• As novas tecnoloxías fan de “Camariñas, o mar todo” un voceiro virtual dos recursos turísticos
 do litoral camariñán

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “Desenvolvemento da zona costeira da praia do Ariño”, executados con fondos europeos dos Grupos de Acción Costeira- GAC3 Costa da Morte. O obxectivo de ambas iniciativas foi valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar e a cultura mariñeira como eixo central. 
No acto estiveron presentes a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Encaixe, Sandra Insua Rial; o xerente do GAC3-Costa da Morte, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; Eugenia Juncal e Pedro Tasende, representantes, respectivamente, de Valora Consultores e Aporta Comunicación, empresas responsables da execución dos proxectos.