• A Xornada de Juanillo 30-3-2011

    A nova fichaxe do FC Camariñas xogou o seu priemeiro partido no Hermanas Patiño

    Fin de semana onde a mellor noticia foi a victoria do Porteño en Castriz para aferrarse a segunda rexional, están os da Ponte do Porto agarrándose a dita categoría a base de garra e coraxe para suplir outro tipo de carencias. O FC Camariñas díxolle adeus a liga cunha derrota inesperada ante o Buño no Hermanas Patiño. Os de Manolín xa están mirando máis esa promoción que outra cousa.  Esta semana temos o prato forte onde o derbi Porteño-Camariñas será crucial para os da Ponte do Porto, unha maiña do camariñas non viría nada mal…
  • A Xornada de Juanillo 23-3-2011

    O partido do Xaviña foi presenciado polo noso redactor deportivo JuanilloFin de semana no que temos resultados e consecuencia de todo tipo. O cerceda levou unha boa tunda en Ourense e Nacho, o adestrador, presentou a súa dimisión. Unha decisión que pouca xente entende, os números que presenta Nacho son inmellorables, líder da terceira división, equipo menos goleado e segundo máxima goleador. Dende Camarinas.eu repetamos a súa decisión e tentaremos de telo de colaborador semanal. O Camariñas golea ao colista Vimianzo, o Porteño perde có líder e o Xaviña recibe outra tunda de mans do Mazaricos. Os veteráns do Camariñas están situados en postos de descenso a falta dunha xornada e nos máis pequechos, houbo derbi!, e As Baleas levouse o gato a auga.
  • A Xornada de Juanillo 19-3-2011

    Juanillo desgrana a xornada futbolística do Concello de Camariñas

    Xornada onde tivemos de todo, como na botica. O Cerceda continúa de líder demostrando que o que queira quitalo de a´hí vai a ter que suar sangue. O Camariñas deixouse parte das súas aspiracións co seu empate na casa, onde a expulsión de Juan o Vello foi clave. O Porteño aférrase a segunda rexional cós dentes, gañou ao San Lorenzo e aínda é posible a miragre. O Xaviña esta esperando o fin da liga coma auga de maio, a tunda que levou en Corcubión pode facer dano. Xa vedes, temos aos nosos equipos metidos en todo tipo de batallas esperando sair triunfais na maioría delas.
  • A Xornada de Juanillo 07-03-2011

    O cancerbeiro do Xaviña FC esta semana vío como só perforaban dúas veces a súa metaCurioso ver nunha pequena liga aficcionada como calquera das que poblan esta Costa da Morte dos nosos pecados reproducirse sistemáticamente os vicios e taras que se poden ver a cotío nos grandes e multimillonarios campeonatos ligueiros do mundo: cando as augas baixan revoltas, á descomposición deportiva sole sucederlle unha descomposición social, moral, estructural que antecede o derrumbamento máis absoluto. A persecución implacable, suicida, desesperada e  en ocasións xa desesperante que por segundo ano consecutivo vislumbramos nas alturas nas que moran os dous equipos posiblemente máis completos do planeta repítese asemesmo a velocidades de vértigo na autopista da Segunda Rexional. Equipos xoves e competitivos seguen apurando a marchas forzadas o vía crucis do seu ano iniciático cas vistas postas en futuras tempadas triunfais.  Para o segredo sagrado do vestuario deixamos vicios incofesables derivados de rencillas persoais e persecutorias (léase a de Forlán vs. resto da plantilla do Atl. de Madrid, léase a confesada no seu día nun jacuzzi (¿de whisky?) por J.B. Toshack de Raúl González Blanco cara Nicolás Anelka).
  • A Xornada de Juanillo 27-02-2011

