• O Camariñán Jorge Vázquez titular este domingo en rexional preferente co Fisterra

    Este domingo unha querida familia camariñana ao completo estará co corazón nun puño cando o seu primoxénito salte ao terreo de xogo do Ara Solis de Fisterra. O seu nome, Jorge Vázquez, de tan só vinte anos que debutará como titular do conxunto fisterrán na categoría de Rexional Preferente na que a SD Fisterra ocupa a segunda posición na táboa clasificatoria. Un novo fito desta promesa do fútbol galego, que seguimos e apoiamos dende os seus inicios aquí en Camarinas.eu, e que consigue deste xeito ser o deportista camariñán en activo, xunto ao seu compañeiro de equipo Pablo Vigo, que xoga na categoría máis alta de todos os nosos futbolistas. Falábamos deste rapaz este venres co seu orgulloso pai, noso querido amigo Enrique Vázquez, que ve desta maneira recompensado tantos traballos e sacrificios que tivo que facer toda a familia para que o seu fillo Jorge pudera entrenar nas mellores canteiras e xogar en equipo como os xuveniles do Deportivo da Coruña ou do Celta de Vigo, cos seus respectivos desprazamentos diarios que seu pai atendía. Vese deste xeito premiado deste xeito tanto esforzo por parte dun rapaz camariñán de tan só vinte anos demostrando así que calqueira rapaz pode chegar ao máis alto sempre que lle poña amor, empeño, esforzo e sacrificio ás súas metas. Noraboa Jorge e noraboa Pablo!!

  • Jorge Vázquez ficha polo Celta de Vigo

    Corren días de gloria para a Galicia celtista. Á salvación in extremis da categoría na derradeira xornada do campeonato acaba de sumar outro fito que, ao pasar de non moitos anos, podería converterse noutra das epopeias da prolífica e fértil canteira celeste. Segundo puido coñecer en exclusiva Camarinas.eu o xove porteiro camariñán Jorge Vázquez acaba de confirmar a súa fichaxe polas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Formado inicialmente na Asociación As baleas baixo a sabia batuta de Vi e Faus, despois pasou ao esixente Luis Calvo de Carballo, equipo no que as súas grandes intervencións baixo os paus o levaron de forma meteórica á Selección Coruñesa Alevín de fútbol 7. Todo elo como paso previo á fichaxe polo único equipo galego da Primeira División da Liga española.
  • Jorge repite na Selección Coruñesa

    Se non hai moito (8 de novembro de 2010), Jorge Vázquez Barcia recibía a través de camarinas.eu  a boa nova da súa primeira convocatoria pola Selección Coruñesa Alevín de Fútbol 7 en forma de regalo sorpresa o día do seu undécimo cumpreanos, a prometedora progresión futbolística deste xove arqueiro camariñán parece confirmarse e así en encontro disputado este pasado martes 11 de xaneiro entre as Seleccións de Coruña e Ourense Jorge voltou repetir como gardamallas  titular do noso combinado provincial na que constituía a súa segunda convocatoria polo mesmo.