• Historia da Ponte do Porto: A Orquesta Mambo

    Infatigable na súa busqueda constante das raíces culturais e históricas do noso concello, Rafael Lema retoma as andaduras musicais porteñas e desta volta indaga o pasado da Orquesta Mambo, seis músicos de acrisolada competencia que animaron as veladas musicais da España dos anos 50 e 60 do século pasado. Unha imaxe de verbenas, sesións vermouths populares en pequenas aldeíñas ou grandes pobos dunha Galicia rural e semiatrasada, de cura, alcalde e Guardia Civil animada dende un rudimentario palco por unha animada orquesta porteña ven aos nosos ollos e fainos rememorar épocas idas para sempre, promotoras do que estaba por vir: trailers espectáculo nos que os máis vangardistas e complexos xogos de luces, sons e danzas en ocasións non permiten ver o bosque. Outro anaco do pasado dun concello e das súas xentes arrastrado ata os nosos días polo gran historiador da Costa da Morte, Rafael Lema.
  • A Banda de Música da Ponte do Porto

    A Banda da Ponte do Porto, evocada polo gran historiador da Costa da MorteUnha vez houbo unha banda de música na Ponte do Porto. Esto tal vez agora non o saiban moitos, pero despois da publicación do presente artigo en Camarinas.eu difícilmente quedará un só veciño do noso concello que descoñezca a epopeia da gloriosa banda porteña. E elo gracias a colaboración fecunda, fértil, tan beneficiosa para as parroquias de Camariñas entre esta redacción e o intelectual que máis sabe do pasado desta Costa da Morte dos nosos pecados, esa mesma que a día de hoxe clama agónicamente polo remate definitivo da vía de comunicación que a rescate do seu atraso secular evidente respecto doutras comarcas desta mesma Galicia que debería cobixar dun mesmo xeito a todos os seus fillos.  Xa que nos impiden contruir o noso futuro, deberemos trasladar os ollos ata o noso pasado cun texto evocador e definitivo, apoiado cun impactante material gráfico, rescatado todo do olvido gracias a labor investigadora, incansable e sabia de Rafael Lema. Todo un luxo historiográfico para esta olvidada franxa atlántica.
  • Acta Bautismal do 1º antepasado camariñán de Máxima Zorreguieta, Raiña de Holanda

    Unha vez postos na pista polo Faro de Vigo, Camarinas.eu segue a dar novos e significativos pasos xornalísticos na gran exclusiva do ano, quen sabe si unha das máis notables da historia, en Camariñas. E faino da man do gran historiador da Costa da Morte, Rafael Lema, quen localizaba esta mesma semana no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela o documento que certifica a veracidade do xa publicado ata o de agora respecto ás orixes camariñáns da actual Raíña de Holanda, Máxima Zorreguieta e que procedemos a publicar en rigurosa exclusiva. Trátase da Acta Bautismal, fechada un 30 de outubro de 1739 na demolida Igrexa do Calvario, do que sería o pai de Micaela Antonia Maurín Baamonde:  Joaquín López Maurín. Unha investigación ademáis que permite realizar importantísimos descubrementos respecto á antiguedade da nosa Festa do Carme así como do volume da flota existente na Vila dos Encaixes por aquelas épocas nas que se xestaban as raíces da Raíña dunha das máis antigas e ilustres monarquías europeas. Segue Camarinas.eu, da man dos mellores, a aportar novos e valiosísimos datos que certifican o gran bombazo xornalístico do noso tempo.
  • Os Maurín e Vázquez Carril en Arxentina

    Rafael Lema aporta interesantísimos datos sobre os antepasados de Máxima de Holanda na Arxentina

    Ante o terremoto informativo desatado por Camarinas.eu na tarde do martes 21 de maio de 2013, o principal historiador da Costa da Morte e colaborador habitual desta redacción Rafael Lema contribúe co seu inabarcable dominio da historia local a arroxar luz sobre a familia da que descende Máxima de Holanda. E así podemos saber que provintes de Camariñas, os Vázquez del Carril dende as provincias noroccidentais da Arxentina foron os pioneiros da introducción da industria vinícola no país a mediados do s. XVIII, ou que aportaron á súa nova nación diversos gobernadores e ata un Vicepresidente do Goberno, o ilustre descendente directo de camariñáns Salvador María del Carril, persoaxe clave nos sucesos que levaron á morte de Lavalle, o protagonista do sublime poema en prosa escrito por Ernesto Sábato, aquel no que un puñado de homes desesperados, tristes restos do exército unitario, cabalgaban cara o norte, sempre cara o norte ("Romance a la Muerte de Juan Lavalle"), e das guerras civís entre unitarios e federalistas, asemesmo glosadas polo escritor entrerriano Manuel Gálvez. Unha familia de Camariñas á que o futuro aínda estaba por deparar o máis grande: toda unha Reina de Holanda.
  • Reflexións do Último Home Libre