    Toda a xornada futbolística do concello da man de Juan CabrejoRecentemente nun Pleno do Concello aprobábase por unanimidade a aportación municipal que debrá financiar a reconstrucción do mítico pero xa de por si destartalado Estadio da Grixa da Ponte do Porto. Trátase dun proxecto que conlevará novas gradas, novo peche perimetral e un flamante piso de herba natural no que suporá o adeus definitivo á grava que tantas marcas deixou durante décadas nas pernas dos usuarios do lexendario recinto porteño. Tratábase dunha antiga reinvidicación existente na Ponte do Porto, que contaba cun sorprendente nivel de consenso e que os seus veciños anticipaban incluso á construcción dunhas novas beirarrúas, un novo saneamento en calqueira das seus vieiros ou ao asfaltado de calquer camiño. E nembargantes tralos últimos resultados acadados polo Porteño todo parece indicar que o estreo do estadio tan longamente anhelado, da lexítima reinvidicación tan insistentemente reclamada, terá lugar cun equipo sumido no pozo da Terceira Rexional. ¿Será a tempada 2011-2012 un ano sen clubs camariñáns na Segunda Rexional?
  • A Xornada de Juanillo 20-02-2011

    O banquiño do Xaviña contempla desolado o duro correctivo infrinxido polo EsteiranaPois non cabe calificar como de boa a derradeira xornada ligueira para os conxuntos apadrinados por camarinas.eu. Facendo boa a predicción realizada cunha seguridade pasmosa por Juanillo ao longo da semana anterior, o Ponteceso efectivamente saío derrotado de Sofán pero o Camariñas cun empate ante o Muros deixou para máis adiante o asalto definitivo ao liderato da 2ª Rexional. O Porteño cunha derrota ante o potente Fisterra acercouse un pouco máis ao abismo e por último queda o triste deambular do Xaviña pola 3ª Rexional. Tal vez haxa de fixarse no exemplo do Real Club Celta de Vigo, o cal cunha plantilla prácticamente calcada a deste ano e formada nun elevado porcentaxe por xente xoven e da terra, se o ano pasado estivo a pieuqes de descender de categoría, agora surca triunfalmente os campos da 2ª División cun fútbol de calidade. A dieferencia ven marcada por ese ano inciático, de transición, necesario para que uns rapaces formados ao calor da canteira de A Madroa adquirisen a experiencia e oficio necesario para devolver a un histórico do fútbol español á categoría que lle corresponde. Tal vez a vindeira tempada sexa a dos éxitos do Xaviña FC.
  • A Xornada de Juanillo 13-02-2011

    Nova victoria esta semana dun FC Camariñas que segue adiante ca súa imparable rachaPoucas veces en toda a súa historia terá o Concello de Camariñas á súa disposición un concelleiro máis digno. Este pasado venres 11 de febreiro a Agrupación Local do PSdeG-PSOE aprobaba a súa lista electoral e facíase público a inclusión na mesma, co número 3, de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo. Desta forma os socialistas camariñáns asegurábanse a fichaxe dunha persoa formada, cun grado de preparación óptimo, experta coñecedora da realidade do Concello, cunhas cualidades humanas difícilmente igualables, alguén en definitiva chamado a ennoblecer o carácter do cargo político. A redaccion de camarinas.eu dende o respeto máis absoluto a unha decisión lexitima quere: en primeiro lugar, felicitar ao noso compañeiro de redacción pola inclusión nas listas do partido do que el e a súa familia foron sempre firmes simpatizantes e desexarlle sinceiramente a mellor das sortes no difícil camiño emprendido; en segundo lugar, reiterar a nosa eterna gratitude por todo o seu  esforzo desinteresado realizado nestes derradeiros a prol da web do seu pobo da alma; en terceiro lugar, facer público que foi un orgullo e un honor ter ao noso carón durante todo este tempo a unha persoa de semellante valía; e finalmente, por entender que a independencia e neutralidade de camarinas.eu en nada se ve empañada polo futuro político de Juanillo, pregarlle que reconsidere na medida do posible a decisión adoptada: esta é unha web libre, plural,  que non rinde contas a ninguén, os seus redactores son libres de posuir (e expresar) as ideas políticas que lle veñan en gana. En todo caso, as portas desta a súa casa sempre as terá abertas e tratándose de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, a opción que elixa, sempre será a mellor posible. .
  • A Xornada de Juanillo 06-02-2011

