Pois ao final resulta que a liga de fútbol base ven a ser moito máis excitante que a dos maiores. Nesta derradeira xornada a Escola de Fútbol do FC Camariñas tivo varios encontros de gran rivalidade dos que desfrutamos todos os afeccioados ao fútbol base de Camariñas. O primeiro deles no fútbol sala enfrontaba aos benxamíns das Baleas contra os do FC Camariñas levándose o partido con moi bo xogo os chavales do adestrador do Camariñas Saviola que se estreaba no derby camariñán con victoria contundente. Nos alevíns eran os rapaces das Baleas os que superaban amplamente ás rapazas e rapaces do FC Camariñas. Pero ao final, uns e outros, compañeiros que son de escola, celebraban o final do partido dándose un agarimoso saúdo fronte a todos os pais e nais. Os bravos nenos do equipo Benxamín B do FC Camariñas caía con toda a honra diante do Carnota por un total de 2 a 4. Moi orgulloso estaba o adestrador destes pequenos guerreiros que día tras día avanzan no seu aprendizaxe como futbolistas. E xa no fútbol herba chegaba o turno dos benxamíns do FC que poñían contra as cordas a todo un potente Cerqueda aos cales gañaban finalmente por un total de 6 goles a 4. Os campións de liga e copa da temporada pasada, os benxamíns do FC Camariñas, colleron finalmente o ritmo de cruceiro e están en condicións de quedar nos primeiros postos da clasificación da súa pequena liga. Pero xa están collendo o testigo os pequenos prebenxamíns que van con toda en banda e contan todos os seus partidos por victorias. Uns pequenos campións que están sendo o furor desta liga prebenxamín da Costa da Morte 2018-19.
Excitante xornada de fútbol da canteira do FC Camariñas a deste derradeiro fin de semana na que os pequenos deportistas conseguiron variedade de resultados aínda que estes sexan o de menos vendo a forza e ilusión que lle poñen os nosos a cada partido. Non hai máis que ver algúns dos partidos desta escoliña de fútbol para comprobar que os nosos nenos están a converterse nuns grandes futbolístas, loitadores ata o final e respetusosos dos seus compañeiros e adversarios deportivos. Unha fin de semana na que os nosos nenos dixeron adeus ao seu querido adestrador JM Ordóñez que deixa os banquiños da escola de fútbol despedíndose persoalmente hai uns días dos seus pupilos e reciben ao novo adestrador Saviola que volve a coller as riendas duns equipos aos que víu nacer. Dende a redacción deportiva de Camarinas.eu queremos dar a benvida a Saviola, ao cal mostramos todo o noso apoio e axuda, e despedimos ao noso querido amigo JM Ordóñez ao que estaremos eternamente agradecidos polo seu traballo. A continuación deixámosvos os resultados de todos os equipos que conforman a Escola de Fútbol do FC Camariñas ademáis dun video do espectacular encontro de fútbol sala desputado polos benxamíns do FC Camariñas fronte ao Manuela Rial de Cee.