• A Xornada de Juanillo 03-02-2013

    O Camelle logrou unha importantísima victoria fronte ao Cerqueda. Foto - sdcamelle.blogspot.com.es/

    Fin de semana deportivo no que que a maior parte dos resultados foron positivos para os nosos equipos e no que destaca a primeira derrota da tempada do Porteño, que deixa un record impresionante. Fui tras 21 xornadas de liga cando lle tocou hincar a rodilla ao conxunto maxistralmente dirixido por Gerpe. Por outra banda, toda a base de traballo ben feito, profesionalidade e rigor deixadas atrás polo ex míster camariñán Pepucho servío para que o conxunto da Vila das Palilleiras volvera á senda da victoria e acadara un importante e solvente triunfo ante o Flavia. Pero sobre todo non pode deixar de sorprender a impresionante campaña que está a desenrolar o club que ten por amo da súa banda esquerda ao mellor futbolista que dou nunca a Costa da Morte: nova victoria do Ordes de Juanillo que o sitúa no extrarradio dos postos de promoción e con opcións de soñar con maiores xestas que as de conservar a categoría. ¿Sumará a carreira de Juan Manuel Cabrejo Pasantes unha fase de ascenso máis que engadir a unha carreira profesional envidiable e intachable?
  • A Xornada de Juanillo 27-01-2013

    Tres grandes do FÚTBOL CAMARIÑÁN: Nando, Pepucho e Juanillo que sae en defensa do traballo realizado por Pepucho no FC Camariñas

    Nova xornada marcada pola decisión tomada pola directiva do Camariñas C.F. con Luis Rodríguez a súa cabeza, de destituir a Pepucho como adestrador do equipo. Decisión para miña opinión equivocada e da que falaremos na crónica do partido e que fai que teña que abandoar a dirección técnica do club camariñán o que que despois de anos e anos de reiterados fracasos foi quen de devolver o equipo da súa alma á Primeira Rexional. Polo demáis, os resultados dos nosos equipos non foron moi favorables xa que houbo máis derrotas que victorias. Destacou un partido, o correspondente a liga de Terceira Rexional onde o derbi que enfrontaba ao Camelle e ao Xaviña decantouse de lado camellán.
  • A Xornada de Juanillo 20-01-2013

    Felipe Santos marca tres goles nun gran partido contra o Lira

    Nunha xornada marcada por unha oleada de suspensións e aprazamentos por toda a costa atlántica galega, no que un temporal, agora chamado cicloxénesis explosiva, co nome asiático de "Gong", deixounos ventos e chuvias que provocaron algún que outro problema pero no que finalmente agás o partido do Camelle que se suspendeu, os demais encontros dos nosos conxuntos puideron xogarse, fui cando voltou a normalidade aos deportes do xigante cibernético da Costa da Morte. E fíxoo a través da crónica semanal redactada polo mellor futbolista en toda a historia do Concello de Camariñas, un Mago de Corea que sempre fui quen de verter o talento inagotable que atesoraba como futbolista ás labouras xornalísticas na web da súa terra da alma.
  • A Xornada de Juanillo 13-01-2013

    En breve o mellor futbolista da historia da Costa da Morte voltará ca súa crónica semanal

    Semanas estas últimas de trafegos constantes para o redactor xefe dos deportes de Camarinas.eu que truxeron como consecuencia inevitable unha pequena paralización na crónica deportiva máis completa, documentada e leída da Costa da Morte. Con todo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, non quería deixar aos seus numerosos lectores sin estar ao tanto da actualidade deportiva do concello e así, impoñéndose á adversidade, remite a esta redacción unha mini crónica ca que non perder comba da evolución competitiva dos nosos clubs.
  • A Xornada de Juanillo 16-12-2012

    Juanillo marca outro gol antolóxico que o eleva ata o olimpo dos xogadores da Costa da Morte

    Fin de semana na que o Balonmán Camariñas proclamouse campión da liga regular acadando unha nova victoria a domicilio e rematando unha primeira fase sobresainte, na que nos ilusionou a tod@s de cara a esta próxima "loita" por intentar o ascenso. Salientar que comezou a liga de balonmán dos máis pequechos, benxamíns e alevíns mixtos, dirixidos por Kin, e con Jatano e Campaña como responsables da categoría, que deleitaron ao público presente no Pavillón do Areal. O Camariñas perde dous puntos no minuto 98, mentras que o Porteño no mesmo minuto consigue tres. O Camelle non falla, mentres que o Xaviña rompeu unha racha positiva que levaba coa derrota sufrida.
  • A Xornada de Juanillo 09-12-2012

