• Historias de Camariñas: A Escola, por Antonio Puertas "Beldoña"

    Transcorreron xa un lote de anos, dende aqueles afastados tempos en que a xeración miña acudía á escola. Os nenos viñamos sendo, máis ou menos, coma ós de hoxe en día: inquedos, fantasiosos, fieis aos amigos, pillabáns, touporroutous, enxeñosos..., Mais, algo mudou dende aquela infancia da posguerra. Tempos de aros, de espadas de pau, de tiracroios, de Pita Cega, de Mariola... até o día de hoxe, onde todo está a virar en col do móbil, do televisión de plasma, ou do coche de última xeración... Hoxe quero falar un pouco de todo iso, coa perspectiva que está a dar a balanza do tempo, pa poder sopesar unhas e outras vidas, con este fantasioso modo meu pa agrandar as cousas, a través do telescopio da historia miña de hoxe e de onte.

  • Fotos Históricas - Grupo de Gaitas de Camariñas

    Se esta mesma semana falábamos nas nosas páxinas dunha cea de reencontro entre os membros do antigo Grupo de Gaitas de Camariñas, agora imos publicar dentro da nosa sección de Fotos Históricas, ese invaluable arquivo gráfico de Camarinas.eu que non ten fin, dúas imaxes deste gran conxunto de xóvenes da Vila das Palilleiras que dende os primeiros anos 90 adicouse a sembrar ca mellor música tradicional galega en canta festa de certa importancia se celebraba por este olvidado recuncho atlántico. Eran as épocas dos Toldos Vimianzo, dunha tarima de contrachapado e catro ferros aguantando de todo o entramado, antes de que modernos e superdotados trailers acondicionados  convertiran o sinxelo xogo da música de verbena nun espectáculo de luz, sonido e efectos especiais máis propio do Circo do Sol que o dunha sinxela actuación musical. Por elo nada mellor que este reencontro cas esencias da música máis auténtica, aquela que levaba soando polas prazas, rúas, bosques e corredoiras galegas dende centos de anos para atrás e á que un puñado de xóvenes camariñáns daquel entón deron adecuada continuación. Tamén esta redacción retoma outra tradición, a das imaxes de arquivo do noso concello, aqueles conxuntos de fotografías que nos farán voar no tempo, a través da revitalización dunha sección inxustamente postergada. Fotos Históricas reocupa o seu espacio en Camarinas.eu.
  • Fotos Históricas:Voluntarios Prestige II

    Fruto da cooperación co fillo dun dos nosos colaboradores históricos, Beldoña, Camarinas.eu procede en exclusiva á publicación dun material gráfico de valor difícilmente evaluable. Trátase de arredor de 200 imaxes captadas durante as duras labouras de limpeza de fuel derivadas da Catástrofe do Prestige acometidas polo importante, amplio, vital destacamento de voluntarios enviados polo Concello de Cambre. Entre os mesmos, e na súa doble condición de empregado municipal do Concello colaborador e camariñán, arribaba naquelas datas fatídicas nas que se xogaba o futuro de toda unha costa para as seguintes décadas o noso gran amigo Ricardo Puertas. A semellanza do seu ilustre proxenitor, sempre disposto para colaborar desinteresadamente en todo aquelo que supoña un ben para o seu pobo, Ricardo empregouse arduamente á fronte dos voluntarios cambreses na recuperación de algo que, naquel intre, parecía morto. Cando a día de hoxe, contemplamos a costa de Camariñas esplendorosa e deslumbrante como debío ser dende aquelas datas remotas nas que se creou o mundo e gracias á colaboración desinteresada de xentes anónimas como Ricardo Puertas. Por elo, agora máis que nunca, constitúe un acto de xustiza e recoñecemento plasmar gráficamente toda aquela marea blanca que anegou a base de coraxe, altruismo e rabia, a marea negra que ameazaba con sepultar para sempre toda unha Costa.
  • Fotos Históricas: Voluntarios do Prestige

    Os que estivemos alí, lembramos a Catástrofe do Prestige como un fronte de guerra. Camións do exército estacionados nas cunetas dos camiños, batallóns de soldados pala ao hombre diríxíndose á batalla contra o enemigo, lexións brancas de voluntarios, alegres e ilusionadas, destinadas a completar o operativo militar, todo elo nunha eterna paisaxe gris de días de temporal, fríos, humidades, terras embarradas e praias enchapapotadas. Eran outras épocas, na prehistoria da revolución informática, e os redactores que o presenten susbscriben estiveron alí e nin unha foto das súas xornadas voluntarias, da súa loita extrema e fatigosa contra o chapapote, quedou para o recordo.
  • Fotos Historicas: Club Nautico de Camariñas

    Dende que un 11 de setembro de 1992 o Presidente da Xunta de Galicia Don Manuel Fraga Iribarne inaugurara oficialmente as instalacións do que era o primer Club Náutico da Costa da Morte no que constituía por dereito propio unha data histórica, pasou xa cáseque un océano de tempo. Unha sucesión de etapas da vida, de cambios de ciclo, que se reflexa especialmente nos medios empleados polo CNC para ter informados puntualmente aos seus lexítimos propietarios, os socios, das novas cas que unha institución senlleira para o Concello de Camariñas ía evolucionando a carón duns tempos sempre cambiantes. Así daquelas fantásticas revistas do CNC nas que tanto tiña que ver o noso usuario e mestre José Luis Blanco Campaña pasouse á nova e moderna web que se ven de inaugurar estos días e que á marxe de abrir aos seus usuarios un sinfín de posibilidades, mellora técnica, visual, gramática, sintáctica e incluso ortográficamente de un modo abrumador aquela rudimentaria e moribunda paxiniña ca que o máis histórico dos clubs náuticos da Costa Atlántica se vío obrigado a convivir durante estes últimos anos. Estamos ante unha web aínda en probas pero xa activa, á que lle falta por por meter algúns dos seus contidos e que será obxecto no seu momento dunha presentación oficial. Porque sempre que se evoluciona debe ser para mellor, así o fai o CNC, e dende camarinas.eu, web máis vista da historia da Costa Atlántica e polo tanto como irmán maior, dámoslle a benvida á nova web que volve á vida, www.cncamarinas.com , e adicámoslle cos nosos mellores desexos un especial Fotos Históricas.
  • Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Morte, outro grupo para a historia musical de Camariñas

    Unha vez esvaecida no tempo e no espacio, pero sobre todo na mente dos seus fundadores, a idea daquel grupo camariñán portador das influenzas do mellor rock alternativo e que se chamaba Ritual, Diego Alonso Freire decidío non dar por rematada a súa carreira musical e así ao pouco tempo aparecía como guitarrista doutro grupo de tintes máis folk, máis tradicionais, que se dou en chamar "Náufragos da Costa da Morte". Un grupo que personalizaba a esencia federal do Concello de Camariñas aglutinando no seu seno a membros provintes das diferentes parroquias que o conforman: Roberto Más, Ramón Barba, Soledad Vidal e Juan José e Cándido Canosa, os cales deixaron para a historia musical da Costa da Morte un interesante legado que en formato mp3 reprodúcese nesta noticia. Outro legado, o fotográfico, salvouno do olvido no que esmorecía un dos membros daquel malogrado e prometedor grupo, o noso querido amigo Roberto Más, futuro membro, xunto a Soledad Vidal e Diego Alonso de "Ronsel de Arnela", o herdeiro directo da desaparición de Náufragos e que deixou para os anales o portentoso concerto da Festa da Praia do 24 de xullo de 1999 no Areal do Ariño de Xaviña actuando como teloneiros de Luar Na Lubre. Fotografías e música rescatadas do olvido polo gran museo mediático de historia contemporánea de Camariñas: camarinas.eu.
  • Fotos Historicas: Aquelas primeiras edicións da Mostra do Encaixe de Camariñas

    Aproveitando que cara ás 15:00 horas deste mércores 31 de marzo de 2010 dou comenzo a XX Mostra do Encaixe de Camariñas, camarinas.eu quere render unha sentida e sinxela homenaxe a todas aquelas persoas que fixeron posible que o noso concello se convertise na Capital Mundial do Encaixe de Bolillos a través dun Fotos Históricas repleto de imaxes daquelas primeiras e ilusionantes edicións e de máis de media hora do vídeo oficial da Mostra de 1993, incluindo incluso un recordo para aquela edición primixenia organizada por unha xoven Comisión das Festas do Carme de 1978 e celebrada na Escuela Náutica Ramón Noguera Patiño. Un longo periplo iniciado en 1991 que resituou a Camariñas como a primeira potencia global no sector encaixeiro e que acercou ata ás nosas rúas a centos de miles de visitantes. Unhas primeiras edicións, aquelas de inicios dos 90 caracterizadas polas grandes muchedumbres que invadían Camariñas ano tras ano, pola forza de vontade duns cantos visionarios e sobre toda pola ilusión das xentes dunha vila completamente volcadas co experimento novedoso que situaba ao pobo da súa alma durante uns días de Semana Santa no centro de tódalas miradas. Agora que cumpre 20 anos, ¡¡FELICIDADES MOSTRA DO ENCAIXE!!
  • Fotos Historicas: Unha Cena do PSOE dos vellos tempos

    Vamos cunha de ouro líquido que diría o outro. Sucede que aquí na redacción de camarinas.eu temos un arquivo fotográfico tan insondable que en ocasións semella aquel xigantesco almacén onde se perdía (¿para sempre?) a Arca da Alianza na escena final da primeira entrega de Indiana Jones. E así atopamos recentemente unha caixa de Plátano de Canarias chea ata os topes de cremosas fotos, pero as que chamaron a nosa atención foron as de unha cena do PSOE dos vellos tempos, dos bos tempos, de antes de que... bueno, de antes de que pasara todo aquelo, e que a semellanza da división entre felipistas e guerristas, surxira unha Vieja e Nueva Guardia en Camariñas. E aparecen todos: González Laxe, Presidente que foi da Xunta de Galicia durante o bienio 1987-1989; Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña; Bautista Santos, Alcalde de Camariñas durante 24 anos; Marisol Soneira, agora Deputada Autonómica, entón Concelleira de Cultura e Deportes; o barbado Francisco Sineiro, Conselleiro de Agricultura... só falta un, agora Primer Espada camariñán, que precisamente foi o encargado de sacar as presentes fotos que xacían abandonadas nunha caixa de banano. Pero tamén están as bases, pródigas en proxenitores de usuarios de camarinas.eu: os de Pión, Plisplas e Juanillo, ou os que desgraciadamente xa non están con nos: Pepe Liñeiro, pai de Encarna, ou Esteban Carril, pai que foi de Mikel e Karina, á que esta redacción especialmente quere que agrade este recordo do seu pai no día do seu esplendoroso cumpreanos.
  • Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritual - As orixes de camarinas.eu

    Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia.  Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.
  • Fotos Historicas: María de Marta, a comadrona histórica de Camariñas

    Nunha humilde casiña do Barrio de Corea, aquela que fai esquina na Praza da Insuela e que sinala a frontera que separa a este peculiar distrito camariñán do resto do mundo, vive dende hai longos anos unha muller humilde e traballadora. Das de antes, con numerosos fillos aos que alimentar, cun home embarcado durante interminables temporadas, nunhas épocas duras e incertas. Pluriempregada. O mar, a lonja, a Fábrica, vírona pasar ata que finalmente un día chegaría a desempeñar durante máis de 30 anos a labor pola que pasará á historia da Vila de Camariñas. Señoras e señores, estamos a falar de María de Marta, a gran comadrona histórica de Camariñas, que este xoves 11 de xuño cumpre 78 anos.
  • Fotos Historicas: Obras Historicas de Camarinas

    Agora que estamos a punto de asistir a unha orxía de obra pública no Concello de Camariñas derivada do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) dentro das medidas destinadas polo Goberno  a loitar contra o paro (xa veremos con que resultado), aquí en camarinas.eu quixemos rescatar imaxes dunha serie de obras públicas de importancia vital para o noso remoto Concello cas que as distintas administracións intentaron paliar o noso secular aislamento e olvido. A obra do Muelle Novo, a máis importante da historia deste concello, a da estrada que nos conecta co resto de Galicia, a ampliación do milenario nexo de unión das dúas orillas da Ponte do Porto ou outras obras menores de finais dos oitenta que xeraron un tanto inxenuamente unha certa ilusión no noso Concello (as eólicas, o Cemiterio dos Ingleses) son recuperadas da man da web líder da Costa Atlántica nunha evocadora galería fotográfica.
  • Fotos Historicas: O Futbol no Concello de Camarinas

    O Camariñas mítico de finais dos setenta en viaxe de peregrinación ata a Capela da Virxe do Monte
    O Camariñas mítico de finais dos setenta en viaxe de peregrinación ata a Capela da Virxe do Monte

    Unha miscelánea global do fútbol en Camariñas

    Agora que está a piques de rematar sin pena nin gloria outra temporada máis para os equipos que compoñen o fútbol camariñán, aquí en camarinas.eu queremos extraer dos nosos arquivos infinitos e invaluables unha pequena galería fotográfica que amose o que significa dende hai longo tempo o así chamado deporte rey para as xentes que compoñen ese universo colectivo chamado Concello de Camariñas, ben sea falando do Porteño campeón da Costa, do Camariñas F.C. mítico de finais dos 70, do Camelle de principios dos 80 ou daqueles torneos de futbito que se xogaban os domingos pola mañán na depauperada e terrorífica pista de gravilla do antigo polideportivo municipal. Viaxa no tempo da man das leyendas vivas do balompié municipal.

  • Fotos Historicas: Vodas de ouro do Mantido e Gloria

    Hai xa cincuenta anos, toda unha vida, que Pepe O Mantido e Gloria uníronse en santo matrimonio. Fui ano arriba ano baixo cando O Mantido construío na Punta da Virxe da Barca dúas torres que coroaban un templo sagrado e que permitían contemplar Camariñas como unha illa de beleza. Unha illa na que esta familia orixinaria de Carnés un día hai xa moitos anos acabou recalando de forma definitiva. Precisamente aquí, na Vila das Palilleiras, e no que sería co tempo un dos seus barrios máis emblemáticos (o distrito de Corea), foi onde Pepe e Gloria criaron unha familia e tomou corpo e forma unha empresa de construcción e de obra pública que se faría lexendaria en toda a Provincia da Coruña: Mantido S.L.
  • Fotos Historicas: Pau Gasol en Camarinas

    O mellor baloncestista da historia de España visitou un 28 de abril de 2003 Camariñas

    Pois agora que a utilización do Pavillón Municipal de Camariñas está resultar tan polémica e controvertida, vamos a rescatar unhas imaxes do uso que lle dou (uso pacífico, enténdese) o mellor xogador da historia do baloncesto español e auténtico all star nos Estados Unidos de América, Pau Gasol, cando na estela do chapapote que deixou o Prestige este gran español e mellor persoa visitou un luns 28 de abril do ano 2003 Camariñas acompañando a membros da organización ecoloxista WWF/Adena. Pulsa na montaxe para ver a galería fotográfica que nos fixo chegar o noso gran amigo Oscar da Oca, que actualmente rexenta o histórico Bar Victoria de Camariñas.
  • Fotos Historicas: Mª Belen Carril Ageitos 19 anos

    O Cumple que truxo 3.000.000 de visitas baixo o brazo

    María Belén Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu, a muller da sonrisa perfecta
    María Belén Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu, a muller da sonrisa perfecta

    En fin, queridos usuarios, a vida sigue, e camarinas.eu procede a publicar unha noticia que levábamos preparando toda esta semana cun cariño e unha ilusión moi especial: a nosa María Belén, a redactora máis nova da redacción máis xoven, cumple 19 esplendorosos aniños. Unha muller que tras facer o Camariñas Beauty segue percorrendo as distintas seccións de camarinas.eu á espera de facer o Top Camariñas cando tras rematar a Escola Obradoiro Aldea Madeira sexa unha experta chef dos máis exquisitos fogóns. Por elo, dada a implicación e devoción que María sempre tivo por camarinas.eu o seu cumpreanos ven preludiado polo día no que a web da súa alma chegou aos 3.000.000 de visitas. Pulsa na imaxe para ver 30 fotografías que percorren o camiño de neniña a muller de María Belén, un dos nosos rostros preferidos.

  • Fotos Historicas: Mª Carmen Caamaño de Leon

    Carmucha, a gran dama do socialismo camariñán, flanqueada polos Presidentes Zapatero e Touriño
    Carmucha, a gran dama do socialismo camariñán, flanqueada polos Presidentes Zapatero e Touriño

    A gran dama do socialismo camariñán

    Si a anterior edición do Fotos Históricas de Camarinas.eu estivo adicada a un dos políticos máis sobresaíntes do centro-dereita en España nos últimos 50 anos, Adolfo Suárez, desta volta tócalle o turno a unha persoa non menos importante para o centro-esquerda e non só no Concello de Camariñas: estamos falando de María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a que segundo contan as crónicas foi a primeira muller afiliada ao PSOE no Concello e que durante tantos anos fixo tocar os tambores electorales do socialismo a un ritmo tan trepidante e endemoniado que o levou a un auténtico regueiro de victorias mediante un carrexamiento intensivo de votos ás urnas nos diferentes combates electorais.
  • Fotos Historicas: 30 Aniversario da Constitucion Española de 1978

    Adolfo Suárez xunto á nosa amiga Noruna no día que visitou a Casa Sara alá polo ano 1985
    Adolfo Suárez xunto á nosa amiga Noruna no día que visitou a Casa Sara alá polo ano 1985

     O día que o Presidente Suárez visitou Casa Sara

    Hoxe é un día moi importante para todos os españoles, e non nos estamos referindo ao día do sacrificio do cordeiro sinalado como sagrado polo calendario musulmán (bueno, queremos decir por ahora...) e é que hoxe día 6 de decembro de 2008 celébrase o Día da Constitución, que cumpre nin máis nin menos 30 aniños. No día do seu cumpreanos, camarinas.eu quere homenaxear humildemente á nosa Carta Magna cun Fotos Históricas que recorda o día no que o principal impulsor da mesma e primer Presidente democrático en España despois de máis de 40 anos de Franquismo, Adolfo Suárez, visitou o noso Concello.
  • Fotos Historicas: Sergio Pasantes Campaña

    Os 28 anos do noso Sesiño

    Un Sesiño de moi corta edade da os seus primeiros pasos polo lexendario e desaparecido Bar Plaza
    Un Sesiño de moi corta edade da os seus primeiros pasos polo lexendario e desaparecido Bar Plaza

    Tal día como hoxe hai xa 28 anos viña ao mundo no elitista barrio da Plaza Maior de Camariñas, único e auténtico casco histórico da Vila dos Encaixes, un tal Sergio Pasantes Campaña, rapaz que enseguida foi bautizado pola canallería callejera que por aquel entonces pululaba pola gran Plaza camariñana como Sesiño. Aqueles malhechores, eternos rapaces maiores (algúns deles co paso dos anos reconvertidos a redactores de web de certo éxito), enseguida forxaron a súa imaxe e semellanza a aquel tímido rapaciño dunha delgadez extrema que recordaba aos fráxiles nenos que sufrían dunha terrible hambruna na remota Etiopía e que vío discurrir a súa infancia entre o extinto e lexendario Bar Plaza rexentado polos seus avós e a mítica Plaza,  onde se xogaron decenas de miles de partidos de fútbol nos que se forxou o gran futbolista que Sesiño ía a ser no futuro.

  • Fotos Historicas: ACUDENAI As Baleas

    Aquela asociación chamada As Baleas

    Imaxe do Tío Diekt como Presidente de As Baleas que recorda remotamente as poses clásicas de Lenin
    Imaxe do Tío Diekt como Presidente de As Baleas que recorda remotamente as poses clásicas de Lenin

    Corría o ano 2002 cando un grupo de inquietos xóvenes camariñáns decidiron poñer en marcha unha asociación para, aparte de ter un local onde poder reunirse, dar saída as distintas inquedanzas culturais e sociais que os animaban dando desta forma un novo impulso ao Concello de Camariñas dende unha óptica distinta: a óptica da xente nova. Como primer presidente a citada Asociación Cultural Náutico Deportiva e Instructiva contou nin máis nin menos que con Diego Alonso Freire. Sin embargo, un día mediante un golpe palaciego foi desaloxado do poder o noso querido e tiránico director por un oscuro persoaxe chegado de fóra do Concello. Poderás ler a crónica completa e ver unha amplia galería fotográfica no interior desta noticia.

  • Fotos Historicas: Adriana Castineira Perez

     Fotos do archivo privado da nosa redactora Adry

    A nosa Beauty e redactora Adriana Castiñeira Pérez, unha das mulleres máis fermosas da Costa da Morte
    A nosa Beauty e redactora Adriana Castiñeira Pérez, unha das mulleres máis fermosas da Costa da Morte

    camarinas.eu retoma a súa sección comodín e continúa cas homenaxes ás mulleres heroínas camariñanas que colleron o timón da nave da cena da web máis vista da historia da Costa da Morte e a levaron ao porto do éxito. A cuarta e última elexida é Adriana Castiñeira Pérez, unha muller que xa fui Beauty, redactora, agora Fotos Históricas e dado que xa é diplomada en Xestión Empresarial e Marketing  haberá que ir pensando en retomar a sección pioneira do Top Camariñas.

    En calquer caso, esta redacción xa tiña pensado adicarlle un pequeno detalle á nosa gran redactora e amiga, sobre todo nestes días nos que o estar a pasar mal debido a enfermedade do seu abuelo paterno e anda algo baixa de moral. A súa gran amiga Lucía conseguío saquear o seu archivo privado e facernos entrega de 15 fotos de altísimo valor histórico que nos recordan aqueles anos 80 e 90. Por eso, no día no que foi contratada para traballar nunha importante firma multinacional española na cidade da Coruña, ¿que mellor forma de celebralo que adícandolle un Fotos Históricas?