• As infantiles do CB Camariñas gañan a liga de balonmán

    Na mañán deste domingo 3 de febreiro de 2019 as nenas do equiepo infantil de CB Camariñas conseguían a xesta de proclamarse campionas de liga. Facíano as rapazas adestradas polos nosos queridos amigos Xabi e José impoñendo a súa autoridade fronte a BM Ribadosar por un total de 24 a 18 que facía estourar  de xúbilo aos preto de 150 afeccioados e familiares que se deron cita no municipal de Camariñas. Unha mañá a deste pasado domingo para bordar en letras de ouro na memoria deste xa mítico equipo que, se non cambian as cousas, asegurámosvos que dará moitas máis tardes gloriosas a toda a afección do balonmán en Camariñas. Noraboa rapazas e a desfrutar!!