    Imaxe do encontro entre o FC Camariñas vs Agrupación Estudiantil de Santiago de Compostela

    Xornada que no futbolístico viña marcada por esa homenaxe tan merecida que o Camariñas C.F. lle ofreceu ao gran LUIS O COTIÑO e polo derbi xogado no Rodeiro entre o Camelle e o Porteño, no que se vivíu un ambiente dos de antaño, un ambiente futbolístico típico dos anos 70-80, no que non collía un alfiler no recinto Camellán. Homenaxe na que por mor das miñas ineludibles obrigas laborais na tarde do domingo non puiden estar físicamente presente, nembargantes o meu ánimo e a miña alma estaban alí xunto ao meu querido primo Luis. Polo que respecta ao balonmán, máis do mesmo, un CB Camariñas que sigue ao seu e desfíxose do seu rival cómodamente.
  • A Xornada de Juanillo 02-12-2012

    Imaxe do FC Camariñas que este domingo desputará no seu campo un encontro moi especial

    Outra xornada na que o Balonmán Camariñas foi novamente unha apisonadora e aplastou ao seu rival e xa está pensando en esa fase de ascenso que cada vez está máis preta. O FC Camariñas cae derrotado na Pobra do Caramiñal mentras que o Porteño segue a ritmo de record, non quere ser menos que o Barsa e tras 13 xornadas acumula 12 victorias e un empate. O Camelle segue ao seu ritmo e non quere perder a estela do club da ponte milenaria e voltou a gañar a domicilio. Teremos derbi en Camelle, derbi por todo o alto no que o líder Porteño xoga no campo do conxunto revelación, o Camelle. Todo nunha xornada marcada pola tráxica noticia do falecemento dun dos mellores xogadores da historia da costa, Luis o Cotiño, un gran amigo ao que botaremos en falta.
  • A Xornada de Juanillo 18-11-2012

    O Camelle, a gran revelación do fútbol da costa - Foto: Blog do SD Camelle

    Fin de semana con resultados diversos que contentaron a uns e a outros non tanto como ven sendo costume. O Camariñas voltou a perder, algún quixera que esta derrota tivera consecuencias pero non é así, o Camariñas vai sair reforzado desta derrota xa que xogadores e adestrador están no mesmo barco, e saben que teñen que remar na mesma dirección para lograr un obxetivo que non teño ningunha dúbida que van a conseguir. Os buitres terán que esperar para que as suas ideas se leven a cabo. Porteño e Camelle seguen intratables. Os de Gerpe son líderes con autoridade e van camiño de bater records. Pola contra, o Camelle de Pupus non quer perder a estela do líder e son a sorpresa do campeonato.
  • A Xornada de Juanillo 04-11-2012

    Continua a espectacular rolda de xogo e  resultados do Xaviña FCFoi a xornada que comenzaba o mes de novembro bastante boa en termos en canto a resultados dos distintos equipos do noso Concello se refire. No fútbol tan só perderon os xuvenís do Camariñas mentras que no balonmán algo similar, houbo unha única derrota do cadro xuvenil camariñán. Polo que respecta á Terceira División galega, aquela onde o lateral esquerdo está reservado ao que pasará aos anales como o mellor futbolista da historia da Costa da Morte, o Ordes de Juanillo segue a dar pasos firmes para consolidarse como un equipo de zona tranquila, a resguardo dos sobresaltos que proporciona o vértigo de verse inmiscuido na loita descarnada pola pura supervivencia futbolística. Todo elo no mellor e máis completo repaso que existe a día de hoxe nesta remota Franza Atlántica: A Xornada de Juanillo.
  • A xornada de Juanillo 14-10-2012

    O Xaviña volve á senda do triunfo

    Xornada maxistral a desta ponte do Pilar para os nosos conxuntos onde houbo numerosísimas victorias e o que foi mellor, moitas delas aplastando aos rivais, demostrando que os conxuntos do noso Concello van a dar moito de que falar ao longo desta tempada. Queremos esta semán ademáis, enviarlle un cordial saúdo a outro gran amigo, nós sempre lle chamamos "Choiño" de Arou que está en Suiza i é un gran seguidor dos conxuntos do nosos Concello.
  • A Xornada de Juanillo 07-10-2012

    O Camelle está firmando un inicio de campaña realmente espectacularFin de semana este primeiro do mes de outubro de 2012 no que os resultados non acompañaron en demasía aos conxuntos do noso Concello agás o Balonmán Camariñas de Primeira Autonómica, Porteño e Camelle en categoría senior, os cales conseguiron gañar os seus encontros. A actuación dos árbitros perxidicou claramente ao Camariñas e Ordes, onde as decisións que tomaron os trencillas deixaron moito que desexar e condicionaron claramente os resultados dos nosos.
  • A Xornada de Juanillo 30-09-2012

    Foto oficial do FC Camariñas 2012-13

    Xornada onde os equipos do noso Concello obtiveron resultados de todo tipo nos distintos deportes. O Camariñas perdeu e así remata a gran racha que levaba; Porteño e Camelle seguen imparables e gañaron os seus partidos a domicilio; o Xaviña perdeu ante o Baiñas mentres que o Balonmán Camariñas acadaba unha aplastante victoria na categoría masculina e un empate na sección femenina. A liga de veteráns cun Camariñas sorprendente en primeira e con un derbi entre Camelle e Porteño na segunda, deparounos unha mañá de domingo moi entretida, mentras que en categorías inferiores, Camariñas Os Leóns e As Baleas , perdían os seus encontros.
  • A Xornada de Juanillo 23-09-2012

    Os Leons de Camariñas, unha canteira futbolística para Camariñas

    Boa xornada para os nosos equipos de fútbol amateurs na que houbo 3 victorias, Camariñas, Porteño e Camelle, e un empate, o do Xaviña. Primeira derrota do Balonmán Camariñas en O Grove. Xornada que ven marcada polo temporal que asolou Galicia esta fin de semana pasada onde o vento e a choiva foron os principais protagonistas nos campos costeiros. Comezou a Liga de Fútbol Infantil, onde As Baleas de Vi comeza gañando o primeiro partido, demostrando que este tempada vai ser moi distinta a anterior, pois teñen experencia e xa son un conxunto máis consolidado. Tan só quedan por comenzar as ligas en categorías inferiores de balonmán masculino e femenino onde estará o Balonmán Camariñas e a liga cadete de fútbol onde competirá o Porteño.
  • A Xornada de Juanillo 16-09-2012

    O xaviña e o Camelle desputaron un intenso encontro este sábado

    Xornada que viña marcada polo derbi entre o Xaviña e o Camelle que finalmente caeu de lado do conxunto Camellán, eso si, un derbi xogado nun ambiente maxistral e donde houbo de todo, goles, emoción, expulsións..... O Camariñas acadaba un empate sin goles en Rianxo, o Ordes conseguía derrotar ao Deportivo B, nunha xornada onde o Porteño descansaba. Cabe destacar, o inicio da loga de veteráns, onde o Camariñas, Porteño e o Camelle, comezaban a súa andaina esta tempada e que seguiremos puntualmente aquí en Camarinas.eu. Dou comezo tamén a liga de balonmán nas categorías senior masculina e femenina. O Camariñas Conserva Boya e o Balonmán Encaixe de Camariñas agora forman un único clube trala fusión de ámbalas entidades. Así nace o Clube Balonmán Camariñas co patrocinio de Conservas Boya nas duas categorías e tamén o Encaixe de Camariñas colabora có equipo femenino. Dende aquí, desexarlle moitos éxitos a nova entidade e ogallá se cumplan os obxetivos establecidos para esta tempada.
  • A Xornada de Juanillo 09-09-2012

    Importante (e aplastante) victoria do FC Camariñas ante o PontecesoXornada maxistral a que se dou este fin de semana pasado para o fútbol camariñán na que os catro equipos de categoría senior que temos no noso Concello gañaron os seus encontros. Dúas victorias como locais, as do Camariñas e Camelle, e dúas victorias como visitantes, as do Xaviña e Porteño. Ogallá podamos contar moitas xornadas como estas nas que se demostra que o fútbol no Concello de Camariñas está en alza.
  • A Xornada de Juanillo 02-09-2012

    Iniciamos aquí en Camarinas.eu baixo o mando do mellor xogador da historia da Costa da Morte unha nova tempadaComezou unha nova tempada dos nosos equipos de fútbol e como non iba a ser menos, CAMARINAS.EU voltará a contarvos todo canto acontece neses terreos de xogo da Costa da Morte e terras máis lonxanas. Comeza unha nova liga con obxetivos moi distintos para os diferentes conxuntos do noso Concello e no que haberá novidades na nosa web, onde se poderán elexir a través de enquisas nos que os usuarios elixirán ao mellor xogador de cada clube aos que CAMARINAS.EU premiará ao final da tempada. Dende aquí, desexámoslles a mellor das sortes para todos eles e que ogallá se cumplan tódolos obxetivos de uns e de outros ao remate da competición. MOITA SORTE!!!!.
  • A Xornada de Juanillo 27-05-2012

