A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) foi o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXX edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará do 8 ao 12 de abril e que aspira a romper estereotipos desde o primeiro momento. A edición que significará as tres décadas de vida deste evento non será unha máis xa que a organización decidiu rachar coa típica imaxe que se ten do encaixe, un arte milenario asociado erroneamente ás prendas femininas, e empregou un modelo masculino como imaxe do cartel e o spot oficial para este ano.
O Concello de Camariñas presentará mañá, mércores 22 de xaneiro, a XXX edición da Mostra do Encaixe de Camariñas na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en IFEMA, Madrid. O acto terá lugar ás 11:15 horas no stand de Turespaña no Pavillón 9 da máis importante feira de turistmo do mundo. E alí, como non podía ser doutro xeito estará tamén moi ben representada a Mostra do Encaixe de Camariñas. O máis importante evento encaixeiro do mundo fará de potente punta de lanza da Semana Santa na Costa da Morte cun programa espectacular que será desvelado en breve. Pero o máis importante que a alcaldesa de Camairñas Sandra Ínsua desvelará mañá será o impresionante cartel da 30 edición da Mostra que deixará indiferentes a propios e extraños. Unha aposta valente pola innovación e pola esquisitez que a nova concelleira delegada da Mostra, a camariñana Encarna Liñeiro, quixo impregnar neste sensacional cartel. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de presentar todo o elenco promocional da Mostra. Tanto o cartel coma o spot que será desvelado publicamente este domingo 26 de xaneiro ás 9 da noite. Un cartel que resulta, como decíamos, unha aposta pola innovación e o estilismo de alta costura que será desvelado mañán na feita turística máis importante do mundo onde estará representada Camariñas con letras de ouro. Verídico.