• Novas medidas da Xunta contra os incendios forestais na parroquia de Xaviña

    Na tarde deste mércores 25 de abril de 2018 un axente forestal estivo en Xaviña para informar sobre a lei de incendios. Este funcionario, moi querido e respetado en toda a parroquia de Xaviña, mostroulle a todos os asistentes o plano que adxuntamos ao final deste texto onde marcou claramente dúas liñas: A liña verde marca os 15 metros desde o linde co urbano onde non pode haber ningunha plantación, só arbores dispersas como frutais. A liña vermella marca os 50 metros desde o linde urbano onde non pode haber ningunha plantacion de pinos e eucaliptos. O funcionario dou de prazo todo o mes de maio para que se corte o que corresponde. Se alguén ten dúbidas da liña o forestal deixóu o seu número de teléfono para que lle chamen para acercarse ata o lugar no que haxa dúbidas sobre a situación dos árboles. O teléfono do forestal é o 608138081
  • Incendio forestal en Camelle e Arou

    Era as 11 e cuarto da mañá deste soleado e veraniego xoves 11 de agosto cando na parroquia máis norteña do concello saltaron tódalas alarmas a causa dun incendio declarado no monte denominado Alto do Canaval que ocupa as hectareas que separan os pobos de Camelle e Arou. O incendio era visible dende os dous pobos xa que se declarou na cresta do monte. Debido ao forte vento predominante durante toda esta mañá o lume extendeuse sen problemas e pronto se puxo en marcha por parte dos veciños e tamén por parte do Concello de Camariñas un operativo de urxencia para tratar de evitar que o pequeno pero inaccesible cacho de monte que estaba a ser pasto das crecentes lapas pudera converterse nun incendio de considerables dimensións. Ata o incendio tamén se acercaron para axudar nas labouras varios concelleiros do Concello de Camariñas entre os cales se podía ver especialmente preocupadas á representante de Camelle Mercedes Martín e de Arou Gemma Pedreira.
  • Incendio Forestal de Xaviña - Tensión máxima

    De forma semellante a aquela colina vietnamita arrasada polo nápalm da aviación norteamericana da que falaba Robert Duvall no film Apocalypse Now visitar na mañán deste luns 16 de agosto de 2010 a cima do Campo do Turco en Xaviña era adentrase por unha paisaxe lunar devastada, por un manto negro de terra calcinada que obrigaba aos equipos de extinción de incendios a permanecer en estado de máxima alerta ante os múltiples focos de lume que revivían por doquier. Un día caracterizado por un operativo ininterrumpido de helicópteros que recollían auga na Vasa, polo tronar sordo de motores de hidroavión que amerizaban sobre as augas do Porto de Camariñas ante a ollada dunha expectante multitude para tratar de rematar un incendio que parecía definitivamante sofocado cara ás 4:00 da mañán do luns. Un día de caras cansadas, de ollos chorosos e de rabia contida. Os técnicos da Xunta de Galicia falan dunha extensión forestal calcinada próxima ás 100 hectáreas que terían a súa orixe en catro focos de lume distintos, todos eles provocados polo descuido culpable do ser humano. Nembargantes á hora na que a presente  noticia se publica chegan noticias de rescoldos que volveron cobrar vida, polo que a alerta segue a ser máxima en Xaviña. Un equipo de camarinas.eu, presente xa dende os primeiros momentos no maior incendio que asolou o Concello de Camariñas en catro anos, adentrouse nos lugares máis afectados polo lume para constatar a envergadura do dano causado, para comprobar a paisaxe despois da batalla. Unha batalla que continúa en Xaviña.
  • Incendio Forestal devastador en Xaviña

    Celebraba a parroquia de Xaviña as festas en honor a Santa Ana cando preto das 14:30 horas, xusto unha vez rematada a traca de bombas de palenque e instantes antes de que a Orquesta Trole puxese fin á súa actuación no baile vermouth, un pequeno fume empezaba a tomar forma de modo inquedante non moi lonxe do Cemiterio Novo xaviñán. De forma semellante ao acontecido o ano pasado en Xuxo con motivo das festas en honor á Virxe do Pilar... Co pasar dos minutos, ese pequeno conato de incendio convertíose nun inferno de lume e fogo que comenzou a subir raudo e veloz pola ladeira do monte que leva cara o Campo de Tiro de Xaviña. Xa dende o primer momento o Alcalde de Camariñas Pichurri, presente no baile vermouth, acercouse ao lugar de autos e ante a gran entidade do incendio e a escaseza de medios con que combatilo non tivo máis remedio que tomar parte nunhas labouras de extinción nas que chegaron a intervir voluntarios de Protección Civil de Camariñas, operarios do Concello, a cuadrilla comarcal de SEAGA de loita contra o lume, varios camións motobomba, un avión e un helicóptero, así como diversos veciños de Xaviña. No momento de publicarse a presente noticia o lume expandíase devastador en forma de cuña amenazando por un lado o Areal do Ariño e descendendo vertixinosamente pola outra vertiente cara á Ensenada da Vasa. Precisamente, formada polo fume provinte dos incendios que a esa mesma hora estaban a asolar Xaviña, Vimianzo e Dumbría unha densa néboa co arrecendo típico do pino queimado invadía a Ría de Camariñas e daba a benvida aos iates que se aventuraban pola mesma. Por último sinalar que as fincas afectadas eran maiormente de propiedade privada, non da Asociación de Montes de Xaviña, e que tal e como xa advertía camarinas.eu con ocasión dunha noticia publicada o 05-07-2010 ("Situación actual dos Montes de Camariñas"), non presentaban un adecuado estado de limpeza e cuidado, o cal sen dúbidas contribuío a propagar un incendio que lamentablemente quedará rexistrado nos anales da Parroquia de Xaviña como aquel no que o día de Santa Ana asolou os seus montes.
  • Situación actual dos Montes de Camariñas, ¿Estamos preparados ante o lume?

    Atopábase un redactor nos primeiros días do mes de agosto de 2006 únicamente preocupado por sobrevivir na xungla urbana de San Petersburgo cando as pantallas dos televisores do lonxano norte foron invadidas con imaxes dun lume devorador que arrasaba Galicia dunha punta a outra, chegando ao extremo que equipos de enviados especiais das distintas televisións rusas informaban puntualmente a diario dunha situación que adquiría tintes apocalípticos. Recentemente, un usuario diario de Camarinas.eu comentaba a raíz da reportaxe publicada sobre a ruta dos muiños de auga de Camariñas que a existencia da mesma nunca foi tan visible como nos días seguintes a aqueles nos que o Monte da Rega fora arrasado polos lumes veraniegos do 2006. Agora que son xa pasados catro anos de relativa calma en canto a incendios estivais unha sinxela visita a calqueira dos bosques e montes que circundan o núcleo urbano de Camariñas permite comprobar como moitos deles vense abandonados á incuria e ao descuido máis absolutos, con ducias de toneladas de madeira seca sen recoller, lista para inflamarse á menor chispa ou como a vexetación en moitos lugares acadou tal grado de salvaxismo que impide o paso polos antigos camiños e elévase inquedantemente a carón dunhas árbores desprotexidas. As xunglas do Amazonas a dous pasos das nosas casas. Con todo, todavía existen un puñado de pinales, limpos e arranxados, cumpridores das mínimas normas de seguridade, que conceden unha posibilidade de esperanza. Porque todo esforzo será pouco para que non haxa que volver a aplicar aquelo que decía sobre a nosa masa forestal a célebre tonada do durante tantos anos bardo invidente camariñán, palabras ambientadas polo que se intúe a mediados da década dos oitenta: "Con Franco, cartos no banco. Con Suáres, hubo que vender os pinales. Con Felipe, todos a pique. Si queres que todo volva a ser como antes, vota a Manolo o dos Tirantes"....