada de múltiples gogo´s que farán as delicias d@s máis bailado@s . Un pouco antes, cando sexan as 00:00 horas, Camariñas empezará a botar literalmente lume nun evento convertido nun clásico do calendario tradicional galego por mor do traballo infatigable e exemplar da Asociación Lumarea da Vila, desinteresado, como as colaboracións da web por excelencia do noso concello, aquela que representa a alma sociocultural, festiva e popular do mesmo. San Xoán 2012, a noite na que cara ceo estrelado elevarase aquela lingua de lume que se poderá ver dende os catro costados da Costa da Morte.
  • Final da Liga Lumarea da Vila

    Campaña entrega o trofeo de Campeón de Liga a Alberto, capitán do Panadería de LeónRematou a II liga da Asociacion Lumarea con un sorpresivo aínda que merecido campión coma o equipo de Panaderia de Leon. Presentabase no pasado sabado os catro mellores equipos da liga regular, Frio Industrial Dario, Asociacion lumArea, Hamburgueseria London e o Panaderia de León. Na primeira semifinal enfrontábanse o primeiro clasificado da liga Frio Dario contra os de Panaderia de León que se clasificara in extremis na derradeira xornada de liga. O partido transcurrío igualado ata a segunda metade onde o maior número de efectivos desequilibrou a balanza a favor do equipo de Panaderia de León que se proclamou xustamente finalista. Destacar o impresionante partido realizado polo meta Alvaro "Moro" que parou todo o que lle lanzaron, que non foi pouco.
  • San Xoán 2011 - Lumarea da Vila

    Centos de Camariñáns desfrutaron doutra edición da Lumarea da Vila

    Novo éxito de público e crítica da Asociación Lumarea da Vila: O xóves víspera do día de San Xoán e noite máxica por excelencia das antigas terras galaicas celebrouse outra edición máis da espectacular Lumarea da Vila que desta volta asombrou aos centos de persoas de toda a costa atlántica que alí se congregaron cun acendido grandioso a base de fogos de artificio que poucas ou ningunha vez se vío polas cachelas que se organizan ao longo da Costa da Morte. Antes, a eso das 5 da tarde os rapaces camariñáns puderon desfrutar dos xogos hinchables que se ubicaron no remozado céspede da Area da Vila. Cerca das 8 da tarde comezábanse a repartir as sardiñas que foron asadas na praia por decenas de voluntarios que quixeron colaborar coa Asociación que preside noso querido amigo e usuario José Manuel Canosa Campaña. E foi sobre as 10 da noite cando os integrantes do grupo laxense "O Tren da Unha" comezaba a tocar as primeiras notas do seu amplo e divertido repertorio.
  • Todo listo para a Lumarea 2011

    A lumarea da vila xa presenta este espectacular aspectoPois xa está a aproximarse cada vez máis o verán festeiro da Costa da Morte e, como non podía ser menos en Camariñas darase o pistoletazo de saída a toda esta explosión orquesteril. E faino co xa clásico acendido da espectacular Lumarea da Vila que organiza a os compañeiros e amigos da redacción de Camarinas.eu coma José Manuel Canosa Campaña que desta volta superararán con creces todas as existosas edicións realizadas anteriormente. E decímolo porque se o ano pasado xa houbera varias actuación musicais de certo renome, este ano poderemos desfrutar na Area da Vila co grupo revelacion na Costa da Morte: os laxenses O TREN DA UNHA que presentarán en directo e en primicia aquí en Camariñas o seu segundo disco. Tamén teremos a oportunidade de ver en escena ao grupo revelacion da nomeada Axencia de Espectaculos Lito que nos traerá nin máis nin menos que ao GRUPO SAMBA.
  • Cuartos de Final da Liga Lumarea da Vila

    Crónica dunha intensa xornada de cuartos de final

    Este próximo fin de semana disputaranse as esperadas semifinais e final da Liga Lumarea da Vila
    Este próximo fin de semana disputaranse as esperadas semifinais e final da Liga Lumarea da Vila

    De conformidade co acontecido ao longo dun torneo que resultou todo un éxito de público e de organización, os cuartos de final da liga de fútbol sala Lumarea da Vila resultaron especialmente intensos e emocionantes, tendo que decidirse algúns dos encontros dende o punto fatídico da tanda de penalties.  Catro partidos que estiveron cheos de tensión e de sorpresas e nos que algúns dos principais aspirantes ao título resultaron eliminados. Camarinas.eu, único medio presente no Pavillón Municipal ao longo dun torneo que resultou histórico, trae ás páxinas da web que fixo da Costa da Morte un dos principais escenarios informativos de Galicia, a crónica do acontecido nos cuartos de final. Agora xa só queda as semifinais e a final. Este próximo sábado 11 de xullo.

  • Liga de futbol sala Lumarea da Vila

    Chegan os partidos decisivos da Liga de Fútbol-sala

    Este sábado 4 de xullo decidiranse os catro equipos semifinalistas da Liga Lumarea da Vila
    Este sábado 4 de xullo decidiranse os catro equipos semifinalistas da Liga Lumarea da Vila

    Despois das sete xornadas previas, chega o momento decisivo. Aquel no que os oito equipos supervivintes dunha primeira fase marcada polo claro dominio do Bodegón A Moleda no grupo A e do Panadería Pichín no Grupo B xogaranse o pase a semifinales en catro cruciais partidos a cara de can no que os conxuntos poñerán toda a súa artillería en xogo. Este sábado 4 de xullo dende as 16:00 no Pavillón Polideportivo Municipal o espectáculo máis grande do deporte estará en xogo. Catro partidos nos que non se pode fallar. Pulsa na imaxe para ver os resultados da séptima xornada, as táboas clasificatorias finais e os cruces de cuartos de final.

  • Lumarea na Area da Vila 2009

    A Asociación Lumarea da Vila forxou un programa de actividades impresionante para este San Juan 2009
    A Asociación Lumarea da Vila forxou un programa de actividades impresionante para este San Juan 2009

    A multitudinaria celebración de orixes precristianos que marca o inicio do solsticio de verán no Hemisferio Norte xa está aquí. A activa Asociación Lumarea da Vila ven de remitirnos o cartel anunciador da festa que este martes 23 de xuño convertirá a Praia de Area da Vila no maior espectaculo incendiario da Costa da Morte. Símbolo de purificación, de queima do antigo, de renovación espiritual e celebración que marca o inicio do verán camariñán, camarinas.eu non podía deixar pasar por alto estas datas e así acercouse na calorífica tarde deste mércores 17 de xuño ata o areal de entrada á Vila das Palilleiras para ver a lumarea que se avecina e que complementará o programa máis completo que nunca se vío nun San Juan en Camariñas.

  • Liga de futbol sala Lumarea da Vila

    Cuarta xornada na Liga de fútbol sala de Camariñas

    Recordando ao añorado Carlos Alonso Santillana, o Rocco practica un remate de cabeza imposible
    Recordando ao añorado Carlos Alonso Santillana, o Rocco practica un remate de cabeza imposible

    Esta cuarta xornada de liga no campeonato de futbol sala de Camariñas deparou aos que puderon asistir aos encontros disputados varios grandes partidos nos que se decidían xa algúns dos serios aspirantes a levarse o título. Tal foi o caso do partido que enfrontaba aos dous primeiros clasificados do grupo A: Bodegón "A Moleda" vs Cervecería "As Vegas", primeiro e segundo clasificado deste grupo e no cal resultou gañador o equipo do Punky por 4 goles a 0. O Moleda colle unha certa vantaxe respecto ao seu inmediato perseguidor. A redacción deportiva de camarinas.eu tan só puido asistir ao partido que enfrontaba ao equipo do noso amigo Soto do Arnela contra o equipo anfitrión do torneo, o conxunto da Asociación Lumarea da Vila e do cal poderedes ver unha completa galería fotográfica dentro desta noticia ademáis de todas as clasificacións e resultados desta 4ª xornada de liga.