    Ramón Dios Carril, un dos militantes máis auténticos do PP, novo colaborador de Camarinas.eu

    Camarinas.eu, a gran páxina apolítica, independente e imparcial da Costa da Morte, presenta á súa pléiade de lectores un novo colaborador que sumar a unha das listas máis ilustres, numerosas e talentosas do panorama xornalístico galego. Para reforzar aínda máis o carácter neutral do gran medio de comunicación do Concello de Camariñas a partires deste ilusionante 10 de maio de 2013, cinco anos e medio e 3.006 noticias despois, unha das figuras clave para democratizar e dotar dun carácter moderado e posibilista o centro-dereita municipal, o militante histórico do PP camariñán Ramón Dios Carril, aquel coñecido popular e cariñosamente entre as masas porteñas como Moncho de Dios, inicia unha colaboración xornalística que esperamos fecunda con Camarinas.eu. E farao acorde cun carácter indomable e independente como o seu, a contracorrente de imposicións externas e ao marxe  de dictados orgánicos, elexindo e desenrolando temas dende o seu peculiar e innegociable punto de vista. Co gran público da Costa da Morte, Moncho de Dios, o último home libre.
  • Os Desastres da Guerra en Camariñas

    O Xeneral inglés Sir John Moore, un dos protagonistas principais da Guerra da Independencia en Galicia

    No que sen dúbidas constitúe un novo exercicio de virtuosismo historiográfico, o colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema, publica en rigurosa exclusiva na web líder da Costa Atlántica o seu segundo artigo adicado aos terribles e descoñecidos sucesos acecidos no Concello de Camariñas durante a Guerra da Independencia (1808-1814) contra o invasor francés. No mesmo o puntillismo, rigor, afán de esclarecemento e rastreo de datos históricos polos diferentes arquivos son levados ao extremo polo gran historiador da Costa da Morte. Un artigo contrastado e vital para coñecer o que acontecía por estas terras hai xusto douscentos anos, de lectura obrigada para a intelectualidade desta Franxa Atlantica e que constitúe un honor e un privilexio publicar en Camarinas.eu.
  • Exitosa Conferencia de Rafael Lema

    Rafael Lema invitado especial dunha prestixiosa conferencia no Ateneo madrileñoO prestixioso historiador da Costa da Morte Rafael Lema ven de colleitar un importante recoñecemento máis a toda unha carreira profesional chea de éxitos. Nin máis nin menos que no histórico Ateneo de Madrid, ante preto de 300 asistentes e xunto a recoñecidas figuras do ámbito naval, o investigador porteño participou nunha conferencia sobre un aspecto no que Rafael constitúe sen dúbidas uns dos maiores expertos a día de hoxe: a historia dos naufraxios na Costa da Morte. Por elo, ninguén mellor que o colaborador de Camarinas.eu para disertar sobre unha realidade que coñece como ninguén, froito todo elo dun traballo tenaz, serio e documentado ao longo de toda unha vida adicada á investigación historiográfica.
  • Os Sucesos de 1809 en Camariñas

    Foi en 1808 cando, tal que agora, abandoado polos seus patéticos e corruptos gobernantes o pobo español encarou en solitario a invasión francesa: foron os heroicos días nos que xurdío por vez primeira a Nación Española, epopeia materializada un 19 de xullo no glorioso campo de batalla de Bailén (Jaén), primeira derrota dun exército napoleónico. Unha ola incontible de fervor patriótico que se extendío como un regueiro de pólvora por toda a Península Ibérica que levaría seis anos despois á victoria inapelable sobre as armas francesas e da que Camariñas non podía permanecer allea. Uns feitos, os da invasión napoleónica no noso concello e o os terribles sucesos que en 1809 terían lugar, que son agora deconstruidos maxistralmente pola pluma historiográfica do noso colaborador Rafael Lema nun artigo que engade unha nova volta de tuerca a uns sucesos ata de agora pouco explorados e que aporta unha nova e interesante perspectiva ao debate histórico. Todo elo froito do traballo serio, exhaustivo, documentado ata a extenuación, do gran Historiador da Costa da Morte.
  • Pola beira do Río Grande (II)

