• Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

    Unha suculenta churrascada foi o aperitivo que dou comenzo ás Festas de San Roque 2010

    A labor dunha moderna comisión de festas non está xa tan só composta polas tradicionais funcións de diseñar un programa de actuacións, de contratar as orquestas, bandas de música e grupos de gaiteiros, de organizar uns fogos de artificio que non acaben nun aniquilamiento e de celebrar o correspondente festival gastronómico no seu caso, senón que cos tempos modernos son chegadas novas tareas medíaticas que inclúen unha publicitación da festa en cuestión que vai dende amplias sesión fotográficas ata a publicación das mesmas en medios de comunicación multitudinarios e masivos. Un exemplo deste novo modo de entender unhas festas populares é o representado pola comisión porteña capitaneada con tanta ilusión e esforzo por Iván e José Landeira, que non contentos con devolver á vida un local histórico dentro da máis exitosa movida porteña dos anos 70 e 80, un Pub O Pincho transmutado agora en raxería-pulpería, decidiron coller o timón das festas da Ponte do Porto para insuflarlle un novo alento e para elo iniciaron, a semellanza da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, unha colaboración ca web máis vista, influinte e decisiva da historia da Costa da Morte: camarinas.eu. Por elo, camarinas.eu procede a publicar máis de 50 imaxes e tres vídeos cedidos pola Comisión de Festas, todos eles captados durante as derradeiras Festas de San Roque de 2010.
  • Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

    Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro
    Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro

    Unha comisión de xoves promesas

    Foise unha das mellores comisións de festas da historia da Costa da Morte e sen dúbidas a mellor en Camariñas dende hai décadas, pero na Ponte do Porto queda outra que tras un ilusionante debut no que deron amplias mostras da calidade e talento que atesoran os seus membros, amenaza con convertirse en próximas tempadas nunha firme realidade do panorama festeiro desta festiva Costa Atlántica. Así o puido comprobar a esixente hinchada porteña con ocasión dos importantes desafíos asumidos por estes tres ilusionados chavales nas festas de San Pedro e o Sacramento. Agora, ca experiencia adquirida tras uns primeiros exames pasados con excelente nota, chega a reválida: a Festa de San Roque, na que destaca a populosa e suculenta churrascada que terá lugar ao carón do fluir maxestuoso e apacible do Río Grande o venres 13 de agosto e a actuación da Orquesta Ceniza o sábado 14. Unha comisión con pegada propia, cun estilo diferente e inigualable, "o así bautizado como "Estilo Pincho" en honor ao histórico bar porteño no que se xestou o nacemento dun equipo chamado a deixar unha pegada inolvidable nos ámbitos festivos deste olvidado e remoto recuncho da costa galega, tal e como mostran as 45 imaxes do seu bo facer nas Festas de San Pedro e do Sacramento.

  • Procesion de San Pedro na Ponte do Porto 2010

     

    Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro
    Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro

     

    He aquí unha noticia que seguramente vai encher de ledicia, pero tamén de morriña, esa nostalxia que nunca cesa, o corazón dos porteños espallados polos catro rincóns do mundo. Porque un día especialmente sinalado no calendario anual porteño sempre será o da santa Procesión de San Pedro, aquel santo que sentada á diestra de Deus Pai custioda a entrada aos Reino dos Ceos, procesión que este ano estivo concurrida como nunca por veciños que quixeron mostrar o seu fervor polo seu santro patrón, entre os que temos que incluir novamente a un porteño de pro como o Alcalde camariñán Pichurri. Despois dunha procesión que foi comandada como sempre polo oficio e bo facer do noso querido cura-párroco Don Jesús, tocou espallarse aos porteños baixo o sol do mediodía ben acolléndose ás refrescantes sombras do seu Casino, institución senlleira da Costa da Morte, ben deixándose envolver polos sons armoniosos do baile-vermouth intepretado pola Orquesta Nueva Generación. Camarinas.eu, a web que concibe o Concello de Camariñas como un todo informativo e que non deixa que se lle escape viva nin unha soa procesión relixiosa, estivo presente e captou unha amplia galería fotográfica.

  • Sardiñada de San Pedro na Ponte do Porto 2010

     

    Varios centos de persoas puideron degustar o sabor das sardiñas ás beiras do maxestuoso fluir do Río Grande
    Varios centos de persoas puideron degustar o sabor das sardiñas ás beiras do maxestuoso fluir do Río Grande

     

    Comenza a semana do despiporre porteño

    Aquí en camarinas.eu non sabemos como facemos pero o caso é que existe unha química especial entre esta redacción e as comisións de festas. Tal ven a  ser o que sucede ca nova comisión que comenzou co San Pedro da Ponte do Porto a súa andaina nas arduas e nunca ben recompensadas labores festeiras e que está integrada por vellos amigos de camarinas.eu: José e Iván Landeira e Alfonso Castro que foron os principais encargados de organizar a espectacular sardiñada que congregou este luns 29 de xuño de 2010 a varios centos de afameados comensais ás beiras do Río Grande e que obrigaron a un importante sobreesforzo a unha comisión que non dou abasto a repartir sardiñas. Alí puidemos ver ao alcalde Pichurri que como bo porteño non faltou á cita máis importante no ano festeiro da Ponte do Porto ou aos imprescindibles Pancho do Jolfrendo que continúan o seu exitoso tour veraniego cunha nova demostración musical. Unhas sacras festas porteñas que comenzaron sobre as 8 e media e que só Deus na súa infalible omnipotencia sabe cando e como acabaron. Unhas festas que para aqueles aos que o corpo aínda lles aguante continuarán este martes ca sesión vermouth e unha gran verbena como aperitivo para o impresionante fin de semana en honor a San Santonio e o Perpetuo Socorro que está por vir. En fin, nos o que é estar, alí estaremos, porque si hai que facer un esforzo faise. E nunhas festas da Ponte do Porto máis.

  • Festas de San Pedro 2010 na Ponte do Porto

    Instáurase o "Estilo Pincho"

     

    Alfonso Castro e José e Iván Landeira, Comisión de Festas, posan nas Fonte dos Leóns da Ponte do Porto
    Alfonso Castro e José e Iván Landeira, Comisión de Festas, posan nas Fonte dos Leóns da Ponte do Porto

     

    Non sería raro que os máis sesudos analistas dos grandes centros de estudos e de investigación internacionais acudiran en masa a finais deste mes de xuño cara a Ponte do Porto para comprobar in situ unha nova forma de organizar unhas festas ancestrais. Uns modos presididos polo dicharacherismo, o desenfreno e o despiporre porque queridos usuarios, por primeira vez na historia, instáurase o "Estilo Pincho" na organización das grandes festas porteñas. Efectivamente, unha Comisión de Festas formada polos xerentes e os clientes emblemáticos do gran local de moda da Ponte do Porto foi quen de organizar un impresionante cartel festivo que arrancará o 28 e 29 de xuño cas Festas en honor a San Pedro e que continuará o fin de semana do 2, 3 e 4 de xullo ca ofrenda parroquial a San Antonio, ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento. Alí veremos sardiñadas, grupos de gaitas, bandas de música, pasarrúas, sesións vermouth, verbenas e santísimas misas. Todo elo aderezado co dicharacherismo chiquitero máis desenfrenado, tal e como corresponde aos días da festa grande da Ponte do Porto, o máis antigo crossroads da Costa da Morte.

  • Degustacion de orellas e filloas

    Unha auténtica bacanal gastronómica terá lugar este venres no Pabellón Polifestivo da Ponte do Porto

    Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro.
  • Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho da Ponte do Porto

    ¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a  novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor  que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi.
  • Festa do Nadal da Comision de Festas de Cereixo

    A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres
    A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres

    Este venres grandes orquestras na Ponte do Porto

    Pois agora que dende a Xunta din que sobran uns cuantos concellos en Galicia, debe ser que aquí na Costa da Morte xa se puxeron mans á obra antes que nadie e así a futura anexión do Concello de Vimianzo dentro de Camariñas, tan necesaria para o "lebensraum" ou espacio vital camariñán, da o seu primer paso visible este venres 18 de decembro ca celebración pola Comisión de Festas de Cereixo dun impresionante festival orquesteril no Pabellón Municipal da Ponte do Porto. O feito da existencia dunha historia común e duns cascos urbanos que se funden sin unha separación nítida entre a Ponte e Cereixo fai que, da man de dúas orquestras como a Compostela e Capitol, a batalla común pola unión dos Concellos de Vimianzo e Camariñas dé os seus primeiros pasos a ritmo de pasodobre e do imprescindible reggaeton. Será a definida polos libros de historia como "Diplomacia orquesteril", chamada a remover os límites do mundo e na que vellos e novos están chamados a participar por igual.

  • Festa de San Roque na Ponte 2009

    Como ven sucedendo dende hai anos unha muchedumbre afameada invadío o Paseo Fluvial da Ponte do Porto
    Como ven sucedendo dende hai anos unha muchedumbre afameada invadío o Paseo Fluvial da Ponte do Porto

    Foi un venres 17 de agosto de 2007 cando camarinas.eu acudía por primeira vez á churrascada das Festas de San Roque da Ponte do Porto e foi un sábado 15 de agosto de 2009 cando a web que en tempo récord pulverizou tódolos rexistros habidos e por haber, no día do seu segundo cumpreanos, cubría por terceira vez un evento gastronómico que atrae centos de visitantes cara a unha vila que dende os momentos iniciais de camarinas.eu estivo no centro dos nosos desvelos e no que se serviron máis de 600 racións. No Paseo Fluvial, cas firmes pedras da ponte como testigo e co ritmo de fondo impulsado polo omnipresente Trío Eclipse, a cambio dun módico precio, este sábado a Ponte do Porto foi o lugar idóneo para pegarse unha homenaxe culinaria co Prato Nacional do Concello de Camariñas: O CHURRASCO.

  • Cartel da Festa de San Roque 2009

    Este finde non te perdas as Festas da Ponte

    Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos
    Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos

    Non é porque o dixera camarinas.eu, pero esta semana temos outra constatación da nosa proposta de hai dúas semanas de declarar ao churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas: a xigantesca e sempre mui concurrida churrascada que este sábado con motivo das Festas de San Roque se organizará na Ponte do Porto e na que de seguro poderemos ver cortando tiras de churrasco e asando como se debe á nosa querida Carmucha, a muller pionera do socialismo no Concello de Camariñas. E todo elo animado por un trío Eclipse que polo que se ve debe estar forrándose ca súa inacabable xira veraniega por estas terras. Ademáis, o local de moda na Ponte, o Pub O Pincho para honrar ao santo ideou unha imaxinativa proposta que pode facer que os refrigerios cubateriles traian un pan baixo o brazo con agasallos especiais e copas gratis... todas estas promocións do Pincho a partir de hoxe venres e durante todos os días de festa na Ponte do Porto. Non podes faltar!

  • Caldo de Riola 2009 na Ponte do Porto

    Unha cita culinaria que pouco a pouco se fixo un sitio no implacable calendario gastronómico galego

    Un evento culinario cuns cimientos firmes e asentados e que no competitivo calendario galego das festas gastronómicas veraniegas parece ir a máis edición tras edición é o constituido pola homenaxe ao plato máis típico da Ponte do Porto, aquel que tanta fame axudou a liquidar por estes lares nos tempos duros e difíciles: o Caldo de Riola. Un manxar humilde e sinxelo, que nunca foi do agrado de muchimilonarios e membros de realezas aristocráticas, pero que é devorado con pracer e fruición polo pobo humilde e traballador. Por eso, camarinas.eu, a web que visiona as catro parroquias do Concello de Camariñas como un universo informativo, achegouse ata unha vila porteña na que o noso amigo Baña ou Carmucha, a que conta a lenda que foi a 1ª muller en blandir aos catro ventos un carnet socialista nestas terras, se afanaban en compracer a unha multitude que afameada tomou as rúas da Ponte do Porto.
  • Festas de Cereixo 2009

    Unha muchedumbre famenta douse cita en Cereixo para degustar os sabrosos chourizos
    Unha muchedumbre famenta douse cita en Cereixo para degustar os sabrosos chourizos

    Chourizada de Cereixo 2009

    Si hai dúas semanas camarinas.eu degustaba os sabrosos callos da Faguía de Carnés, este venres 24 de xullo tocou saborear os suculentos chourizos das Festas do Santiago Apóstol de Cereixo 2009. Decían que este ano non se celebrarían, pero o certo é que aquí está unha das citas ineludibles do calendario veraniego festeiro da Costa da Morte, que se distingue de tódalas demáis polo espacio físico no que se desenvolve, a carón dun carballo milenario, cun castelo medieval á sua beira e cunha das contadas igrexas románicas desta Franxa Atlántica ao fondo. Porque as de Cereixo sempre serán unhas festas cun sabor especial, distinto.

  • Faguía de Carnes 2009

    Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por camarinas.eu
    Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por Camarinas.eu

    ¡¡En Carnés con Alejandro Rodríguez!!

    Agora está mui de moda facer encuestas sobre quen é o persoeiro máis importante da Costa da Morte, ou que políticos de alta alcurnia visiten festas e voráxines gastronómicas masivas ideadas polo pobo humilde e traballador, que se abra algún que outro expediente tamén está de moda, pero para unha web desnortada como camarinas.eu o realmente importante son acontecementos históricos como o reencontro que na tarde do 9 de xullo de 2009 tivo lugar na Faguía de Carnés con Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, Gran Emperador da Costa da Morte, auténtico mentor político de camarinas.eu e home, en definitiva, que reformulou as bases teóricas do socialismo dunha forma tan exquisita que fixo revolverse de envidia dentro da súa tumba ao mesmísimo Karl Marx.

  • Ponte do Porto: Festas do Sacramento e do Socorro

    Segundo fin de semana consecutivo de festas

    Veciños porteños e forasteiros non se quixeron perder as festas do Sacramento 2009 na Ponte do Porto
    Veciños porteños e forasteiros non se quixeron perder as festas do Sacramento 2009 na Ponte do Porto

    Manda a tradición que no fin de semana seguinte ao da celebración da venerada Festa de San Pedro, a Ponte do Porto se volva a vestir de gala para honrar ao Sacramento e ao Socorro. Tradicións que, obviamente, son respetadas ca máxima escrupulosidade polos veciños da moi antiga e tamén algo festeira vila da Ponte do Porto, o gran cruce de camiños do Concello de Camariñas. E alí, no posiblemente máis antigo crossroads da Costa da Morte, auténtico nexo de unión entre lugares e parroquias afastadas, pero unidas por un destino e obxectivos comúns, presentouse este sábado 4 de xullo camarinas.eu, a web que contempla ás parroquias que compoñen o Concello de Camariñas e aos habitantes que moran nelas como un todo informativo, para firmar a presente reportaxe.

  • Resumo das Festas de San Pedro na Ponte do Porto 2009

    As Festas de San Pedro sempre son unhas datas mui sinaladas na Ponte do Porto: unha celebración máxica para a que unha pequena e coqueta parroquia pertencente a un concello remoto e olvidado prepárase con esmero durante todo un ano. Sempre pendentes de que a cuestión climatolóxica non falle, os veciños porteños poñen todo da súa parte para honrar ao santo milagreiro, aquel sobre o que Cristo xurou que ía construir a súa igrexa.  Mortificado e torturado vilmente polas huestes dunha Roma aínda pagana, o santo que mora ás mesmísimas Portas do Ceo sen dúbidas dende as súas alturas celestiais observa (e protexe) orgulloso e agradecido aos veciños daquela pequena vila que pegados a unha ponte milenaria cada mes de xuño honran ao seu Santo Patrón. 
  • Festa extreme na Ponte do Porto

    Festa no Pincho este venres!!

    Este venres xa teñen todo a punto no Pincho para celebrar a gran festa da bebida enerxética Extreme
    Este venres xa teñen todo a punto no Pincho para celebrar a gran festa da bebida enerxética Extreme

    Todos o estabamos esperando e a pesar de que un redactor o esperaba máis que nadie, chegou o venres. Si queridos amigos, hoxe venres temos preparada unha gran festa no Pincho xa que é alí donde fan unha festa da bebida enerxética EXTREME a cal todos coñecemos... o caso é que este venres vanse a repartir no pincho gran cantidade de regalos para todos aqueles que pidan unha destas sabrosas bebidas enerxéticas. Pois xa sabedes, si sodes usuarios de camarinas.eu e vos fai falta un pouco de enerxía non deixedes de pasar polo Pincho na Ponte do Porto porque vai a ser unha festasa! Nos estaremos alí, e ti??

  • Virxen da Fatima na Ponte do Porto

    Multitudinaria procesión de Fátima na Ponte

    Detrás do abandeirado vemos a nosa querida Carmucha, toda unha institución na Ponte do Porto
    Detrás do abandeirado vemos a nosa querida Carmucha, toda unha institución na Ponte do Porto

    Este domingo 5 de outubro celebrábase na Ponte do Porto unha multitudinaria procesión en honor á Virxen de Fátima, unha tradición moi antiga que caera no olvido e que nestes últimos anos se está a recuperar gracias ao traballo de moitos veciños da Rúa das Barrosas. Estas persoas cubren toda a costa das Barrosas, dunha lonxitude aproximada de 600 metros, cun impresionante manto floral para que pase a procesión cando sae da Igrexa de San Pedro.

    Despois, xa no alto das Barrosas, represéntase unha obra teatral sobre a vida e milagres da Virxe de Fátima. Os actores desta representación son un grupo de rapaces pequenos da Ponte do Porto que axudan tamén a montar todo o escenario. Tras esta parada obrigatoria, a procesión encamíñase polas Barrosas abaixo hacia o paseo fluvial da Ponte. Neste percorrido é cando os veciños das Barrosas tiran pétalos de flores á súa Virxe dende os balcóns das casas. Finalmente, a imaxe de Fátima regresa á igrexa xunta os outros santos para descansar ata o ano que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes cedidas por Foto Isabel Alonso. Si alguén desexa adquirir algunha destas fotos pode facelo na tenda de Isabel sita na Praza de San Roque (frente a Igrexa da Ponte).

  • Festas de San Roque na Ponte do Porto

    A churrascada de San Roque: un éxito

    Un espectacular éxito de público coronou a churrascada deste venres 15 de agosto
    Un espectacular éxito de público coronou a churrascada deste venres 15 de agosto

    Este fin de semana os usuarios de camarinas.eu poideron comprobar que non houbo moita actividade noticieira nesta web e menos mal que as nosas sensacionais redactoras Adry e Lucía estiveron co ollo periodístico a punto e se presentaron no Ariño para facer o reportaxe da Festa de Santa Ana de Xaviña. O caso é que merecíamos un pequeno descanso para digerir e pensar un pouco no futuro despois do primeiro ano de camarinas.eu que celebramos este venres. Así o noso director desprazouse este fin de semana ata a Ponte do Porto onde pasou uns días nos cales pudo facer unhas pequenas reportaxes do que alí aconteceu. Pulsa na foto para ver a primeira delas: Reportaxe de San Roque na Ponte do Porto.

  • Festas de Vimianzo 2008

    ¡As tropas de élite de camarinas.eu invaden Vimianzo!

    Ver en directo a semellante hembra como Soraya, fai que ao redactor lle tremen ata os osos
    Ver en directo a semellante hembra como Soraya, fai que ao redactor lle tremen ata os osos

    Aproveitando o clima bélico que actualmente estamos a vivir, camarinas.eu tamén movilizou este fin de semana a todas as súas tropas de élite para o asalto e conquista final do feudo inexpugnable de Alejandro Rodríguez, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo, con motivo das Festas patronais que celebraba o noso querido municipio limítrofe. Os hippies rastas e celtas (¿?) do asalto ao castelo non se atreveron, pero camarinas.eu sí: nada pode deter a tres redactoras como as nosas, as cales plantáronse nas Festas de Vimianzo e competiron en beleza ca estrela de Operación Triunfo Soraya. Pulsa na foto para ver a reportaxe elaborada polas tres mulleres que fixeron doblar a rodilla á mesmísima Soraya.

  • Ponte do Porto: Caldo de Riola 2008

    O noso querido usuario Manolo Currodetrás ca súa dona tomando un refrigerio nun bar da Ponte do Porto

    Volvía o director de camarinas.eu de filmar unha voda en Vimianzo este sábado 19 de xullo cando ao pasar pola Ponte do Porto víose forzado a facer un alto no camiño, xa que Carmen Caamaño de León, "Carmucha", a que según contan as crónicas fui a primeira muller socialista do Concello de Camariñas, asaltou a unidade móvil improvisada da web máis vista da Costa da Morte. A ocasión non era para menos, a vila porteña celebraba a súa anual festa gastronómica do Caldo de Riola. Ali ademáis reencontrouse cun dos usuarios máis admirados e respetados de sempre por esta redacción: Manolo Currodetrás, un home que estivo axudando duro xa dende os nosos difíciles inicios. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa ademáis dunhas fotos e uns videos do campo donde se celebrou o caldo de riola feitas polo noso usuario Currodetras.