• O Concello de Camariñas organiza o Día das Letras Galegas 2018

    O Concello de Camariñas ten previsto unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 que neste ano homenaxea á escritora María Victoria Moreno Márquez. Así neste día tan emblemático para as letras da nosa terra, o Concello de Camariñas organiza para o 17 de maio, ás 12:00h, un acto no que vanse a premiar os traballos literarios realizados por alumnos de infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do concello nas categorías de prosa e poesía. O acto estará amenizado polos Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán e a maleta máxica, montaxe de escea que mestura o clown e a pantomina coa maxia e a manipulación de títeres, algo, por outra parte, cáseque idéntico á derradeira e lamentable asamblea que esta estrafalaria directiva do Club Náutico de Camariñas tivo a ben evacuar. Pero centrándonos no puramente literario, e deixando de lado personaxes absurdas e lamentables fracasados del tres al cuarto, cabe destacar tamén que ademais destes actos previstos pola sección de cultura do Concello de Camariñas ao mando da cal se atopa noso querido amigo Sergio Caamaño, do 14 ao 16 de maio está previsto que a biblioteca municipal de Camariñas ofreza unha selección de libros para a ser liberados e incorporados a túa colección particular. Unha orixinal e novidosa iniciativa que fará as delicias dos nosos nenos. Non volo podedes perder rapaces.
  • O Concello de Camariñas celebra o día das Letras Galegas 2017

    O 17 de maio o Concello de Camariñas organiza unha gala para a entrega de premios do certame literario Letras Galegas. Será ás 12 do mediodía na Casa de Pedra e alí desvelarase en rigoroso directo os gañadores do certame. Nenos e nenas dos centros educativos do municipio levan desde marzo traballando en obras en prosa ou en verso e de temática libre. Agora é o momento de coñecer as mellores obras e premialas.
  • Premios Día das Letras Galegas 2013

    A Concelleira Sandra Insua Rial xunto ás futuras promesas da literatura galega

    O pasado venres 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas e, como sempre, houbo opinións para todo. Por algúns foros de internet (facebook, para que imos a enganarnos) algúns laiábanse amargamente de que na prensa nacional adicábase moito máis tempo e espacio ao partido que a partir das 21:30 horas desa mesma noite ía enfrontar na Final da Copa do Rei aos dous clubes da capital de España que ao día das Letras Galegas. Deixando aparte o feito de que faise moi difícil imaxinar a 13 millóns de españoles arredor dun televisor para seguir de forma entusiasta as evolucións pola tarima oficial dun encorbatado Conselleiro de Cultura ou dun traxeado Presidente da Xunta no acto protocolario correspondente, o certo é que todo leva ao estado ruinoso, amoral e incompetente raiano no delictual do xornalismo patrio.
  • Certame Literario Día das Letras Galegas no IES Pedra da Águia

    Estes días pasados con motivo do Día das Letras Galegas os alumnos do IES PEdra da Águia non pararon de facer actos na biblioteca do seu instituto. Desta volta a propia biblio, o Dep. de Galego e o de Dinamización veñen de entregar os premios do Certame Literario do Día das Letras Galegas. Para comenzar houbo un recitado de poesía a cargo dos alumnos de 1º. Antía, Carlota, Lara e Laura, de 1ºA leron "Letanía de Galicia" de Uxío Novoneyra. Sara e Laura, de 1ºB, leron "Os ratos" de Celso Emilio Ferreiro. Logo os diferentes autores premiados leron as súas creacións: os poemas gañadores, de María Canosa e Raquel Lema, ou algún anaco do texto narrativo premiado, de Rui Santalla e Carlota Campaña. Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes do acto.
  • Dia das Letras Galegas 2010

    Os rapaces actores de Camelle e Mikel, protagonistas do Día das Letras Galegas do 2010
    Os rapaces actores de Camelle e Mikel, protagonistas do Día das Letras Galegas do 2010

    A Camarinas.eu si lle mandan unha invitación para cubrir un acto, ahí mesmo se envía un batallón informativo ipso-facto ao evento en cuestión. Así, a Agrupación Socialista de Camariñas tivo a deferencia de invitarnos a cubrir un  acto novedoso e imaxinativo nestas terras, o dun maratón de lectura de literatura en galego no Día Grande das nosas letras, atopando xusto no momento en que entrábamos baixo as portas da Casa do Pobo socialista a un auténtico home do mar, o noso querido usuario Mikel, en plena acción lectora. Entonando versos de Uxío Novoneyra, supoñemos: máis Guerreiro Poeta que nunca. Pero non se agotaron aquí os actos programados no espléndido e veraniego luns 17 de maio de 2010: non moi lonxe da que foi a antiga sede do histórico Bar London, na Casa de Pedra, ademáis de levarse a cabo a entrega dos premios do Certame Literario Intercentros, os rapaces da Escola de Teatro de Camelle representaron anacos das comedias "A consulta do doctor Melquíades", "Os charlatáns" e "As aventuras de Peluquillas Langarillas". Con notable éxito de público e crítica.

