• Comeza o curso 2011-2012 no IES Pedra da Águia

    O curso comeza no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    FELIZ CURSO !! Xa estamos aquí outra vez. Se ata parece que non houbo vacacións!! O día da presentación sempre é un día un tanto especial: a ver con quen me toca, a ver quen é o meu titor/a, a ver como son os novos... Todo está "por estrear" e se xuntan ilusións e uns gramos de 'medo'. Desde a Biblio queremos darvos a todos a benvida e desexar que as ilusións se cumpran e os medos se convirtan en desafíos a vencer. Desexamos que cando chegue fin de curso as caras sexan, cando menos, tan alegres coma as de hoxe. BENVIDOS!

     

  • Unha profesora exemplar na Ponte

    Desde Camarinas.eu procedemos a publicar unha nova leida no blog do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto e que nos conmocionou profundamente. Trata esta nova sobre a marcha dunha profesora deste instituto que é xa para moitos de nos unha institución dentro e fora do Concello de Camariñas. Estamos a falar da nosa profesora Auri. Este é o homenaxe que lle fan os seus compañeiros de docencia dende o IES Pedra da Águia e no cal podemos ler unhas palabras dela mesma e que procedemos a publicar íntegramente. Ata Sempre Auri:
  • Certame Literario Día das Letras Galegas no IES Pedra da Águia

    Estes días pasados con motivo do Día das Letras Galegas os alumnos do IES PEdra da Águia non pararon de facer actos na biblioteca do seu instituto. Desta volta a propia biblio, o Dep. de Galego e o de Dinamización veñen de entregar os premios do Certame Literario do Día das Letras Galegas. Para comenzar houbo un recitado de poesía a cargo dos alumnos de 1º. Antía, Carlota, Lara e Laura, de 1ºA leron "Letanía de Galicia" de Uxío Novoneyra. Sara e Laura, de 1ºB, leron "Os ratos" de Celso Emilio Ferreiro. Logo os diferentes autores premiados leron as súas creacións: os poemas gañadores, de María Canosa e Raquel Lema, ou algún anaco do texto narrativo premiado, de Rui Santalla e Carlota Campaña. Aquí vos deixamos un vídeo con imaxes do acto.
  • Concurso de curtametraxes por móbil do IES Pedra da Águia e o Concello de Camariñas

    A área de Igualdade do Concello de Camariñas e o  I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizados polo móbil chamado "A Igualdade: Missión Possible". Esta  actividade participativa  de sensibilización e de prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista do seu propio aprendizaxe.
  • IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto: Excursión e simulacro de salvamento en Laxe

    "Si no saben, no estén". Esta sería a lección que deberían de aprender algúns que se aferran ao seu posto e intentan dominar a voz e a ilusión de todo un pobo, que a pesar de algún tarado que outro, sempre ten a razón. Sobre todo porque este pobo é o que lle está pagando o seu cremoso sueldo. Despois, hai outros aos cales non lles viría mal unha cura de humildad.