    Cambio de rumbo na traxectoria do Xaviña: agora derrotas en casa e victorias fóra

    Andan os mundos volteados cara arriba. O que antes era branco agora é negro, o que antes era educación, respeto e boas maneiras agora viría a significar a carcundia máis casposa, o que antaño sería criticado como suciedade, porquería e falta de aseo nestes días estranos que vivimos sería alabado como look fashion atraínte e vanguardista e a traxectoria que hai unhas xornadas cumpría cáseque matemáticamente cun esquema de victoria en casa/derrota fóra, pasou a mellor vida tras un xiro copernicano protagonizado polo Xaviña FC que invertío os términos da súa sorpresiva e azarosa existencia. Non varía o rumbo dos restantes protagonistas do noso repaso fútbolístico semanal, exitoso e victorioso no caso de Cerceda e FC Camariñas, angustioso e dramático para un Porteño que vende cara a súa pel e que promete loitar a morte ata o último segundo para defender a súa supervivencia competitiva na Segunda Rexional. Imposible predecir o que nos deparará o futuro nuns mundos volteados cara arriba.
  • A Xornada de Juanillo 30-01-2011

    Os Leóns,o novo equipo chegado directamente dende o histórico Campo do Cotro

    Por algunha estrana razón, en Camariñas o nome de Luis sole ir adherido a algunha especie do reino animal. Aquí temos un Luis do Pulpo, un Luis dos Cabalos ou un Luis De León. Precisamente este último acaba de ser noticia por mor dun apelido tradicionalmente asociado nestas terras á ideoloxía socialista. Porque De León son tanto a fémina da que contan que foi a primeira en posuir un carnet do PSOE no noso concello, Mª del Carmen Caamaño De León, Carmucha, como o mesmísimo alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso De Leon, Pichurri. E foi precisamente o seu primo e residente en Buría Luis o que acaba de patrocinar un novo equipo de fútbol na nosa vila que toma o seu nome do apelido do seu mecenas: OS LEÓNS, equipo nacido no máis histórico dos estadios da Costa da Morte, O Cotro, que conta con equipación e escudo propio e que a partir de agora disporá dunha tarde á semana no Pabellón Municipal para practicar o deporte que máis lles gusta aos seus integrantes, o fútbol. O primeiro encontro oficial xa o disputaron recentemente contra un combinado de As Baleas, o outro gran exemplo de esforzo desinteresado a prol do deporte en Camariñas, deixando para o recordo ademáis dun fútbol de calidade unha amplia galería fotográfica que camarinas.eu publica encantada. A ver chavales, imos ver si toda esa calidade ten algun día saída a través de calqueira dos nosos tres clubs federados. ¡¡ÁNIMO E SORTE!!
  • A Xornada de Juanillo 23-01-2011

    Camarinas.eu ofrece o maior despliegue informativo posible acerca da xornada dos equipos camariñáns

    A crónica que semanalmente escribe Juan Manuel Cabrejo Pasantes en camarinas.eu podería describirse como o compromiso dun home co pobo da súa alma, ca súa xente, con todos eses rapaces que en calqueira dos cornechos dun concello perdido nas inmensidades atlánticas lle dan patadas a un balón ca ansia de emular a quen o foi todo no deporte rei, a quen lles sirve de guía e exemplo despois dunha carreira profesional intachable, trátase do compromiso dun home que recén saído dun duro posperatorio e apoiado nas muletas que serán as súas fieis compañeiras nos vindeiros meses non faltou á cita semanal cos seus lectores. Por elo esta redacción quixo agradecerllo facendo un despliegue poucas veces antes visto cunhas reportaxes gráficas de preto de 200 fotos e dous vídeos duns encontros nos que a pantasma de Mr. Hyde sobrevolou o Hermanas Patiño este sábado facendo que o Xaviña FC mostrara no seu antes inexpugnable feudo a cara dos seus encontros foráneos ante un rival, o Independiente, que por momentos parecía o equipo con sede na Avenida Mitre 470 da cidade de Avellaneda e gañador de 2 intercontinentales, 7 libertadores, 3 interamericanas, 2 supercopas, 1 recopa e 14 ligas; no que o Camariñas fixo gala dunha eficacia típicamente madridista para desfacerse do Castriz pola mínima; e no que o Porteño dou a campanada vencendo en Vimianzo e facendo visionable o soño da permanencia. Unha semana máis o meirande, auténtico e único seguemento da xornada futbolística neste concello tan só en camarinas.eu.
  • A Xornada de Juanillo 17-01-2011

    Juanillo afronta este xoves unha operación clave para a súa carreira

    Na mañán deste xoves 20 de xaneiro de 2011 na clínica pontevedresa do Doctor Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Real Club Celta de Vigo e da Selección Española de Fútbol, o mellor futbolista da historia de toda a Costa da Morte someterase á intervención quirúrxica máis importante da súa carreira. Por mor dunha rotura no ligamento anterior cruzado da súa perna esquerda o Cerceda perde para os vindeiros seis meses a un dos xogadores claves no actual líder da Terceira División Galega. Dado o máximo prestixio do galeno encargado de recuperar a zurda máxica de Juanillo, é de esperar que unha vez superado o longo período de convalecencia O Mago de Corea volva aos terreos de xogo pleno de facultades físicas e portador do talento único con que a natureza o dotou. Camariñán ata a médula, seguidor entusiasta da actualidade de tódolos equipos do concello, experto coñecedor do universo futbolístico da Costa da Morte, redactor único e amigo fiel e entrañable, os compañeiros de Juanillo no seno da redacción de camarinas.eu brindamos todo o noso apoio a un das persoalidades clave para entender o desenrolo do deporte rei nas terras camariñanas e ansiamos de todo corazón que o resultado do seu paso polo quirófano sexa satisfactorio. E, quen sabe, co sacrificio, gañas e aptitudes características de Juanillo con sorte alá polo mes de xuño o vexamos marcar o tan ansiado gol que leve ao Cerceda á Segunda División B. Tratándose de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor sempre é posible.
  • A xornada de Juanillo 09-01-2011

    Juanillo, alma do Cerceda CCD está a recuperarse dunha grave lesión

    Estrano caso de Dr. Jekyll e Mr. Hyde futbolístico, a dualidade da alma do Xaviña F.C. lévao en ocasións (maiormente en partidos a domicilio) a desenrolar un fútbol por características e resultados próximo ao do actual FC Barcelona, só que ao revés: xogo penoso e tunda que che criou, mentras que en outros encontros, que por algún incomprensible fenómeno descoñecido virían a coincidir cos disputados no Estadio Hermanas Patiño, executa un fútbol de toque e filigrana, arte en movimiento, que leva aos xogadores e aficcións rivais a perder os papeis dentro e fora dos estadios, desquiciados pola alta escuela futbolística xaviñana.
  • A xornada de Juanillo 26-9-2010

    Foto de equipo do Xaviña FC

    Triste xornada, salvando ao Cerceda, a deste derradeiro domingo do mes de setembro de 2010 para os conxuntos camariñáns, xornada que deixa un regueiro de derrotas pola mínima dos tres principais baluartes do fútbol no concello máis balompédico da Costa da Morte. A todo este negro panorama debe engadírselle a posta en marcha da Liga de Veteranos de futbol sala máis multitudinaria desta Costa Atlántica dos noso pecados o que sen dúbidas mermará en algunha medida a asistencia de público aos graderíos dos estadios camariñáns. Ademáis, ante os malos resultados o Porteño decidío sustituir ao seu adestrador... Pero non todo vai ser oscuridade nesta vida segundo nos conta O Mago de Corea na súa crónica semanal e así o FC Xaviña segue asentándose a pasos axigantados na categoría e mostrando síntomas evidentes de melloría no seu xogo en cada partido. ¿O primeiro punto no vindeiro partido?
  • Homenaxe dos Veteranos do Cartagena a Juan Cabrejo

