• Bicentenario da Guerra da Independencia: De cando os franceses invadiron Camariñas

    Segundo o relato do capitán Nicolás Marcel, integrante do Sexto Corpo do Exército do Mariscal Michel Ney nas Campañas de España e Portugal (1808-1814) e participante nos feitos, nos primeiros días de maio do ano 1809 a meirande parte dos habitantes de Camariñas foi masacrada e a vila queimada ata os cimentos polo invasor francés. Feito tan terrible debería ser obxecto dunha omnipresente lenda popular que recordase aos héroes caídos e o feito recordado permanentemente polos máis vellos do lugar e inmortalizado na toponimia, costumes e festas. Sen embargo, a presencia da Guerra da Independencia no imaxinario colectivo camariñán foi sempre prácticamente nula.