• Alquílase piso a estrear en Camariñas

    Existen poucos medios como Camarinas.eu, a web de todos os Camariñáns, a cal chegua tan rápido e tan lexos con un anuncio ou noticia que supoñe todo un luxo para un concello aillado nunha esquina de Galicia. E para demostralo poñemos o último exemplo que corrabora ben ás claras o que estamos a dicir: No caso da posta en venta da casa da nosa amiga Mari Carmen Linares "A Malagueña" foi publicar esa noticia nesta web coas fotos interiores do inmoble e en poucos días a casa xa estaba vendida. Esto sole pasar cando un medio de comunicación como o noso se caracteriza polo rigor, o traballo de promoción e a optimización dunha web que supera as fronteiras da Costa da Morte.
  • A Marina, un restaurante de Camariñas na prestixiosa Guía Repsol

    Importantísimo distintivo o acadado polo Restaurante La Marina, que fala ben ás claras dunha manera profesional e eficiente de facer as cousas. O local rexentado por Oscar Freire e Lola Barreiro ven en datas recentes de ser distinguido co ingreso na prestixiosa e elitista Sociedade Gastronómica de La Chaine des Rotisseurs. Ésta, con sede na cidade de París, cuna innegable e orixinaria da excelencia culinaria que acabou por extenderse por todo o planeta, recoñece deste xeito ao que se está a convertir por dereito propio nun dos referentes gastronómicos da Costa da Morte. A este importantísimo e prestixioso galardón debe sumarse o que o precedera en datas pretéritas: o do ingreso na Guía Repsol, para o cal foi igualmente seleccionado un templo do bo comer que a base de traballo, sacrificio, bo producto e atención profesionalizada está a a escalar postos a pasos axigantados no esixente mundo da hostelería. Todo elo o podía comprobar a redacción de Camarinas.eu recentemente ca presentación da nova carta do Restaurante La Marina, acto ao que asemesmo asistiron o Alcalde camariñán Pichurri, numerosos veciños e unha nutrida representación da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte.