• Fotos Historicas: O CF Porteño campión da Copa da Costa 1970

    Camarinas.eu, volcada por igual con todas as parroquias que compoñen ese imaxinario colectivo chamado Concello de Camariñas, volve sobre un tema histórico: a consecución por un equipo modesto dunha pequena vila da Gran Copa da Costa da temporada 69/70. Moitos aínda recordan na Ponte do Porto aquel lexendario equipo, o mellor que se veu nunca na vila porteña, unha xeración de ouro formada por xogadores da talla dos camariñáns Juan do Penedo, Moncho do Peruco, Camuel, os porteños Italia, Ricardo do Barbeiro "El Bravo de la Costa", Manolo O Xaviñán, Pepe Canillas, Pichurri, "O Chocolate" de Muxía, Pepe do Caión, etc.. que baixo o firme timón do adestrador Juan José Rego e a presidencia de Don Manuel "do Gransolo" lograron vencer ao Carnota nunha final a dobre partido, impoñéndose na ida por 3-4 no feudo carnotán e por un folgado 5-2 no mítico pero agora bastante destartalado Campo da Grixa.