• Historias de Camariñas: A Escola, por Antonio Puertas "Beldoña"

    Transcorreron xa un lote de anos, dende aqueles afastados tempos en que a xeración miña acudía á escola. Os nenos viñamos sendo, máis ou menos, coma ós de hoxe en día: inquedos, fantasiosos, fieis aos amigos, pillabáns, touporroutous, enxeñosos..., Mais, algo mudou dende aquela infancia da posguerra. Tempos de aros, de espadas de pau, de tiracroios, de Pita Cega, de Mariola... até o día de hoxe, onde todo está a virar en col do móbil, do televisión de plasma, ou do coche de última xeración... Hoxe quero falar un pouco de todo iso, coa perspectiva que está a dar a balanza do tempo, pa poder sopesar unhas e outras vidas, con este fantasioso modo meu pa agrandar as cousas, a través do telescopio da historia miña de hoxe e de onte.

  • Antonio Puertas: O Cobre da Praia de Camariñas

    Nunca comprendín moi ben, como era posible que houbese semellante cantidade de cobre e de chumbo soterrado no limo e nas areas da nosa praia. Todos os raparigos acudíamos a diario á escaravellar cun sacho, pa conseguir uns anacos deses apreciados metais, que tanto nos tiñan valido, pa mercar unha entrada po cine Rialto. Non era posible que aquela riqueza, crecese por obra de maxia, nin que fose a caer do ceo, como maná milagreiro, como antano tiña caído, e alimentara ao pobo xudeu no seu peregrinar a través do deserto. Inda que, as veces, algún que outro avión ferido en combate, como ave abatida, fose un agasallo engadido, d´algúns gramos mais daquel desexado metal, que estaba á desequilibrar a balanza, en favor duns entusiastas vendedores.
  • Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI

    A partir dunhas sinxelas cartillas de racionamento do ano 1939, Antonio Puertas compoñe un maxistral relato acerca dos anos da posguerra en Camariñas. Tempos duros, anos da fame, de odios e rencores, de falanxistas e requetés, de boinas bermellas e camisas azuis, dunha escasez xa esquencida, que non empezou a ser lembrada como un mal soño do pasado ata a aprobación polo Goberno do Xeneral Franco do Plan de Estabilización Económica de 1958, base do futuro miragre económico español. Cronista oficial de camarinas.eu e posuidor duns documentos dun valor histórico invaluable, Antonio Puertas segue a deixar constancia do pasado remoto do Concello de Camariñas nunha nova serie de catro relatos que nos retrotraen, por temática, por argumento, por calidade, ao Neorrealismo italiano, cas súas películas maxistrais de Roberto Rosellini ou Vittorio de Sica ou ao cine español de posguerra ca súa perpetua galería de persoaxes de estómagos baleiros: Surcos (1951), Bienvenido Mister Marshall (1952), El Pisito (1958), Plácido (1961), El Verdugo (1963), etc... Relatos doutros tempos, relatos dos mesmos lugares.
  • Antonio Puertas: Historias de Camariñas V

    Hai xa un tempo que Antonio Puertas publicou no Libro de Familia de camarinas.eu un relato que causou especial impacto nos membros da redacción do medio de comunicación líder da Costa da Morte. Tratábase daquel que por calidade literaria, dominio da toponimia e da orografía, pola cuidadosa e exacta evocación de caracteres e persoalidades que xa non están con nos e pola perfecta recreación duns tempos idos, únicos, merecía ser publicada con tódolos honores na nosa portada. Un relato, ademáis que por temática e categoría non desmerecía en absoluto a calqueira dos incluidos nun dos libros máis importantes e trascendentes da historia da literatura: Relatos de un Cazador, publicado en 1852 polo gran mestre ruso Iván Turguéniev e decisivo, tras unha intensa e penosa lectura, na decisión do Zar Alejandro II de abolir en 1861 a servidumbre que asoballaba ao campesinado ruso a mans dos grandes señores. Así, para deixar constancia ante os medios culturais da Costa Atlántica do maior talento literario da mesma, porque constitúe un honor e un privilexio seguir engrosando a nosa sección de cultura con obras como a presente, procedemos a publicar, formando parte dunha colección de cinco contos, unha pequena xoia literaria: o relato de Antonio Puertas "Os Cazadores".
  • Antonio Puertas: Historias de Camariñas IV

