• Limpeza e acicalamento total da Praia de Arou

    Parece que finalmente todo ven a dar o seu, nunca chovío que non escampara, e a praia de Arou lucirá un aspecto impecable para o verán que se aveciña. Certamente saltaran todas as alarmas e cundira certo pánico cando por mor dos temporais sucesivos que asolaron a costa galega este pasado curso invernal o areal arouán acabou convertido nun pedregal. A area leváraa o mar e un océano de pandullos inundaba o seu extenso firme. En estas, a natureza é sabia e pouco a pouco empezou a devolver o que non era seu e entón, para completar o cadro, fíxose necesaria a intervención do ser humano. Este transmutouse por uns días en ente administrativo, Costas do Estado, e a través de empresa contratada ao efecto comenzou a retirar as pedras da praia de Arou. Debío haber certo malentendido porque nun principio só retirou as do Paseo Marítimo e non as do areal, suceso que fixo necesaria unha reunión co xigante burocrático da que saío o compromiso deste de limpar tamén de bolos a praia. E así no día de hoxe podía contemplarse aos operarios procedendo a devolver ao virxinal estado unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. O verán parece salvado.