    Unha auténtica festa do fútbol puidemos desfrutar na Homanaxe a Juanillo celebrada no Hermanas Patiño
    Unha auténtica festa do fútbol puidemos desfrutar na Homanaxe a Juanillo celebrada no Hermanas Patiño

    Encontro histórico no Estadio Hermanas Patiño

    Por primeira vez na historia destas terras deixadas da man de Dios un autobús repleto con arredor de 60 persoas, entre as que se encontraban antigos xogadores de tódalas épocas do FC Cartagena e as súas familias, chegaba ata Camariñas para rendir a debida homenaxe ao que foi sen dúbidas o mellor lateral esquerdo da historia do equipo levantino e o máis grande xogador nacido nunca na Costa da Morte. E facíano disputando na terra deste xenio do balón un histórico encontro contra un equipo sui xéneris de Veteranos do FC Camariñas do que formaban parte entre outros o seu tío Manolo ou seu primo Pedro. Camarinas.eu estaba presente no estadio camariñán para acompañar ao noso redactor xefe de deportes no seu día grande nun partido que é analizado xunto co resto da xornada pola mirada máis experta, a de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago de Corea.

  • Equipo de Veteranos do FC Cartagena

    Os veteranos do FC Cartagena homenaxearán a Juanillo cun encontro na súa propia terra
    Os veteranos do FC Cartagena homenaxearán a Juanillo cun encontro na súa propia terra

    Ao longo da dilatada e turbulenta historia dos clubs profesionais de fútbol solen pasar centenares de xogadores que pronto caen no olvido, sobre todo cando despois de temporadas aciagas esos mesmos clubs entran na élite do fútbol. Pois incluso agora que o FC Cartagena tralo ascenso acadado en xuño de 2009 comanda como líder intratable a 2ª División A española a aficción e os xogadores acórdanse con nostalxia do que foi o mellor lateral esquerdo da historia do equipo albinegro e así segundo nos contan os nosos compañeiros de www.sportcartagena.es o equipo dos veteranos do FC Cartagena ten previsto realizar antes de final de ano unha xira por Galicia que inclúe unha parada obrigatoria no Estadio Hermanas Patiño para xogar un encontro en homenaxe ao redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes. Desta forma tamén queren os veteranos cartaxeneros honrar ao pobo de Camariñas polo impresionante apoio demostrado a través da web da súa alma ao Efesé na temporada pasada. En todo caso era algo xusto e necesario. Porque hai persoas que deixan huella.

  • Juan Cabrejo Juanillo deixa o CF Cartagena

    Cunha rolda de prensa sobria, austera, dunha gran carga emotiva, Juanillo abandonou o Cartagena.  Foron catro as temporadas que, coroadas cun ascenso soñado a través dunha travesía do deserto de 21 anos, lle bastaron ao posiblemente mellor lateral esquerdo da historia do conxunto levantino para facerse cunha afición que o idolatrou como a un crack. Ábrense agora múltiples posibilidades para un Mago de Corea ao que a súa terra lle tira e moito. En calquer caso, faga o que faga, a redacción de camarinas.eu quere agradecer especialmente ao seu redactor deportivo os dous anos máxicos, cargados de tensión  e emotividade, que fixo desfrutar a toda a parroquia da web máis vista da Costa da Morte e que explosionou máxicamente co ascenso do día 24 de maio. Pulsa na imaxe para ver o vídeo da rolda de prensa de despedida de Juanillo.
  • O Ascenso de Juanillo: Alcoyano 2 - 2 Cartagena

    A Crónica Final

    Nin nun soño: a crónica do ascenso o día do 34 cumpreanos do Mago de Corea
    Nin nun soño: a crónica do ascenso o día do 34 cumpreanos do Mago de Corea

    Foi un 26 de febreiro de 2008, cunha victoria ante o Marbella, hai xa máis de 15 meses, cando Juan Cabrejo Pasantes, o mellor xogador da historia da Costa da Morte, comenzaba a súa colaboración semanal ca web líder da mesma, converténdose en redactor-xefe da sección de deportes.  Foi un longo treito de alegrías e pesares, de victorias e derrotas, algún empate tamén, coroado maxestuosamente na tarde noite do domingo cun ascenso épico tras máis de 21 anos de resignacións sucesivas.

