• Fran Barcia desvela en Radio Nordés máis secretos do proxecto "Eu son Camariñas"

    Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á parroquia de Camariñas neste proxecto audiovisual. Fran contáballe a Josiño de Radio Nordés algunhas das claves do video que se está a preparar, pero sen dar moitas máis pistas e mantendo a incertidume sobre este sorprendente traballo audiovisual. E nos dende aquí seguimos con esta tensión de saber algo máis deste proxecto audiovisual que ten a todo o Concello de Camariñas sumido nunha profunda intriga.

  • Cumpreanos musical no Café Bar Arnela

    Constitúe xa un clásico do verán camariñán a celebración do cumpreanos do xoven Francisco Barcia Trashorras no Café Bar Arnela. Xunto aos seus pais e amigos dos Panchos do Jolfendro unha tremebunda festa presidida sempre pola mellor música galega apodérase do local emblemático do Barrio de Corea. Nembargantes e como novidade frente a edicións precedentes este ano a celebración do seu vixésimo cumpreanos contou ca presencia dos seus compañeiros da Asociación Cultural Xacarandaina, de cuio grupo forma parte este xoven virtuoso da música (xunto co seu irmán que tamén toca varios instrumentos). Camarinas.eu estaba presente naquela noite de agosto de 2008 na que Fran cumpría 16 anos, estivo na do 2010 na que cumprío 18 e, obviamente, tiña que estar na do 2012 na que chegaba ao doble díxito. Sempre baixo o telón de fondo da mellor música tradicional galega, vaia dende aquí a enhoraboa polo seu 20º cumpreanos a un dos nosos máis firmes talentos musicais
  • Mago de Oz visita o Cafe Bar Arnela

    camarinas.eu sigue ca cobertura da viaxe que tras o concerto do venres 14 nas Festas da Xunqueira de Cee levou a recalar en Xaviña durante uns días a Carlos Prieto "Mohammed" e Fernando Ponce de León, membros de Mägo de Oz, o multitudinario grupo de rock duro con influencias celtas orixinario do barrio de Vallecas (Madrid). Nesta ocasión, acompañados dun dos mellores gaiteiros do noso concello, David de Xaviña, non quixeron perderse a espectacular festa que tiña lugar o sábado 15 no Café Bar Arnela para celebrar o 17º cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras, outro músico virtuoso se ben do acordeón,  e na que coincidiron cas potentes e aterciopeladas voces dunha Coral de Camariñas que se quixo sumar á celebración, montándose un impresionante espectáculo musical no que tamén tomaron parte activamente estes dous músicos profesionais, integrantes dunha das bandas rockeiras máis famosas de España. En fin, o que non pase no Arnela...
  • Cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras: Un ensaio para outra festa no Arnela este venres 22

    Pois nesto que estábamos tan tranquilos tomando un Jack Daniel's no Café Bar Arnela na noite deste último sábado 16 de agosto, cando de repente se montou o disparate. É decir, chegou un gaiteiro, un acordeonista, danzarinas sensuales, unha pila de xente e armouse unha boa festa. A ocasión non era para menos: Francisco Barcia Trashorras, todo un virtuoso do acordeón tal e como tivemos ocasión de comprobar, cumpría 16 anos e para festexalo elexío o mellor lugar posible, o Café Bar Arnela, sede de Camarinas.eu.