• As praias de Area da vila e Lingunde pronto estarán unidas por un paseo marítimo

    O proxecto para a construción dunha senda peonil entre Area da Vila e a praia de Lingunde está a piques de ser unha realidade. Onte, martes 12 de marzo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba o anuncio de exposición pública do proxecto, un dos pasos previos e necesarios antes de que comecen as obras.

  • Costas confirma o proxecto da senda peonil entre as praias de Area da Vila e Lingunde

    O proxecto para a construción dunha senda peonil entre Area da Vila e a praia de Lingunde está a piques de ser unha realidade. Así llo confirmou onte o Xefe da Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e ao segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, nunha reunión mantida na Coruña. Eimil confirmoulles aos representantes do goberno local de Camariñas que esta actuación, que servirá para continuar o paseo marítimo e unir a pé estes dous areais que actualmente están separados por un saínte, será licitada nos próximos meses.