• Os infantiles do FC Camariñas campións de liga e do torneo intercomarcal

    Chega o momento de facer xustiza cos nosos chavales do equipo infantil de fútbol sala FC Camariñas e cos seus adestradores Isidro Caamaño e o noso compañeiro Víctor Gómez Sestayo e publicar nesta web a consecución do título de liga que hai unhas cantas semanas conseguían lograr estes verdadeiros campións. E foi no derradeiro partido de liga desputado en Muxía cando os nosos conseguiron lograr outro fito histórico para o FC Camariñas afianzando máis si cabe o traballo realizado dende as Escolas de Fútbol da vila das Palilleiras. Pero non quedou ahí a cousa, despois de lograr o título de liga os nosos rapaces chegaban ao torneo intercomarcal que os enfrontaba contra algúns dos mellores equipos da bisbarra levándose caseque de calle esta importantísima competición. Así que desta volta tócanos anotar outro extraordinario éxito máis no casilleiro desta Escola de Fútbol do FC Camariñas con estes dous importantes títulos logrados polos infantiles de fútbol sala e, como non, darlles a noraboa a estes intrépidos rapaces que lograron tal conquista para o noso fútbol, e tamén felicitar a estas nais e pais dos rapaces que poñen o seu importante gran de area para que estas categorías inferiores do FC Camariñas poidan consolidarse.