    Xoán Ramón Carballo volta a Camarinas.eu coa súa segunda entrega de Pola Beira do Río Grande

    Dentro dun dos maiores esforzos literarios acometidos para retratar unha vila e unha época, Camarinas.eu procede a publicar a segunda parte de Pola Beira do Río Grande, a narración en tres capítulos desenrolada polo enxeñeiro técnico industrial porteño Xoán Ramón Carballo.  Toca deterse no segundo dos episodios nunha exemplar institución porteña que en breve, á volta da esquina, cumprirá o seu primeiro centenario de vida: a Sociedade Recreativa e Instrutiva O Casino, así como do importante patrimonio pictórico que alberga a máis antiga institución asociativa do Concello de Camariñas. Nunha evocación que constitúe un auténtico luxo, a través dun ritmo sosegado e firme, como o do discorrer das augas dun río, Camarinas.eu ten o honor de ofrecer aos seus lectores unha narración que pasa deste xeito a formar parte dos fondos literarios da máis importante e nutrida sección cultural da Costa da Morte. Con todos vos, Xoán Ramón Carballo, Pola Beira do Río Grande.
  • Naufraxio do Vapor Gijón

    Xosé Troiano recupera no seu aniversario para Camarinas.eu un dos naufraxios máis tráxicos da Costa da MorteTal día 21 do mes de xullo de 1884, fai 128 anos, houbo unha gran desgraza, un gran desastre tanto no material como no humán. O vapor español "Gijón" levaba correo pra Cuba pero tamén persoas que ían pra aló, non se sabe cantas persoas ían a bordo pero sábese que na Coruña embarcaran 54 e que xa viña de Santander de embarcar a máis xente. Tan só houbo 56 superviventes entre o vapor español e o inglés "Laxham" con quen chocou, así que botámoslle contas e estas dánnos moi malas novas. Suponse que poderían ir unhas 160 persoas polos cálculos dos xornais da época pero só son suposicións. Houbo outro vapor inglés con nome español chamado "Huelva". Este afundíu só, mais tivo sorte porque eiquí salvaríanse tódolos tripulantes. A nosa Costa Brava faltaríalle pouco pra que definitivamente se chamara Costa da Morte. Eiquí deixamos o que se relatou dende o xornal "El Imparcial", tal día como un mércores, 23 de xullo de 1884.
  • Naufraxios do Douro e do Irurac Bat

    Travesía pola historia da Costa da Morte da man de Xosé TroianoDespois duns días de paréntesis por mor das inaprazables e fructíferas obrigas laborais, aquí volve Camarinas.eu, a web que fai frente aos ataques da ultra dereita máis violenta e dos autodenominados directores de estercoleiros cibernéticos que a alentan e apoian. E facémolo cun artigo que relata unha traxedia marítima acaecida non moi lonxe de Camariñas e que contribuío decisivamente a nomear á nosa costa como aquela que levaba nas súas entrañas un poso mortífero e cruel. Foi o afundimento por colisión entre o Douro e o Irurac Bat, catástrofe rescatada de remotos arquivos bibliográficos por Xosé Troiano, o gran investigador da historia de Camariñas.
  • Naufraxios do Kenmore e Draga Rosario

    Xosé Troiano volve a arrancar dos arquivos un anaco da Historia de CamariñasFiel ao seu compromiso perenne ca historia do seu pobo, Xosé Troiano volve ás páxinas de Camarinas.eu para impartir unha lección maxistral acerca dos naufraxios do Kenmore e da draga holandesa Rosario. Desta volta a súa labor investigadora levouno a un allado exemplar de inicios de 1904 do xornal "El Mundo Futuro", que daba conta aos seus lectores da enésima desgracia acaecida nas augas turbulentas da Costa da Morte. Dous naufraxios que a memoria colectiva da Vila das Palilleiras non parece ter demasiado presentes e que nembargantes son rescatados das sombras para o gran público camariñán gracias ao traballo meticuloso, infatigable, sempre productivo de Xosé Troiano.
  • O Faro Vilán de Camariñas nunha revista de 1910

