• Fotos Historicas: O Alambique secreto de Don Ricardo

    Unha das clásicas e terribles churrasacadas no baixo de Don Ricardo en Area da Vila
    Unha das clásicas e terribles churrasacadas no baixo de Don Ricardo en Area da Vila

    As cousas feitas na casa saben mellor, como ben sabía o noso querido profesor

    Don Ricardo, o ilustre profesor que todos coñecemos en Camariñas e camariñán adoptivo era e é un gran home ao que lle gustaba compartir todo o que tiña cos seus amigos e veciños, por iso, cando se poñía a facer a súa propia caña de herbas quería que os seus compañeiros foran os primeiros en probala recén saída do alambique. A explosión de sabores que esta caña producía era incalculable según dicían e non eran poucos os amigos que lle pedían unha pequena botelliña para levar á súa casa, cousa á que Don Ricardo nunca se negaba. Era este día de destile brutal unha festa na casa de Don Ricardo o cal preparaba unha gran churrascada para deleitar aos seus. Estas fotos que hoxe trae camarinas.eu ás súas páxinas son unha prova delo e nelas podemos ver entre outros a un dos nosos redactores (cun chandal amarillo moi bonito, prenda que tanto lle gusta levar debido á súa afición á práctica do deporte) xunto ao xa falecido Argentino vello, grande e respetado home de Camariñas.
  • Fotos Historicas: Aqueles anos oitenta en Camariñas

    Inauguración da estatua da Palilleira de Camariñas.

    As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua
    As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua

    Camarinas.eu trae nesta ocasión á súa portada a inauguración da Estatua da Palilleira. Se hai un símbolo que representa a Camariñas ao longo de todo o mundo, ese é o da Palilleira. Estandarte da muller camariñana, que traballaba a reo palillando para traer uns cartiños que sumar aos que o seu marido, esforzado mariñeiro, conquería duramente nas súas travesías polo bravo mar da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver tres fotos deste histórico evento a tamaño natural.

  • Fotos Históricas: O camión do Asturiano da Ponte do Porto

    Dado que Telefónica segue sen arranxar o problema da conexión a internet da redacción de camarinas.eu, non podemos cumprir con normalidade o compromiso cos nosos usuarios, podendo únicamente editar noticias a contagotas. Nesta ocasión temos entre mans unha imaxe que moitos veciños da Ponte do Porto poden recordar coma se fora onte: o mítico camión Barreiros do Asturiano que facía a súa propia sidra na nosa querida vila porteña. O Asturiano, gran home xa falecido hai anos, aparece na foto coa camisa azul.
  • Fotos Historicas: O corno de Estrella da Jabacha

    Unha imaxe típica de Camariñas 

    Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno
    Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno

    Esta é unha imaxe que, a pesar de non ser vella, xa non se ve en Camariñas. A protagonista desta historia é a señora Estrella da Jabacha que vendía as pezas de peixe que pescaban o seu home e o seu fillo (Juan do Caracol, pai e fillo) no mítico barco camariñán chamado "Caracol". Estrella solía chamar aos seus clientes cun corno que o seu home "O Caracol" lle traia do mar. Ela poñíaos a secar para que lle saíra a carne, limpiabaos ben e provabaos para ver se sonaban, porque non todos sonaban como ela quería. Pulsa na imaxe para ler o artigo completo.

  • Fotos Historicas: Ponte do Porto 1970

    Camarinas.eu está interesada por igual en todas as parroquias que conforman ese mundo informativo que se chama Concello de Camariñas. Por iso, nun esforzo sen precedentes lanzou este fin de semana todas as súas divisións mediáticas para lograr a conquista informativa da nosa querida e fermosa vila porteña. Nos arquivos olvidados e invaluables de camarinas.eu atopamos esta semana esta fermosa foto que conmemora un acontecimento histórico de gran relevancia: a conquista por un humilde pero bravo equipo dunha pequena vila que paso a paso, golpe a golpe foi eliminando do camiño a equipos moito máis importantes e poderosos para ao final gañar o título de Campeón da Copa da Costa nunha final heroica. Na foto podemos ver mesturados a xogadores e membros da directiva nunha festa totalmente xustificada: Moncho de Dios, Ricardo do Barbeiro, Italia, Pepe da Ferrala (Canillas), Pichurri,  Suso do Banco Pastor (Membro da directiva), Luis do Asturiano, e un largo etcétera que fixeron posible a milagre. Un milagre que en Camariñas tardaríamos máis de 20 anos en ver.

    "Con los chicos del Porteño F.C., Campeones de La Copa de la Costa 1969/70"

  • Fotos Historicas: O Faro Vilan nos anos sesenta

    Remodelación do Faro Vilán 

    O Faro cando se remodelou nos anos 70
    O Faro cando se remodelou nos anos 70

    Desta época non se conservan moitas fotos. Trátase da remodelación do faro nas épocas do 60 - 70. É esta unha imaxe do posible estado do faro de cabo Vilán antes de ser pintado de branco. ¿Sería así o seu estado inicial? ¿Ou estaría sen pintar coa pedra viva ao aire? Eu creo que estaría moito máis natural coa pedra ao aire, pero tamén hai que pensar que si estivo pintado desde sempre, ten que seguir así. Espero que vos guste esta foto, un saúdo.

  • Fotos Historicas: o Trofeo Pichurri

    Corrían os anos oitenta e Camariñas era un bullicio de rapaces polas calles. Os nenos podían verse xogar en todas as rúas do noso pobo en pandillas de amigos que rivalizaban unhas coas outras. Nada que ver coa actual situación na que a escola se queda grande para os escasos rapaces que hai en Camariñas que ao chegar aos 12 anos xa marchan para a Ponte do Porto onde se encontra o instituto. Con esta situación temos menos rapaces aínda.
  • ¿A foto histórica máis antiga de Camariñas?

    Esta foto atopámola por casualidade escarbando no noso fructífero arquivo fotográfico do que aínda se conservan reliquias orixinais (en negativo) de fotos das que aínda non se publicaron xamáis. Nesta imaxe podemos observar un casamento de algunha familia acomodada do ano 1899 na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Un tesouro agochado que agora sae á luz.
  • Fotos históricas: Día de Corpus

    Un Día de Corpus en Camariñas 

    Unha foto de outros tempos en Camariñas
    Unha foto de outros tempos en Camariñas

    Hoxe comezamos o día cunha foto de tempos xa lonxanos. Esta foto debío de ser tomada un día de Corpus dos anos setenta máis ou menos, nos que uns cuantos rapaces de Camariñas celebraban o día da súa Primeira Comunión. Teredes que aguzar a memoria para descubrir a estes "anxeliños" que, como bos católicos, cumplen ca tradición nun día sinalado do noso calendario cristiano. Se sabedes quen son os rapaces que aparecen nesta instantanea entrade na noticia e comentádea.

  • Fotos historicas: A xuventude dos setenta

    ¿Quen son estes rapaces da foto?

    Outra foto histórica, adicada neste caso á xeración de rapaces camariñáns dos anos setenta
    Outra foto histórica, adicada neste caso á xeración de rapaces camariñáns dos anos setenta

    Outra foto histórica adicada neste caso á xuventude do pobo de Camariñas dos anos 70, tal e como se pode observar polas vestimentas e peinados dos protagonistas deste auténtico testimonio dun tempo.  A redacción ten unha idea de quen son case todos os que compoñen a foto de equipo, pero queremos que tí nos axudes. ¿Quen son estes chavales camariñáns? ¿Seremos capaces de adivinar quen son todos?

  • Fotos Historicas: A tradicion do balonman en Camariñas

    Os éxitos do balonmán camariñán veñen de lonxe

    Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe
    Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe

    Ramón de Dulia mandounos esta foto histórica na que podemos ver ao equipo de balonmán de Camariñas nun partido que xogaron no colexio público de Ponteceso no ano 1973. Neste partido arrasaron ao equipo local por un tanteo global de Ponteceso 4 - Camariñas 17. Era este un equipo multiusos que xogaba tanto ao futbito como ao balonmán ou o voleibol. En fin, dábanlle a todo e dábanlle bastante ben.

  • Fotos Historicas: F.C. Camarinas

    Unha foto do F.C. Camariñas enviada pro Weah

    O F.C. Camariñas naqueles tempos nos que Weah botaba unha man
    O F.C. Camariñas naqueles tempos nos que Weah botaba unha man

    Desta ocasión o que nos mandou a foto foi o noso usuario de Weah, dende a emigarción en Francia, o cal podemos ver na foto na esquina dereita vestindo roupa de civil.Esta é unha imaxe do F.C. Camariñas dos noventa, un equipo que chegou a gañar dúas Copas da Costa e no que militaban grandes e recoñecidos xogadores coma Gerpe, Chiniño, Vicente, etc.. ademáis do entrenador que era o mítico Camuel. Todo un clásico da Liga da Costa.

  • Fotos históricas: Mikel na Danza de Arcos

    Miguel dándolle aos arcos no Carme de Camariñas co noso usuario Reira detrás
    Miguel dándolle aos arcos no Carme de Camariñas co noso usuario Reira detrás

    Desta vez expoñemos en Fotos Históricas unha imaxe que nos manda Mikel, o Guerreiro Poeta de camarinas.eu, pero sobre todo amigo e colega. A petición do usuario desta web "Reira" (que tamén sale na foto) incluimos esta nova imaxe dos anos noventa. E é que como bos camariñáns non podían faltar á tradición no día grande das Festas do Carmen de Camariñas bailando na nosa Danza de Arcos.

  • Fotos Historicas: Bailes tradicionais de Camariñas

    Os bailes no Carmen dos mariñeiros camariñáns 

    Bailes na festa do Carmen interpretados pola xuventude de Camariñas
    Bailes na festa do Carmen interpretados pola xuventude de Camariñas

    Nesta foto podemos ver os bailes que facían os grupos de xóvenes camariñáns naquelas épocas dos oitenta. Hoxe en día estase a recuperar parte deste conxunto de bailes tradicionais gracias ao traballo e esforzo dunha profesora que xa leva uns cuantos anos en Camariñas ensinando aos rapaces: Ana Seijas. Para ver a foto completa e comentala, coma sempre pulsa en "Ler máis.."

  • Fotos Historicas: a Danza de Arcos

    Jose de Marta, Tono Rufo e Chatín na Danza de Arcos 

    Nesta instantánea podedes ver a Jose de Marta e Tono o Rufo feitos uns chavales. Jose, un dos clásicos de camarinas.eu,  xa daquela era un incondicional do equipo da súa vida, o  Real Madrid, por eso sempre se enfundaba unha banda do equipo dos seus amores cando bailaba por Camariñas adiante na Danza de Arcos. ¿Volverá Jose de Marta polos seus vellos fueros na Danza de Arcos cando sexa a súa querida Festa do Carmen? Desde esta redacción esperamos e apostamos porque poidamos volver a velo en acción deportiva.

  • Fotos Historicas: O día de Noiteboa do ano 1985

    Esta foto foi sacada na igrexa de San Xurxo de Camariñas o día de Noitebóa do ano 1985. Corría polo tanto a década dos oitenta. Aínda era cura párroco de Camariñas Don Antonio Velo, antes de que... bueno, antes de que pasara todo aquelo. Algúns dos integrantes desta foto, tristemente hoxe xa non están con nós. Pasaron moitos anos, máis de vinte, pero dende camarinas.eu recordamos con cariño e respeto aos compañeiros ausentes. 
  • Fotos Históricas: FC Camarinas Campeon da Copa da Costa

    Nesta foto podemos ver a algúns dos usuarios desta web, como Juanillo, Jose de Marta ou Weah, que aínda era un chaval, celebrando un triunfo histórico que enchío de ledicia a todo o pobo de Camariñas. Xunto co equipo de finais dos setenta que incluso chegou a xogar en Rexional Preferente, éste tamén foi un dos equipos míticos que conformaron o F.C. Camariñas. Algúns destes xogadores aínda están en activo, pero a maioría xa abandonaron a práctica do fútbol, pero eso sí, cunha Copa da Costa baixo o brazo. ¿Pero sabes cales son os nomes de todos os xogadores deste equipo histórico do FC Camariñas?
  • Fotos Históricas: O tempo do recreo no Colexio O Areal de Camariñas

    Aquí vos traemos outra foto na cal podemos ver a un grupo de escolares do noso pobo no patio da escola de Camariñas durante o recreo. Xa pasaron anos dende que a profesora Aurora xuntara a estes rapaces para sacar esta imaxe histórica. Polo menos vinte no momento de escribir este artigo que publicamos aquí en exclusiva. Sabemos os nomes de casi todos os rapaces excepto de catro aos que non conseguimos poñer nome. Axúdanos comentando esta noticia.
  • Fotos Históricas: O Presidente da Xunta Gonzalez Laxe en Camariñas

    Aquí temos unha imaxe histórica de cando Fernando González Laxe como presidente da Xunta visitou Camariñas en 1989 con motivo da campaña electoral das eleccións autonómicas que levaron a Manuel Fraga en volandas á Xunta de Galicia. Un día histórico no que a antiga Praza Maior da Vila das Palilleiras rexistrou un auténtico cheo ata a bandeira de socialistas camariñáns nun esforzo que finalmente se revelou como infructuoso. Na imaxe que ilustra a presente noticia pódese ver a un dos redactores de esta web abrazado a que era naquel entón Presidente da Xunta. Xa pasaron anos e o aspecto de Diego cambiou un pouco..., máis ben parécese ao tipo de barba que aparece na banda dereita. Como se pode observar, Diego era un seguidor acérrimo do Betis debido á súa ascendencia andaluza aínda que hoxe en día prefira ao Sevilla: un equipo realmente español. E dentro desta noticia: outro redactor de Camarinas.eu o mesmo día e no mesmo lugar. Predestinacións da historia.
  • Fotos Historicas de Camariñas: O FC Camariñas mítico de finais dos 70

    En Camarinas.eu queremos dar cada día un paso máis para ofrecer un servizo máis amplo a todos os camariñáns. Esta vez estrenamos unha nova sección chamada "Fotos Históricas" na que iremos publicando as fotos máis representativas da historia recente do Concello de Camariñas. Temos que estar convencidos de que o pasado pode axudarnos a mellorar o presente, por eso non podemos olvidar o que fomos para seguir mellorando. A primeira foto que publicamos é represantativa do mellor que saío do deporte en equipo dende Camariñas (con permiso do Club Balonmán Camariñas). Trátase do mítico equipo de finales dos anos 70 que formou o F.C. Camariñas. Esta foto tráenos reminiscencias dun fútbol auténtico, de un fútbol viril, de un fútbol de homes. Cando se xogaba con camisetas de tela, ter unhas botas de marca era un milagre, non existían sponsors e non había seguros para os xogadores lesionados, moitos deles xa daquela pais de familia. E sen embargo estos homes dábano todo: defendían o Honor de todo un Pobo. Auténticos titáns, héroes dun tempo xa ido. Un equipo mítico da Costa da Morte.