  • Dia das Letras Galegas 2009 Camariñas

    Os rapaces da Escola Municipal de Baile tamén participaron no Día das Letras Galegas 2009
    Os rapaces da Escola Municipal de Baile tamén participaron no Día das Letras Galegas 2009

    Letras Galegas na Praza do Concello

     

    Cunha ceremonia sobria e austera celebrouse no mediodía do domingo 17 de maio o Día das Letras Galegas. Porque non están os tempos para andar tirando cos cartos. Así camarinas.eu asistío na Plaza do Concello á entrega de premios do certame literario Intercentros, amenizada polo peculiar Antón Coucheiro, membro da Compañía Pistacastro. Había programadas outras actividades ao longo do día pero a ruleta informativa da web líder da Costa Atlántica elexío este acto por ser posiblemente o máis conexionado co intelectual homenaxeado neste ano 2009: Ramón Piñeiro ao premiar textos literarios dos nosos cativos. ¿Quen sabe si un futuro Camilo José Cela ou un Valle-Inclán se atopaba entre os rapaces camariñáns premiados este domingo? Alí, no día das letras en galego estaba presente Camarinas.eu para captar unha galería fotográfica destas posibles glorias literarias futuras da man dos nosos redactores Diego Alonso e Mónica Pasantes.
  • Dia das Letras Galegas en Camelle

    "Camelle Fashion Day"

    Grandes e pequenos desfilaron no Día das Letas Galegas en Camelle ante un cheo impresionante de público
    Grandes e pequenos desfilaron no Día das Letas Galegas en Camelle ante un cheo impresionante de público

    Tendo como campo de operacións loxísticas o Concello de Camariñas e por extensión a Costa da Morte, a comitiva xornalística de camarinas.eu non podía por menos que presentarse hoxe en Camelle para asistir in situ aos actos que a Comisión de Festas tiña preparados no Día das Letras Galegas, para así conmemorar tan importante data no calendario festivo de Galicia e de paso recaudar unha pequena cantidade ca que axudar a organizar todas aquelas festas que están por vir na vila máis norteña do Concello e das que camarinas.eu dará puntual cobertura informativa. Un programa no que tiñan cabida pandereteiras e cantareiras, a festa da caramuxa ou un desfile de modas, o "Camelle Fashion Day" a base da roupa suministrada por Modas Guillermina de Camelle. Alí estivo camarinas.eu para captar unha impresionante galería fotográfica sobre como organizar un perfecto desfile de modas.

  • Dia das letras Galegas en Camariñas

    Actos organizados pola Concellalía de Deportes e Cultura o día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

  • Letras Galegas en Camelle

    A Comisión de Festas de Camelle acercouse ata a redacción de camarinas.eu para publicitar esta gran iniciativa
    A Comisión de Festas de Camelle acercouse ata a redacción de camarinas.eu para publicitar esta gran iniciativa

    Festa da Caramuxa e "Camelle Fashion Day"

    Este domingo 17 de maio, celébrase en Camelle Día das Letras Galegas moi especial. A Comisión de Festas patroneada pola nosa querida usuaria Perla organizará uns actos especiais na Casa da Cultura da vila máis norteña do Concello. O programa de actividades é realmente espectacular e inclúe dende o desfile de modas "Camelle Fashion Day" ata actuacións de cantareiras e pandereteiras de Camelle rematando como punto estrela ca Gran Festa da Caramuxa, algo nunca visto anteriormente nin en Camelle nin en ningunha parte do globo. A entrada ao recinto será polo módico precio de 2 euros, cos que a Comisión pretende financiar as Festas de Camelle. Como toda iniciativa altruista e desinteresada que redunda no beneficio xeral do Concello dende camarinas.eu apoiamos con entusiasmo esta idea dos nosos amigos camelláns e da que estaredes puntualmente informados a través das fotografías da nosa reporteira norteña Perla.

  • Camariñas Dia das Letras Galegas 2008

    Todo aquel que o desexe o 17 de maio poderá lembrar a Man mediante un aforismo
    Todo aquel que o desexe o 17 de maio poderá lembrar a Man mediante un aforismo

    Un aforismo para Man

    Este 17 de maio co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Camariñas pon en marcha unha curiosa e singular iniciativa para lembrar e honrar a base de [[aforismos]] ao artista máis significativo da historia da nosa querida vila de Camelle: Manfred Gnadinger, o alemán de Camelle. Se queres sabes en que consiste esta orixinal iniciativa pulsa na foto principal e le a nota enviada dende a biblioteca do concello.