    Abatido o Cuarte Industrial, a próxima estación do ascenso do Cerceda para en FuenlabradaTras o que constituío un atraco a man armada, o FC Camariñas puxo fin a unha tempada que non cabe tildar senón de exitosa. Baixo a sabia batuta dun home da casa, un camariñán de toda a vida, Pepucho, o conxunto da Vila das Palilleiras tras anos de fracasos sucesivos por fin foi quen de ascender á categoría que por historia, por categoría, lle corresponde: a 1ª Rexional. Lástima de Copa da Costa tan escandalosa roubada polas terras do Roncudo. Mentras tanto ao igual que ducias de equipos dos diferentes rincóns desta nación, a despeito dos feitos acontecidos tan vergozosamente no Estadio Vicente Calderón, que aínda se chama España (polo menos de nome) o Cerceda busca o ascenso á Segunda División B. Ascendido o Ourense, intentándoo duramente dende o Morrazo o Alondras, o terceiro dos equipos galegos en liza é o Cerceda de Juanillo. Eliminados os duros guerreiros do Cuarte Industrial, o rival a abatir agora é o campeón do grupo madrileño. O Fuenlabrada ten que ser a próxima víctima.
  • A Xornada de Juanillo 20-05-2012

    O plantel do Cerceda exhultante pola súa vital victoria ante o Cuarte Industrial

    Tal e como sinalara Juanillo en conversación informal no Café Bar Arnela os informes preceptivos presentaban ao rival do Cerceda no playoff de ascenso á Segunda División B, o Cuarte Industrial, como un equipo leñero á antigua usanza. Un conxunto aguerrido e marrullero, especialista nas rudas técnicas do catenaccio máis itálico: dureza excesiva, tácticas ultradefensivas, perdas constantes de tempo, crueldade asiática, etc... Pero nada puido parar a avalancha futbolística galega que deixou a eliminatoria prácticamente encarrilada. Máis problemas en principio presenta o encontro de volta do Camariñas nos cuartos de final da Copa da Costa, o empate a dous colleitado ante o Corme no Hermanas Patiño obriga aos pupilos de Pepucho a unha xesta. Baixo a sabia batuta do adestrador camariñán, o Zorro de Lingunde, non cabe a menor dúbida de que así será.
  • A Xornada de Juanillo 13-05-2012

    O Concelleiro de Deportes fai un repaso a toda unha tempada competitiva

    A piques de pechar toda unha tempada competitiva, toca facer repaso a un ano pródigo en acontecementos e ninguén mellor para elo que aquel que pasará aos anales como o mellor futbolista camariñán da historia. Juan Manuel Cabrejo Pasantes analiza un exercicio que deparou alegrías, tristezas e deambulares anodinos, e que presenta como feito máis salientable o ascenso á 1ª Rexional dun FC Camariñas no que parece que triunfa a sensatez proseguindo ao frente dos seus designios competitivos Pepucho. Nembargantes, aínda queda para Juanillo e para o seu Cerceda o máis importante, o que sería o broche de ouro a toda unha tempada: o playoff de ascenso a Segunda División B. A primeira etapa deste camiño en Aragón frente ao Cuarte Industrial. De todo elo se dará conta en Camarinas.eu da man do redactor xefe dos seus deportes: o que sempre será o Mago de Corea.
  • A Xornada de Juanillo 05-05-2012

    O FC Camariñas de Pepucho segue a contar os partidos por victoriasA pesares de acadar o ascenso cunhas cantas xornadas de antelación, o Camariñas de Pepucho, como si do flamante Campeón de Liga se tratase, segue a contar os seus partidos por victorias. Nembargantes nada parece suficiente polo que se rumorea para unha directiva empeñada en buscar un sustituto ao home que devolvío ao equipo da súa alma a 1ª Rexional. Pois nada, se a experiencia deste ano non resultou bastante, se se prefiere malgastar un feixe de cartos por ahí fora contratando a un pernas calquera atraído polo olor dos sabrosos billetes, alguén que cando veñan mal dadas (económicamente) non lle chegará Camariñas para fuxir espantado, pois adiante. A este paso o día menos pensado acaban contratando a Mourinho ou a Guardiola, que ademáis está actualmente no paro. Vaia dende Camarinas.eu o noso apoio máis total e absoluto a Pepucho, adestrador experto, persoa seria e sensata, camariñán ata os tuétanos, o home que se fixo cargo do club cando outros, contratados ao olor dos apetitosos billetes, deron a espantada.