    Dentro da laboura, imprescindible, vital de necesidade, de recuperación da memoria histórica do noso concello é chegada a hora de render dende estas páxinas a debida homenaxe á labor que duns anos a esta parte está a desenrolar dentro do ámbito historiográfico camariñán o noso querido amigo e colaborador Xosé Troiano. Unha laboura minuciosa de rastrexamento intensivo das fontes históricas dunha terra que nunca foi moi dada a deixar pegada sobre o papel do seu periplo vital ao longo dos séculos. Nesta ocasión, recuperando unha pequena xoia bibliográfica, Xosé do Italiano remóntase ata as épocas da Restauración Española, en pleno ano 1910, para deixar constancia dun artigo publicado na revista "Vida Marítima" que glosaba unha viaxe ao máis fermoso, o máis inexpugnable, dos faros e ao coqueto pobo branco que durmía a súa sombra...
  • Castelo do Soberano

    Imaxe histórica de visitantes ao Castelo do SoberanoRetomando os escritos que non hai moito tempo publicara no Libro de Visitas de camarinas.eu  acerca das orixes do Castelo do Soberano, este xoves 7 de xullo de 2011, Día de San Fermín, o noso usuario Juan Camariñán pasaba revista na súa páxina do facebook un dos episodios máis escuros e tenebrosos da nosa vila. Episodio estreitamente ligado á fortaleza defensiva construida en tempos do Rei Carlos III e que, de ser certas as crónicas, provocaría unha masacre que levou ao práctico exterminio de cáseque toda a poboación que habitaba aquela Camariñas de inicios do Século XIX. Un xenocidio semellante ao que os batallóns de castigo das SS perpetrarían sistemáticamente cento cincuenta anos despois nas aldeas de Bielorrusia e Ucrania. Estamos a falar da heroica Guerra de Independencia que orfo dos seus monarcas, abandonado polas súas élites, traicioado vilmente polos que foran os seus aliados, gañou en solitario o Pobo Español ao invasor napoleónico e que escribío na vila de Camariñas e no seu Castelo do Soberano unha das súas páxinas máis tristes.
  • Antonio Puertas: Feira do Encaixe

    Agora que se conta ca perspectiva suficiente para enxuizar a derradeira edición do principal certame encaixeiro a nivel mundial, a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas, cómpre vislumbrar da man xenial do principal historiador do Concello, Antonio Puertas, cal era a situación do encaixe a comenzos do século XX. Anos nos que outras terras portaban o estandarte da arte encaixeira polo resto do planeta mentras Camariñas, o único e auténtico berce, languidecía nun triste abandono ata que un proxecto visionario, creado a principios dos anos 90 e co que a Vila das Palilleiras reconquistou no que non deixaba de ser un acto de xustiza histórica sen precedentes o seu lugar de predominio no ámbito do encaixe de bolillos, volvía resituar a situación nos seus xustos términos.
  • Nostalxias dun tempo xa pasado III

    Xoán Ramón Carballo, colaborador de Camarinas.eui

    Coa a idea de lembrar tempos xa moi lexanos, retomo esta ristra de nostálxicas crónicas referidas a  participación na temporada fundacional da Liga da Costa (1.964), na que tomou parte o  Porteño, sendo por tanto, o club decano do Concello de Camariñas en competicións oficiais. Deixábamos no derradeiro relato o Porteño e os seus seareiros degustando e relambendo as meles do primeiro e rotundo triunfo a costa do Laxe. Nos faladoiros das tabernas e sobre todo na porta do Casino -verdadeiro foro tertuliano onde se concentraba o cumio do sanedrín futbolístico porteño- os ánimos tiñan mudado dabondo e despois dos malos resultados do comezo de liga, agora, entre o pulo que producía o clarete, ou a chiquita de branco ribeiro (viño que naquela época tiña unha sospeitosa cor ambigua e turbia), facía que os mais eufóricos, xa falaban e prognosticaban que ”O domingo janamoslle ao Cee”. Mais as ledicias duran pouco na casa do pobre.
  • Antonio Puertas: Homerrard Bound

    Antonio Puertas arranca do pasado histórico de Camariñas outro impresionante relato

