• A travesía a nado entre Camariñas e Muxía pasará a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’

    Está previsto que a próxima edición da travesía a nado entre Camariñas e Muxía pase a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’. Aínda falta a confirmación oficial pero así o acordaron con dous dos organizadores deste evento o concelleiro de Deportes de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, o de Muxía e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
  • O Concello de Camariñas organiza o programa para maiores "Concello Activo"

    A concellería de Deportes do Concello de Camariñas que dirixe José Manuel Canosa Campaña levará a cabo este ano o programa ‘Concello Activo’, destinado a mellorar a autonomía e a condición física dos maiores do municipio a través de diferentes actividades, que comezarán no mes de novembro.
  • 900 deportistas encherán Camariñas na Carreira Pedestre do concello

    Dende o Concello de Camariñas envíanos José Manuel Canosa Campaña, Concelleiro de Deportes e artífice deste fito histórico conseguido na VII Carreira Pedestre do Concello de Camariñas, unha nota onde nos conta o que está a piques de pasar na mañán deste domingo 25 de febreiro de 2018, un feito histórico dende que alá polo 2012 Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo" comezara con este evento noutra data para a lembranza no noso concello. E é que non é para menos, porque preto de un millar de deportistas encherán a vila dos encaixes para practicar o seu deporte favorito, acompañados de familiares e amigos que abarrotarán as rúas de Camariñas. Nesta nota que nos envía noso querido amigo Campaña, coméntanos todos os horarios dos circuitos programados así como algunha das curiosidades deste evento que marcará un antes e un despois nos eventos deste tipo en toda a Costa da Morte. Noraboa Campaña!
  • Entrevista a Jose Manuel Canosa Campana, Presidente da Comisión de Festas do Carmen 2010

    Os camariñáns de ben eternamente agradecidos

    Nunca quería saír nas fotos. Eran desa clase de persoas ás que non lle gusta o protagonismo e si o traballo sordo, calado, serio e concienzudo, por elo das miles de fotos publicadas por camarinas.eu das tres edicións das Festas do Carme nas que lle tocou en sorte ser Presidente da Comisión de Festas, non haberá máis que un puñado de fotos súas, unha ducia, ao mellor nin eso. Tras unha serie de edicións desvaídas, sin brilo algún, lonxanas e frías, e nas que se chegou a temer pola sorte que puidera correr a mesmísima Procesión Marítima, a xoven e competente Comisión presidida por José Manuel Canosa Campaña será recordada por ser aquela que revitalizou dunha maneira decisiva unhas Festas do Carme que presentaban naquel momento de inicios de ano 2008 un tinte preocupantemente moribundo e conformista, a que voltou a acercar á festa ao pobo, a que trouxo a Camariñas as mellores orquestas, a das edicións máis masivas que se recorden. No momento do adeus, Campaña sincérase ante camarinas.eu e pasa revista ao acontecido nos tres anos que cambiaron posiblemente de forma definitiva a cara das Festas do Carme.
  • Entrevista a Jose Manuel Canosa Campaña, presidente da Comisión de Festas do Carmen 2009

    "Vexo moi complicado o futuro das Procesións marítimas..."

    Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu
    Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu

    O Presidente da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, concedeu este venres 6 de xuño a camarinas.eu unha extensa entrevista onde desbroza polo muido as principais novidades que presentará nesta edición do 2009 a principal festa de Camariñas, onde recoñece a complicado futuro que lle espera ás procesións marítimas en Galicia, onde anuncia que unha edición especial do Spanish Mania terá lugar a cargo dos nosos queridos usuarios helvéticos o  31 de xullo na Praza do Mercado e na que promete que a edición do 2010 das Festas do Carme pasará á historia...