• Manifestación comarcal a favor da igualdade o 8 de marzo en Camariñas

    Este venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 19 horas da estatua da muller en Camariñas. A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’.

  • Camariñas desenvolverá actividades para fomentar a Igualdade de cara ao Día da Muller

    A área de Igualdade do Concello de Camariñas, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar o 8 de marzo, levará a cabo durante o mes de febreiro unha serie de actividades para fomentar a igualdade dirixidas aos estudantes do municipio.

  • Comezan os obradoiros de Igualdade no Concello de Camariñas

    Esta semana, no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, comezaron os obradoiros entre homes e mulleres para a loita contra a violencia de xénero que se levan a cabo por parte da técnica de Igualdade, contratada polo Concello de Camariñas. Este ano a temática dos talleres é a violencia de xénero e o amor romántico mediante o análise crítico de varias cancións. Valéndose destas composicións preténdese previr ideas como o amor romántico avasalador, que todo o perdoa, que todo o quere, asimilar os conceptos ocultos mediante a música que eles escoitan pop, rock, reguetón... ou descubrir mitos que poden encerrar perigos. Participan nestes obradoiros os alumnos do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto.
  • Continúan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas no CEIP O Allo da Ponte do Porto

    A semana do 26 de Febreiro comezaron os talleres no CEIP de Ponte do Porto, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
  • Comezan os talleres de igualdade do concello no CEIP O Areal de Camariñas

    A semana do 20 de Febreiro comezan os talleres no CEIP O Areal de Camariñas, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
  • Charlas sobre igualdade no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    O pasado 20 de Decembro levouse a cabo unha charla na escola de nais e pais do IES Pedra da Aguia por parte da técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. As temáticas a tratar foron a igualdade e a coeducación. Para traballar ditos conceptos realizáronse actividades de definición e entendemento de conceptos clave para entender a igualdade, utilización da linguaxe incluinte, análise de estereotipos asociados socialmente as mulleres e os homes e análise de tarefas de corresponsabilidade.  A charla finalizou cunha reflexión común sobre o sexismo presente nos catálogos de xoguetes tan característicos desta época de Nadal. En definitiva unha boa iniciativa desenrolada dende o Concello de Camariñas encamiñada a concienciar sobre a educación en igualdade e corresponsabilidade.
  • Comezan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas

    O pasado luns 30 de Outubro comezaron os talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto por parte da técnica de igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os talleres van encamiñados a realización de diferentes actividades facendo partícipe a todo o alumnado do centro. Co alumnado de 1º e 2º da ESO estase a traballar mediante vídeos para aprender a distinguir patróns violentos así como as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. Tamén se traballan os mitos que sustentan a violencia de xénero e as características e calidades asociadas socialmente a homes e mulleres. Ademais de proporcionarlles información acerca dos recursos que están ao seu alcance para saber como actuar e onde acudir ante unha situación de maltrato.
  • O Concello de Camariñas reforza novamente os servizos sociais

    O Concello de Camariñas segue aspotando por mellorar a calidade de vida da cidadanía camariñana, e para iso, acaba de reforzar no último presuposto aprobado o pasado mes de Agosto, o servicio de axuda no fogar ( SAF) incrementando o horario de tarde e do fin de semana que empezou xa o pasado sábado dia 21 de Outubro.
  • Novas iniciativas contra a violencia de xénero do Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. Para continuar con este compromiso contratatou unha técnica de igualdade acreditada neste campo para comezar cos traballos ao respecto deste lamentable lacra que azouta a convivencia.
  • Concurso de curtametraxes por móbil do IES Pedra da Águia e o Concello de Camariñas

    A área de Igualdade do Concello de Camariñas e o  I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizados polo móbil chamado "A Igualdade: Missión Possible". Esta  actividade participativa  de sensibilización e de prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista do seu propio aprendizaxe.
  • Día Internacional Contra a Violencia de Xenero en Camariñas

    Este xoves 25 de novembro de 2010 pasará á historia de Camariñas como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero máis activo que recorda en moitos anos. Xa pola mañán todo aquel que se acercase pola Casa do Concello ou pola Casa de Pedra podía observar como a gran maioría das traballadoras municipais portaban un lazo violeta prendido das súas roupas como forma de concienciación na loita contra a violencia de xénero, pero nembargantes o máis importante estaba por chegar cando nunha xélida tarde de outono, desas nas que un vento nordeste corta as poucas caras que osan aventurarse fóra dos seus fogares, tivo lugar unha manifestación que baixo o lema "Abramos os ollos, ¿cantas mulleres asesinadas máis?" percorrío as rúas de Camariñas e agrupou a unhas cantas ducias de veciñ@s, cunha nutrida representación política e acabou ante a Estatua adicada á Muller Traballadora, en pleno Distrito de Corea, onde se leío un pequeno comunicado alentando á sociedade en xeral a combatir toda forma de maltrato de xénero. Asemesmo cómpre salientar a participación do Coro Municipal que interpretou algunhas pezas do seu variado repertorio.  Unha vez acabado o acto, os participantes na manifestación partiron cun rumbos diversos nunha oscura e fría noite de Camariñas.