• Sacrilexio: Rouban na Igrexa de Santa María de Xaviña

    Na mañán deste domingo 10 de marzo producíase un dos actos máis viles e sacrílegos que se recordan neste concello. Cando á primeira hora da mañá deste domingo as encargadas do santuario de Santa María de Xaviña entraban no templo para prepararse co propósito de comezar a tradicional misa dominical xaviñana, déronse conta nada más entrar de que faltaban as imaxes das veneradas virxes da Dolores e Nuestra Señora. Ante a alarma xeralizada das encargadas procedeuse á acender todas as luces do interior da igrexa e iniciar a inspección do sagrado templo xaviñán para dar conta do extrano suceso. Instantes despois disto as encargadas atoparon a esas dúa imaxes nos bancos da igrexa. O caso é que estas dúas santiñas estaban totalmente despoxadas das alaxas e collares cos cales os seus feligreses as adornaran con total devoción.

  • Comunions e Bautizos este Domingo en Xavina

    Brais fixo a súa Primeira Comunión e Sheila bautizouse en Xaviña.Hoxe foi un día moi axetreado para o cura párroco de Xaviña xa que se lle acumulou o traballo. Ás 11 da mañá, Don Mario, doulle a Primeira Comunión a Brais Nión Dios (Neto de Sara, Restaurante Sara) e as 12 e media da mañá bautizou a Sheila (Neta do carteiro de Xaviña). Todos os tradicionais ritos sucedéronse con normalidade e a continuación celebráronse as debanditas comidas e banquetes. Desde esta web dámoslle a Norabóa a Brais, Genma e a toda a súa familia.