• San Xoán 2012 en Xaviña

     A parroquia máis grande do noso concello contará ca súa propia lumarea

    Pois o sábado 23 de xuño tamén se confeccionou un completo programa de actividades para tan sinalada festividade na Parroquia de Xaviña. Será a partires das 22:30 horas no campo de As Pontes, xusto enfrente do templo románico que leva preto de 1.000 anos vendo o lume arrecender ao seu carón e que contará co fondo sonoro subministrado polo Grupo de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo, a cal organiza o evento ca colaboración inestimable, por aquelo do tan necesario equilibrio territorial entre as diferentes poboacións que o agrupan, do Concello de Camariñas. E máis nestas épocas de políticos sen escrúpulos que se adican a enfrentar aos diferentes pobos en beneficio (máis ben cesante, dado o estado da súa declinante situación microeconómica) propio, outro exemplo máis da aplicación secular do inevitable "Divide y vencerás". Nembargantes non soen ser as de Xaviña unhas terras que se deixen enganar por supervivientes e enganabobos e así, unidos, felices, en comunión cos restantes veciños do seu concello, celebrarán unha espectacular cachela de San Juan na mellor paraxe posible: aquela que proporciona o templo sagrado máis antigo e fermoso dos contornos.
  • Actuación musical Carnaval de Xaviña

    Unha morea de xente deuse cita para presenciar o mellor carnaval da Costa da MorteUn carnaval sinxelo, familiar e humilde. Feito polas boas xentes da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas e compartido cada vez por máis e máis persoas que non queren perderse a gran cita carnavalesca de Xaviña. Unha festa que contou este ano coa participación de tres promesas da canción, tres guapas rapazas que subiron ao palco montado pola Asociación Abrindo Rejo para reflexar diante das masas todo un torrente de voz e sabiduría musical. A camariñana Karina e as xaviñanas Yolanda e Erika deixáronse a pel no escenario para, nunha actuación a tres bandas, asombrar a todos os asistentes. Así e todo, despois houbo tempo para desfrutar cos disfraces de toda a vida e as comparsas que fixeron as delicias de todos con risas e comicadas a esgalla. Pero agora é o turno das rapazas cantantes (no mellor sentido da palabra, non estamos a falar de políticos caraduras que andan a denunciar ao cidadán de a pé) e de todo o seu chorro de voz que camarinas.eu trouxo a estas páxinas nunha noticia en exclusiva.
  • Entroido 2012 en Xaviña

    O carnaval máis dicharacheiro da costa atlántica: en Xaviña

    Se hai un entroido de carácter popular, dicharacheiro, multitudinario e gastronómico no noso concello ese é o xaviñán. Un ano maís ao carón da súa  cáseque milenaria igrexa parroquial, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e ca colaboración inestimable municipal, este domingo 19 de febreiro  centos de persoas daranse cita nun evento con renome en toda a Costa da Morte. Como sempre haberá orellas, chocolate, filloas e como non o sorteo dun porquiño. Aquí en camarinas.eu apara ir abrindo boca ca nosa cita ineludible co entroido xaviñán procedemos a publicar unha galería fotográfica do derradeiro magosto celebrado na parroquia máis extensa do noso concello.
  • Santa Ana 2011 en Xaviña

    Don Mario, cura párroco da parroquia de Xaviña acompañado polos seus feligresesHai xa máis dunha semana concretamente o luns pasado, 15 de agosto de 2011 e día sagrado da Asunción da Nosa Señora celebrábase na parroquia de Santa María de Xaviña a festa relixiosa máis importante do ano nestas antigas terras chas do Concello de Camariñas. Baixo un sol implacable que agora parece querer marchar para sempre do verán camariñán, era sacada polos fieis xaviñáns a Virxen de Santa Ana acompañada pola retaguardia por San Roque que percorreron parte de Xaviña dende a Rúa da Igrexa ata o cruceiro da Molinera. Unha procesión que contou co oficio do cura párroco de Xaviña Don Mario acompañado polo tamén cura xaviñán e profesor de Lengua Española no IES Raices de Cee Don Lorenzo. Ademáis da procesión relixiosa os responsables da organización agasallaron a todos os asistentes cun dúo musical que fixo as delicias dos máis bailadores.
  • Festa da Praia 2011 no Ariño

    Unha morea de xente deuse cita no Ariño para ver a Mucha e Nucha

    Unha estampida de público foi a que se deu cita o pasado 25 de xullo nos arredores da fantástica Praia do Ariño de Xaviña para ver a Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Así, a eso das 8 menos cuarto facían acto de presenza estes dous grandes humoristas galegos entre a multitude que se agolpaba no pinal do Ariño e que, ao velos chegar, saltou en avalancha para sacar unhas fotos e conversar cos seus heroes televisivos. Alí tamén pudemos ver a nosa querida amiga Chelo (antiga camareira do Bar do Casino) acompañada do seu sobriño Marcos Pereiro e integrante de As Cantareiras de Ardebullo. Toda unha sorpresa. O caso é que este 25 de xullo, festa grande en Xaviña e tamén por extensión no resto de España, houbo moitas máis actividades nesta Festa da Praia organizada exemplarmente pola Asociación Abrindo Rejo de Xaviñapero deixámosvos de agasallo o prato forte deste día especial na praia do Ariño con cerca de 100 fotos da actuación estelar de Mucha e Nucha: As Cantareiras de Ardebullo.
  • Festa da Praia 2011

    A Festa da Praia estará marcada este ano polo mellor humor galegoA Festa da Praia que tradicionalmente se celebra cada 25 de xullo no Areal xaviñán do Ariño estará marcada nesta edición polo humor galego. Polo mellor humor galego xa que como invitados de excepción estarán presentes o 25 de xullo, Día do Apóstol Santiago, Patrón de Galicia e das Españas, Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Pois alí estarán o luns 25 de xullo, no entorno paradisíaco do Ariño xunto a centos de veciños chegados dende tódolos recunchos do noso concello nun día que, se esta climatoloxía adversa que nos está a amargar o verán 2011 o permite, se convertirá nun placer difícilmente superable: o mellor entorno para un día de verán, unha comida abundante (gran sardiñada), boa música (charanga O Recobio, Abrindo Rejo, Escolas Municipais de Baile) e humor galego.
  • Entroido en Xaviña 2011

    O mellor Carnaval popular do Concello de Camariñas, como sempre en XaviñaAquí en camarinas.eu o segredo do noso humilde éxito baséase en aplicar a raxatabla dende o primer día unha recomendación que presuntamente endilgou un día hai moitos anos paseando polos xardíns do Pardo o Xeneral Franco a un cariacontecido, sorprendido e por veces obnubilado interlocutor: "Usted haga como yo: no se meta en política". E así nos foi dende aquela, aumentando a distancias meteóricas, siderales, a xa de por si oceánica ventaxa que nos separaba da nosa presunta competencia (por decir algo), se ben esto non constitúe ningún mérito, incluso un demérito máis ben, vendo o nivel lamentable, ruinoso, do que nos rodea. Con todo, para cubrir ese oco imprescindible que permita complementar as informacións de camarinas.eu cun punto de vista distinto, non deixan de surxir iniciativas ilusionantes, honestas, ben feitas, como a do noso querido amigo e usuario Mikel (http://camarinasdirecto.blogspot.com) ou a de quen foi ata non hai moito a nosa máis feroz competencia, o tristemente abandonado Diario Faro Vilán.
  • Entroido 2011 en Xaviña

    O Entroido de Xaviña: un clásico dentro das actividades carnavalescas na Costa da Morte

    Este domingo 6 de marzo ás 4 da tarde o entroido chega á Xaviña, a parroquia onde a tradición é lei, e faino por todo o alto nunhas festas convertidas pouco a pouco, a base de traballo, ilusion e gañas, nunhas das máis senlleiras da Costa da Morte. Os mellores disfraces, a festa máis desenfrenada, os máis abundantes e apetitosos ágapes, os premios máis suculentos terán lugar un ano máis nun entroido organizado pola exemplar xaviñana Asociación Abrindo Rejo. Na carpa instalada a carón da Igrexa Parroquial haberá: Premio á mellor comparsa, 1º, 2º e 3º premios para os mellores disfraces nas categorías de infantil, xuvenil e de adulto, así como un Premio Especial ao disfraz máis  orixinal; a mellor música; unha enchenta definitiva a base de chocolate con churros, filloas, empanada, etc... todo gratis e como guinda especial realizarase o sorteo dun porquiño que promete dar días de gloria culinaria, un manxar para o día de mañán, sorteo para o cal aquí en camarinas.eu dende hai semanas xa temos os nosos boletos gardados a bo recaudo. Este domingo dende as 16:00 e ata ben entrada a noite, ¡¡TODOS A XAVIÑA!!
  • Festa da Praia de Xaviña 2010