    A relación que existía entre Camariñas e un nación de tan grande vocación mariñeira como Noruega non se circunscribía como críamos ata o de agora ao matrimonio entre o camariñán Juan Manuel Pasantes Pérez e Camila Nilssen. Patria dalgúns dos máis intrépidos exploradores de rutas polares (Roald Amundsen, Fridtjof Nansen...), a Vila das Palilleiras foi honrada nun lonxano día do ano 1886 ca visita de tres arriscados mariños noruegos que, nunha ruta que mantivo en vilo ao mundo, partiran da austral e remota Natal (actual Sudáfrica) once meses antes nunha lixeira embarcación e sin máis axuda co arroxo e sabiduría mariñeira típicos dos homes da fría Escandinavia. Historiador oficial de camarinas.eu, Antonio Puertas bucea nos máis antigos arquivos históricos de Camariñas para brindarnos un relato maxistral que recolle un dos episodios máis descoñecidos do pasado da vila.
  • Nostalxia dun tempo xa pasado II

    Xoán Ramón Carballo colaborador de Camarinas.eu

    O paralelismo entre os primeiros días de dous clubs veciños e irmáns, se ben separadas ambas experiencias por un transcurrir de máis de 45 anos, serve a un auténtico todoterreno do deporte (xogador do primer Porteño, do Xallas, atleta no Celta de Vigo, balonmanista no Balaídos de Vigo, árbitro da División de Honra de Balonmán e na Olimpiada de Barcelona 92, actual Presidente do Club Líceo Marítimo de Bouzas) e usuario de camarinas.eu, Xoán Ramón Carballo Alvite, para escribir un novo artigo que continúa a evocar a difícil e tortuosa xénese dun club chamado a facer historia na Liga da Costa. Recordos dun home que dende o lonxano sur galego non deixa de ter presente nin un só momento o concello da súa alma e de forma desinteresada e altruista colabora por propia iniciativa na web de Camariñas a través dunha colaboración que constitúe todo un luxo e todo un honor para o gran medio de comunicación de masas da Costa da Morte. De forma semellante á evocación dos días gloriosos do FC Camariñas por Juanillo a través dos recordos do último gran dianteiro pánzer da Costa, o mítico Jamela, a colección de artigos de Xoán Ramón Carballo Alvite quedará para os anales do meirande arquivo gráfico e escrito da historia do Concello de Camariñas (aquel integrado polas cáseque 2.000 noticias publicadas nos 40 meses de existencia de camarinas.eu) como a lembranza da nostalxia dun tempo xa pasado, o dos primeiros días de existencia dun club chamado a facer historia na Liga da Costa: o F.C. Porteño.
  • Nostalxias dun tempo xa pasado

    Xoan Ramón Carballo: novo colaborador de Camarinas.eu

    A partir dos recordos evocados recentemente, de forma un pouco esaxerada eso si, polo que foi o primoxénito do seu primer presidente, camarinas.eu procede a reconstruir a epopeia dos primeiros días de vida do Porteño FC e faino a través dunha colaboración excepcional: a de Xoán Ramón Carballo Alvite, enxeñeiro técnico industrial, actual Presidente do Club Liceo Marítimo de Bouzas, ex-árbitro da División de Honra de Balonmán, participante por elo na Olimpiada de Barcelona 92, pero sobre todo aos efectos do presente artigo, integrante daquela histórica plantilla do Porteño FC que botou a andar na primeira Liga da Costa na tempada 1963/1964. Unha nova colaboración para a web líder da Costa da Morte, que constitúe un auténtico luxo e todo un honor para esta redacción  e que debuta cun documentado e ameno artigo que pasa revista aos días iniciáticos dun club pioneiro dentro do fútbol da Costa a través das lembranzas dun protagonista privilexiado dos mesmos. As lembranzas dun tempo xa pasado.
  • Bicentenario da Guerra da Independencia: De cando os franceses invadiron Camariñas

    Segundo o relato do capitán Nicolás Marcel, integrante do Sexto Corpo do Exército do Mariscal Michel Ney nas Campañas de España e Portugal (1808-1814) e participante nos feitos, nos primeiros días de maio do ano 1809 a meirande parte dos habitantes de Camariñas foi masacrada e a vila queimada ata os cimentos polo invasor francés. Feito tan terrible debería ser obxecto dunha omnipresente lenda popular que recordase aos héroes caídos e o feito recordado permanentemente polos máis vellos do lugar e inmortalizado na toponimia, costumes e festas. Sen embargo, a presencia da Guerra da Independencia no imaxinario colectivo camariñán foi sempre prácticamente nula.