• O Faro Vilán centro do sector turístico da Costa da Morte

    Unha decena de profesionais do sector turístico da costa galega participou hoxe, luns 3 de decembro, no 'Fam Trip' Ruta dos Faros dedicado a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta que se atopan nos concellos do territorio do GALP Costa da Morte. O obxectivo principal desta iniciativa é dar a coñecer os recursos turísticos máis salientables do territorio.