Nas últimas semanas no camarinas.eu trouxemos un conto deses que se narraban ao redor do lume nas noites de inverno máis frías e unha lenda que explica a orixe do froito que da nome a vila de Camariñas. Esta semana non vai ser menos e continuaremos a afondar nas tradicións locais, so que desta vez será de un xeito un pouco diferente xa que trataremos algo que continua na actualidade, algo que segue presente como son as festas do Carmen. O método tamén será distinto, desta non serei eu que vos conte a historia. So volo vou a presentar . Trátase de un vídeo que nos pasou Manolo un usuario deste xornal que reside en Suíza. Nel vese a procesión da Virxe do Carme que se celebrou no ano 1987 con motivo das festas da patroa dos mariñeiros na localidade camariñá.
Votádelle unha ollada a ver se vos atopades no medio da xente, se vedes a un ser querido ou para os máis peques da casa se recoñecen aos seus pais cando eran máis novos, pero sobre todo estade atentos a como se vivía no 1987, coa mesma paixón que agora, unha das tradicións máis vivas que conservamos no noso Municipio.
Fai uns anos sempre estaba a camiñar pola biblioteca da universidade da Coruña a voltas. Facíao moitas veces na procura de libros novos que ler. Achegábame a un estante e collía un exemplar ao azar, ollábao un anaco e se me interesaba levábao a mesa para sacarlle todo o partido que puidera. A cousa e que un día andaba nesta costume miña cando de pasada pareceume ver o nome da vila de Camariñas e volvín sobre os meus pasos. Estaba no estante de arriba de todo na última planta. Non me lembro do título, tampouco do autor, pero si de unha das dúas lendas que gardaba sobre Camariñas no seu interior... máis ou menos dicía así: