• Camariñas Conservas Boya 22 - 29 AD Xiria de Carballo por Moncho Canosa

    Derbi comarcal moi esperado e disfrutado por toda a xente do balonmán, como se puido ver nunhas bancadas a revosar. O partido caeu do lado carballés, un conxunto máis acostumbrado a este tipo de partidos e cunha plantilla máis compensada e amplia, e no mellor momento da tempada. Colleu o Xiria unha ventaxe importante ao pouco de comezar o duelo que fixo que tiveramos que remar a contracorrente o resto do partido.
  • O CB Camariñas Conservas Boya a un partido da gloria

    Este jueves fai catro anos que jañamos a lija de sejunda sejún o noso jran estadístico o Sr. Quin, e o sábado podese repetir a historia e consejir a sejunda "estrela no peito", son os mesmos anos que levo fora de Camariñas, e a verdade sinto duas cousas moi fortes, a primeira e que supera a todas as demais e unha jran alejría e moito orjullo, porque sintome parte de ese pobo e sobre todo de ese club, a sejunda e a morrinha, da xente, do mar e claro da jastronomía (os codillos de Ramón son inolvidables).