• Se vende solar edificable na Rúa Sofía Rivas de Camariñas

    He aquí outra oportunidade para todos aqueles inversores que desexen apostar por un valor sempre en alza como é o mercado inmobiliario dunha vila costeira. A poucos metros daquela ganga inmobiliaria que publicáramos nesta web hai unhas semanas adxuntamos outra gran ocasión á oferta inmobiliaria de Camariñas. Trátase da posta en venta dun coqueto solar hai uns días por parte do seu propietario, moi ben situado e en pleno casco urbán da vila das palilleiras, con todos os papeis en regla para comezar a construir a casiña dos soños de calqueira cidadán. Situado este terreo nunha das zonas máis tranquilas de todo o nucleo urbán camariñán, alexada dos inclementes ruidos da axetreada actividade do noso porto pesqueiro, que se pon a venda recentemente por un prezo moi asequible. Así que todo aquel que desexe cumplir o soño da súa vida e comezar a facer a súa casiña nunha vila como Camariñas non ten máis que poñerse en contacto co teléfono do dono deste inmoble no 660 32 03 10 onde o atenderán moi cordialmente. Non deixedes pasar estas oportunidades únicas!!

  • Oportunidade única: se vende piso e faiado na Rúa Milleira de Camariñas

    Vamos agora coa publicación nesta web dunha oportunidade única de compra para todos aqueles que queiran invertir no sector inmobiliario en Camariñas. Hai uns días púxose oficialmente en venta un inmoble dunhas magníficas características a un prezo realmente ridículo. Trátase dun piso duns 92 metros cadrados cáseque totalmente rematado no seu interior e exterior e que conta tamén cun baixo cuberta na súa escritura. Ou sexa que polo valor que pide o seu dono estase ofrecendo un inmoble de preto duns 200 metros cadrados por un sorprendente prezo de 42.000 euros. Consultados pola nosa parte algúns expertos do sector conclúen que, invertindo unha cantidade de 10.000 euros máis neste inmoble, estaría totalmente apto para entrar a vivir nel. Toda unha ganga que pode ser aproveitada tanto por todos aqueles rapaces novos que desexen ter a súa primeira vivenda en propiedade como por estes outros que desexen invertir en bens inmobles dentro dunha vila como Camariñas cun gran auxe turístico. Unha oportunidade única que seguro se esfumará nun abrir e pechar de ollos.

  • Oportunidade: Véndese edificio na Praza de San Xurxo de Camariñas

    Vamos agora con unha oportunidade de inversión única, de gran interese para aqueles que desexen facer negocio cunha inversión segura. Trátase da posta en venta por parte dos seus propietarios e residentes nas Illas Canarias dun inmoble sito en plena Praza de San Xurxo. Dito edificio consta de planta baixa duns 105 metros cadrados na cal está ubicado un negocio que ten o local alquilado. A primeira plata ten unha superficie que a planta baixa e consta de 125 métros cadrados. Ademáis disto, a construcción ten permitida outra planta máis co cal o inversor que se faga con este inmoble poderá obrar unha segunda planta sen nengún tipo de problema. Para todos aqueles interesados neste oportunidade de inversión única poñemos a súa disposición o teléfono dos propietarios para calqueira tipo de información: 657 34 71 06
  • Véndese parcela edificable na Avda Juan Carlos I de Camariñas

    Vamos agora con unha excelente oportunidade para estas persoas que están buscando onde facer unha inversión rentable a largo prazo. Trátase da posta en venta dunha parcela en pleno casco urbano camariñán, exactamente entre a Avenida Juan Carlos I e a Rúa do Cotro, con unha superficie catastral total de 1188 metros cadrados. Dito terreo encóntrase catalogado como URBANO no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas e será subastada próximamente de forma telemática. Para todos aqueles que queiran informarse máis polo miúdo das condicións de venta desta boa oportunidade de negocio poden porse en contacto cos seus propietarios no teléfono 689 66 71 02.