    Si vivíramos nas verdes e apacibles campiñas inglesas e o noso usuario Beldoña fose súbdito da súa Maxestade a Reina Elisabeth II, sen dúbidas estaríamos ante un Cabaleiro do Imperio Británico: Sir Antonio Puertas, o auténtico gentleman de camarinas.eu. Ao longo destes meses dende que comenzou a súa prolífica e fértil carreira de redactor literario da web reina da Costa Atlántica, un regueiro de compañerismo, amistade e talento literario inundou  as páxinas de camarinas.eu. Por eso no que constitúe a súa Cuarta Colección de narrativa Breve con 12 contos publicados no Libro de Familia durante a primavera do 2009, queremos propoñer un brindis por Sir Antonio Puertas, o usuario máis caballeroso de camarinas.eu.  
  • Reportaxe: Festas do Carme Camariñas 1987, ¿as máis longas que se lembran?

    Image

    Agora que está prácticamente a piques de iniciarse ca Virxe do Monte a temporada de festas do ano 2009 no Concello de Camariñas, en Camarinas.eu seguimos rescatando do olvido da historia os diferentes boletíns que en tempos se teñen publicado con motivo das Festas do Carme, deténdonos desta vez en 1987, ano en que unha comisión capitaneada como Presidente de Honor polo noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña ideou un programa de seis días de duración onde en principio estaba previsto ata un pregón a cargo do actor Sancho Gracia ("Curro Jiménez"), un Festival da Canción Mariñeira, a participación de Los 3 Soles del Paraguay e dos mariachis do Ballet Folklórico da Universidade de Colima, México, e un impresionante fin de festa a cargo dunha Ana Kiro que naquel tempo vivía os momentos álxidos da súa carreira. Nova reportaxe de Camarinas.eu que segue a recordar todas aquelas manifestacións culturais e xornalísticas que antecederon no tempo a chegada do xigante cibernético da Costa da Morte.
  • Historias de Camarinas: 3ª Coleccion de Narrativa breve

    "For a few dollars more" foi un lexendario spaguetti-western rodado en 1965 polo mestre italiano Sergio Leone en Almería, e aínda que en España foi traducido como "La muerte tenía un precio", literalmente significaría "Por un puñado de dólares más". Por un puñado máis de relatos de Antonio Puertas en camarinas.eu estaríamos dispostos a dar a luna e o sol con todos os seus habitantes intergalácticos. O caso é que un dos seus brilantes contos ambientado no extinto "Cine Rialto" trouxo á nosa mente todas aquelas películas de indios e vaqueros de orzamentos máis que limitados e guións un tanto ridículos que se exhibían tan a menudo no destartalado Cine do Campo. Catro novas evocacións literarias da Camariñas que fui da man do redactor literario de camarinas.eu.
  • Historias de Camariñas: 2ª Coleccion de Narrativa breve

    Procedemos a publicar a segunda colección de narrativa breve do noso usuario Antonio Puertas (máis coñecido en camarinas.eu como Beldoña) con catro relatos de excepcional calidade literaria onde chega a desentrañar a verdadeira orixe do descubridor das Américas, relata historias de bicos furtivos que deron nome á desaparecida Praia do Bico, explícanos o significado dunha expresión tan camariñana como "cajar o kilo"  ou fálanos daquelas extintas épocas nas que a Vila dos Encaixes se caracterizaba por posuir unha alta tasa de mortalidade infantil. Antonio Puertas, o narrador dun tempo ido, volve a dar outra lección de talento narrativo con catro novas xoias literarias.
  • Historias de Camariñas: unha coleccion de relatos de Antonio Puertas "Beldoña"

    Unha vez publicada a súa Antoloxía Poética, camarinas.eu procede a editar a colección dos cinco mellores relatos breves publicados polo noso usuario Antonio Puertas (Beldoña) no Libro de Visitas da web máis vista con diferencia da Costa da Morte. Si os contos de Juan Camariñán, ca súa mezcla de humor amargo, pesimismo e brutalidade recordan a Antón Chéjov, os de Antonio pola súa rememoranza dos tempos idos, das vellas costumes e tradicións, parecen acercarse máis a Iván Bunin, o primer Premio Nobel da Literatura rusa, que dende o seu exilio francés escribía sobre os vellos tempos da Rusia dos terratenientes vidos a menos, da nobleza rural que se extinguía, unhas épocas sepultadas pola historia, unhas épocas que non volverían. Xusto como as dos relatos de Antonio Beldoña.