• Desguace definitivo da gabarra Prima

    Ao longo de todo este tempo as analoxías non puideron ser máis evidentes... e inquedantes. Cando alá polo 14 de xaneiro de 2014 a gabarra Prima embarrancaba frente as costas de Reira, a Ucrania da que traía orixe comenzaba a descarrilar con estrépito dentro do concerto internacional das nacións. En ámbolos dous casos todo se debía a un mesma causa: un serio erro de apreciación das circunstancias circundantes. No caso da gabarra moldava era nunha derrota equivocada polos turbulentos mares da Costa da Morte, no caso de Ucrania unha incorrecta apreciación da realidade do país levaba aos máis exaltados sectores nacionalistas da súa parte occidental, nazis de toda a vida incluidos, a iniciar un proceso de cruenta guerrilla urbana que remataba ao pouco tempo ca defenestración do presidente lexítimo e polo tanto ca consumación dun auténtico golpe de estado. Ante este estado de cousas, puros feitos consumados novamente, a resposta da outra metade do país non podía deixar de ser máis predecible: prorrusa, ortodoxa e nostálxica da época soviética, asentados nun territorio que sempre se considerou parte de Rusia ata que na década dos anos 20 foron delineadas polos xerarcas comunistas arbitrariamente as fronteras interiores das diferentes repúblicas soviéticas, a alternativa da secesión violenta era a única posible. E así foi como nunha siniestra concomitancia histórica, unha destartalada gabarra moldava chegada dende ese mesmo porto de Odessa onde tres meses despois 40 prorrusos ían a morrer calcinados e asfixiados no incendio provocado dun edificio de sindicatos e esa Ucrania da que traía orixe, se atopaban sendo sometidas a un mesmo proceso de desguace. Nun caso operado por operarios dunha empresa de demolición, noutro a mans do seu moito máis poderoso, histórico e envidiable veciño ruso.
  • Continúa o destartalamento da gabarra Prima

    Tal que que o seu país de orixe, Ucrania, así se atopa de malbaratada a Gabarra Prima. Partira hai un tempo dun porto mítico, de bastante máis renome que o país que lle da acougo, a Odessa das mafias de pequenos rateiros xudíos, da paixón colombófila de Isaak Bábel, a da escalinata máis famosa da historia do cine, copiada ata a saciedade por Coppolas, De Palmas, Terry Gilliams, Woody Allens ou George Lucas, fixérao xusto cando alá pola en tempos chamada Pequena Rusia empezaban as algaradas que levaron o país ás portas mesmas dun conflicto de díficil premonición para embarrancar final e lastimeiramente nas costas de Reira. Porque do mesmo xeito que o seu patria de orixe, nos últimos días agravouse o estado do Prima e agora está xusto a piques de partirse metade por metade, neste caso nunha proa e nunha popa divididas por un burato que semella un túnel do tempo e do espacio, naquel entre un este católico e occidentalizado, refluxo que foi do Reino Polaco-Lituano primeiro e do Imperio Austro-Húngaro despois, e un oeste mineiro e agrario e un sur ribereño, entre o que destacan as rusificadas Crimea ou a mesma Odessa. Reira e a Praza Maidan como sinónimos por un día dunha mesma analoxía: a da ruptura dunha triste gabarra provinte do Mar Negro e o dun país, que como tal, como protagonista por sí mesmo da historia e da comunidade internacional, nunca existío e tal vez non vaia existir nunca máis.
  • Camarinas.eu referente mediático no afundimento do Prima

    A condición de Camarinas.eu de medio absoluto de referencia da súa área de influencia poucas veces quedará tan sobradamente demostrada como no mediodía do pasado martes 14 de xaneiro de 2014. Apenas comenzaba a difundirse polos distintos eidos que unha gabarra encallara xustamente frente ás costas de Camariñas cando redactores de ata cinco prestixiosos e influintes medios de comunicación nacionais e europeos poñíanse en contacto urxente co director da web máis seguida da historia desta Franxa Atlántica. O primeiro deles era o xornalista da canle televisiva internacional Euronews José Miguel Sardo, o cal inquiría por información e imaxes cas que ilustrar aos televidentes europeos do que acontecía na lonxana e lúgubre Costa da Morte. Non moito despois, e tras acordar a pertinente autorización desta redacción, era ABC, medio de referencia para a Dereita española dende hai máis de 100 anos, o que ilustraba cunha imaxe de Diego Alonso Freire durante toda a xornada a súa cobertura nacional deste novo naufraxio acaecido nas nosas costas. A elo sumábase por suposto, outra edición máis da alianza estratéxica habitual que une dende hai xa seis anos a Camarinas.eu con La Voz de Galicia, e así unha imaxe desta web formaba parte da galería fotográfica ca que o líder informativo absoluto galego cubría a noticia. Finalmente eran dous vídeos propios, tranferidos en formato HD ás televisións autonómicas galega e madrileña, as que abrían os seus telexornais e facían chegar a millóns de televidentes o que acontecía nun recóndito recuncho atlántico. Se ben as colaboracións puntuais con grandes medios de comunicación sempre foron unha cosntante neste xa sete anos de andaina xornalística continuada, nunca de forma tan abrumadora se poñía de manifesto o carácter de referencia absoluta e case única de Camarinas.eu e se premiaba o rigor, credibilidade, capacidade de análise case sempre acertada por anticipación e peculiar tratamento narrativo das noticias que caracterizaron dende o primeiro día ao líder intratable da información nesta Franxa Atlántica.
  • EXCLUSIVA!! Embarcación embarrancada en Reira

    Realmente era o único que lle faltaba ao peor inverno, o máis maléfico, o máis devastador, o máis agreste, en décadas. A imaxe máis típica da Costa da Morte tiña lugar na madrugada deste martes 14 de xaneiro de 2014 cando embarracaba en Reira a gabarra de nacionalidade moldava "Prima", de 105 metros de eslora, que ía en tránsito dende Odessa (Ucrania) a Riga (Letonia) cun cargamento de terra. O suceso acaecía á altura da pequena urbanización situada no lado dereito do camiño que leva ao Cemiterio dos Ingleses, cando o Prima que estaba a ser remolcado por outra embarcación debido á forte marexada existente na zona perdío o contacto co seu remolcador (o West, con bandeira das Antillas Holandesas) e fui embarracar nas pedras do litoral camariñán. Elo debíose a que rompío o cabo do remolque e fui enredarse na hélice. O cabo xa rompera a última hora da tarde preto do Cabo Touriñán, de xeito que o buque de Salvamento "Don Inda" que en principio se aproximaba ata o lugar para prestar auxilio ao Prima decidío finalmente remolcar o West e poñer así a salvo aos seis tripulantes do mesmo. Xa mañán de deste martes ata o lugar desprazáronse técnicos de Salvamento Marítimo procedentes da base estratéxica de Fene para inspeccionar o estado da gabarra e tomar as medidas pertinentes. Un lugar, epicentro de naufraxios dramáticos de distinto calado para a navegación, dende traxedias humanas insondables como a do Serpent, ata embarracamentos sen maiores consecuencias, no que tiña lugar este novo accidente marítimo do que en principio non hai que lamentar perdas humanas. Non podería ser ésta a única desgracia marítima dado o estado da oleaxe e as prediccións para os días vindeiros que alertan sobre un novo temporal, polo que dende esta redacción pregamos se extremen todas as precacións necesarias.