• 1ª Edición da Andaina Solidaria de Camariñas NordesFitness

    Este festivo 6 de decembro de 2017 celebrarase a primeira edición da Andaina Solidaria que organiza a empresa camariñana de saúde e tempo libre NordesFitness. Cóntanos o noso amigo Luis Rodríguez Luaces, xerente en xefe da devandita empresa que parte da recaudación do evento irá destinada á delegación da Asociación Española Contra o Cancro de Camariñas. Entre os patrocinadores da primeira edición deste evento solidario encontramos a colaboración desinteresada de, entre outros, a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas. Sandra Ínsua, a concelleira delegada da mostra, explícounos que sempre está entre as funcións da mostra a de colaborar na medida do posible cos eventos deportivos e sociales, sobretodo os solidarios, que se organizan dentro do ámbito territorial do Concello de Camariñas. Algo que, por outra parte, ven sendo habiltual dende os derradeiros anos e que enaltece moito máis a función da Mostra do Encaixe.
  • Festas do Carme 2009: Nestes duros momentos, todos ca Comisión de Festas

    Tensa espera. Un pobo en vilo debido a decisións inexplicables. Nunca as Festas do Carme correron tanto perigo. Unha Comisión de Festas desolada. Amagos de dimisión entre algúns do seus membros provocadas polas decisións dos máis altos gerifaltes.  En Laxe, Muxía, non houbo problemas para a ocupación dos seus respectivos paseos marítimos. En Camariñas parece que sí, ¿por que? Nestes momentos duros e difíciles, nos que a incertidume se abate sobre todo un pobo ilusionado cas máis grandes festas da Costa da Morte, camarinas.eu, a única páxina web libre, independente, xamáis vinculada a partido político algun ou grupo de interés, quere recalcar o seu compromiso co xoven grupo de camariñáns que compoñe a mellor e máis ilusionante comisión de festas en moitos anos.
  • Cumpreanos camarinas.eu: Luis Rodriguez Luaces

    Decía unha canción de Ilegales dos seus bos tempos "20 años de lucha solitaria son suficientes para reventar". Non vinte, senón trinta anos de lucha solitaria leva a redacción de camarinas.eu ao carón de Luis Rodríguez Luaces, Kecho. Toda unha vida xuntos dende que alá entre finais da década dos setenta e comenzos dos anos oitenta, un grupo de rapaciños camariñáns que tiñan a agora tan esquencida Praza Maior como fío vector se xuntaban dando lugar ao que o tempo convirtiría na mítica e desprestixiada "Vieja Guardia". 
  • Cicloturismo Camarinas.eu: Areal de Trece en Camariñas

    Aquí en camarinas.eu decidimos adiantar uns días a entrada da primavera e así aproveitando o excepcional día de San Xosé do ano do noso Señor de 2009 da man dun dos maiores expertos en cicloturismo e rutas a pe e en bicicleta do Concello de Camariñas, o noso redactor e amigo Luis Rodríguez Luaces, acercámonos ata o posiblemente paraxe máis fermoso do municipio: o conxunto de praias que conforman o Areal do Trece e o lexendario Monte Branco que o abriga. Neste paraíso virxen, salvaxe  e incomunicado, prácticamente sen presencia de ser humano algún, a redacción de camarinas.eu volvío a sentir a comunión ca natureza no seu grado máximo.
  • Luis Rodriguez Luaces, redactor de deportes de camarinas.eu

    En camarinas.eu seguimos a presentar os redactores que fan posible que en só trinta días, pulverizando tódolos records, con máis de seiscentos ordenadores conectados día tras día, a nosa web se convertirá na principal do Concello de Camariñas. É vontade desta redacción que cada semana desfile pola sección "Claves deportivas" un dos principais persoeiros do mundo deportivo camariñán. Despois de que na semana pasada entrevistáramos ao entrenador do Camariñas F.C. Antonio Méndez Bermúdez, o mítico ex-xogador Tono do Atlántico, esta semana tócalle o turno o que será o redactor-xefe da sección de deportes: o tamén ex-xogador do Camariñas F.C. e Porteño Luis Rodríguez Luaces, o cal desgranará na presente entrevista as claves que impulsarán a liña editorial da sección de deportes de camarinas.eu.