• Impresionante Sardiñada do San Pedro 2008 da Ponte do Porto

    Como é habitual ano tras ano, a temporada de festas de verán ten o seu punto de arranque nas festas de San Pedro da Ponte do Porto. Alí todos aqueles festeiros que veremos desfilar polas distintas romarías e festas dos contornos ao longo dos dous meses seguintes quentan motores e fan a súa particular pretemporada. En San Pedro están aquelas caras da xuventude que animarán as milenarias festas desta Costa da Morte nosa.
  • Pub Saloon na Ponte do Porto

    Este sábado na Ponte haberá festa rachada

    Todo está preparado no porteño Pub Sloon para armar un bo fiestorro esta noite
    Todo está preparado no porteño Pub Sloon para armar un bo fiestorro esta noite

    Este sábado 14 de xuño terá lugar no Pub Saloon (Ponte do Porto) unha festa concerto no que estará presente o doblador da TVG Yoni Mediogramo que fará das súas contando contos e chistes mentras uns profesionais do tatuaxe realizarán tattoos e pircings a todo o que o desexe. Todo este espectáculo farase a partir das 7 da tarde acompañado dunha gran churrascada gratuita para todo o mundo. Para despedir a noite actuará no Saloon o grupo porteño Materia ao que se sumarán uns invitados especiais. Pois nada, esperamos mostrarvos as fotos desta festasa para a semana que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do Saloon.

  • Procesion da Virxen de Fatima na Ponte do Porto

    Este Domingo ás 12 do mediodía celebrouse na veciña e querida parroquia de A Ponte do Porto a súa tradicional procesión de Fátima, e ahí estivo camarinas.eu. A imaxe da Virxen foi paseada en procesión católica pola famosa Rúa das Barrosas acompañada por centos de fieles cristianos. Chegando ao alto da Pesqueira, ao final da citada rúa, a concurrida manifestación descansou un momentiño e puido ver a pequena pero ben traballada e ambientada obra de representación por parte duns nenos porteños dos milagres desta Virxen tan venerada e querida na Ponte. 

    Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas

    En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto.

  • Festa de San Roque na Ponte 2007

    As festas da Ponte do Porto na honra a San Roque comezaron cunha boa churrascada. Hoxe é o día de San Roque na Ponte do Porto e para estar a altura imos a facer unha reportaxe fotográfica de toda a festa. Mañá, sobre as 2 da tarde comezaremos a subir as fotos. Como podedes ver no cartel haberá misa ás 13:00 horas da tarde con procesión e acompañamento da Banda de Música de Santa Comba e despois celebrarase o baile vermouth amenizado pola orquestra K´pricho. De noite gran verbena coas orquestras D´nivel e K´pricho. Xa sabedes, animádevos e non marchedes para Laxe nin para Cee, a mellor festa: San Roque da Ponte do Porto.