    E así, no día de hoxe, martes 26 de maio de 2009, día do cumpreanos do Mago de Corea, procedemos á poñer o broche de ouro final a unha temporada de ensono na que gracias ás 40 crónicas enviadas puntualmente por Juanillo, puidemos seguir as andanzas do Cartagena partido a partido e conseguir que o EFESÉ se convertira nun equipo máis entre os nosos preferidos. Por eso, Mago, no día do teu 34 cumpreanos, os teus compañeiros de redacción acompañados dos miles de usuarios da web que convertío a Camariñas no líder cibernético da Costa Atlántica gracias ao talento e ao esforzo de redactores como ti, berrámosche a través do ciberespacio rendidos ante a túa calidade como futbolista, pero sobre todo como persona: ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!

    Pulsa na imaxe para ver as fotografías do ascenso e da posterior celebración enviadas por Juanillo.

  • O Cartagena de Juanillo ascende á 2ª División A

    Os nervios tíñamolos destrozados. O desalento era evidente. Corría o minuto 90 de partido. Máis de media hora con 10 homes tras unha expulsión demasiado rigurosa contra un Alcoyano aguerrido e feroz cunha auténtica bombonera chea ata os topes e volcada co seu equipo. Unha prórroga que parecía inevitable...e gracias. Cando nunha xogada nacida da presión no medio do campo, Carmona rouba un balón a un despistado defensa, encara en solitario unha portería que parecía aloxada no fin do mundo e cede co porteiro vencido o balón a Juan Pablo. E fui explotar o delirio no Café Bar Arnela e ver as bágoas correndo polo rostro dun home feito e dereito como Juan do Penedo. Pulsa na imaxe para ver a galería fotográfica e uns videos espectaculares dun dos días máis felices da historia do Arnela, o bar paradigmático do distrito de Corea.

  • O Ascenso de Juanillo: Cartagena 2 -1 Alcoyano

    Queridos usuarios: a un paso da gloria

    A moi antiga e milenaria Vila de Camariñas estará ata o último momento apoiando ao Cartagena de Juanillo
    A moi antiga e milenaria Vila de Camariñas estará ata o último momento apoiando ao Cartagena de Juanillo

    Un cidade en estado de shock.  Tres mil xiareiros enfervorecidos esperando ás mesmísimas portas do estadio a un equipo que vai acabar ascendendo á Segunda División A. Un recinto prácticamente cheo no que un ambiente electrificado pola tensión de 12.000 almas en vilo levou ao Cartagena en volandas ata a victoria. Unha pancarta enorme: "Camariñas co EFESÉ". 90 minutos entre a vida e a morte. Un Cartagena que sale do encontro cunha ventaxa dun gol para un partido de volta no Campo do Alcoyano. Un empate que basta para acadar o soño. Pero eso non é suficiente para o equipo capitaneado polo Mago de Corea. Porque son mellores. O único que vale é a victoria. Queridos usuarios: o Ascenso xa está aquí.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 5 - 1 Santa Brigida

    Chega a hora da verdade

    Toda unha brillante temporada de Juanillo pode ser culminada cun ascenso a 2ª División Española
    Toda unha brillante temporada de Juanillo pode ser culminada cun ascenso a 2ª División Española

    Nunca estivo máis cerca. A Gloria a tan só dous partidos de distancia. Toda unha temporada que se decidirá en 180 minutos. Unha eliminatoria a dobre encontro na que o último e vital partido se xogará fóra de casa. Un rival campeón do seu grupo: o Alcoyano. En efecto, aquel da célebre goleada de 12 a 1 que se dirixía ao árbitro para pedir tempo no descuento para intentar unha remontada utópica.  Un Cartagena, posiblemente o mellor da historia, que este ano ascenderá porque ao frente dun conxunto de profesionais de primer nivel atópase como capitán un camariñán todo garra e calidade que sabe que chegou a hora da verdade. A hora na que xa non se pode fallar. A hora do ascenso á Segunda División A.