    Pois posiblemente na parroquia máis católica deste concello, Xaviña, cando son chegadas as sagradas datas dos seus santos máis devocionados, os venerables habitantes desta terra antiga tiran a casa pola ventana, bótanse ás rúas, ás praias e aos camiños e todo é celebrar festas en honor do santo en cuestión. Esto puidémolo apreciar particularmente este domingo 25 de xullo ca celebración do Santiago Apóstol, Patrón de Galicia e das Españas, nunha espectacular Festa da Praia, o luns 26 ca multitudinaria procesión do Sacramento e ca festividade tardía do Carme de Xaviña, a celebrar este martes 27. Tres días de festividade relixiosa continuada e extenuante no medio dunhas paraxes bucólicas e paradisíacas. Tal vez entre tanta festa piadosa, os veciños da llanura xaviñana tiveron tempo de adicar parte das súas súplicas a rezar polas futuras andainas deportivas do Xaviña FC, club futbolero que da man do noso querido amigo Isaac fará a súa espectacular reentrada no competitivo mundo do fútbol profesional na campaña 2010-2011. E camarinas.eu, como todo o que acontece na parroquia máis extensa do Concello, alí estará para contar o que suceda por eses campos de Deus.
  • Procesion de San Antonio en Xaviña

    Don Mario oficia ca súa sabiduría característica a procesión que enche os camiños de Xaviña de devotos veciños
    Don Mario oficia ca súa sabiduría característica a procesión que enche os camiños de Xaviña de devotos veciños

    A parroquia máis católica do concello

    Tradicionalmente as poboacións de terra adentro, de raigambre agrícola e campesina, suelen  estar caracterizadas por poseer unhas máis fortes creencias relixiosas e elo, ao noso leal e limitado saber e entender, queda reflexado especialmente dentro do Concello de Camariñas na Parroquia de Xaviña, aquela que pasaría por ser a máis relixiosa do mesmo, a máis católica.  Aquela que ten ata 4 curas vivos e en exercicio polo mundo adiante: Don Mario (que aínda que non é de Xaviña senón de Pontevedra leva casi 60 anos nesta parroquia), Don Lorenzo, Don Ramón e Don Manolo. Os catro son veciños de Xaviña. Desta maneira, as festas acompañadas de cristiana procesión multiplícanse ao longo do calendario na parroquia máis extensa do concello: San Blas, o Sacramento, Santa Ana, San Roque, San Antonio... Especialmente solemne é a festividade adicada cada 13 de xuño ao santo portugués falecido na cidade italiana de Padua en 1231 e que foi canonizado 352 días despois do seu falecemento, motivo polo cal toneladas insondables de sardiña procedente da Costa da Morte marchan en tan sinalada data en procesión cara as fogueiras de Portugal. Outra procesión foi a que como ven sendo tradición dende hai centos de anos congregou a toda unha parroquia polos extensos camiños que a conforman e que é comandada co oficio e sabiduría característicos dun dos relixiosos máis míticos da Costa da Morte, Don Mario, párroco de Xaviña e na que camarinas.eu, a web que concibe o concello de Camariñas como un todo informativo, estivo presente e captou unha ampla galería fotográfica de 150 imaxes.

  • Carnaval en Xaviña 2010

    Todo o talento e imaxinación das boas xentes xaviñanas quedou demostrado neste Carnaval do 2010

    Ben é sabido dende antigo que as xentes que pueblan a planicie xaviñana caracterízanse por ser persoas austeras, humildes, traballadoras e cumpridoras da Lei de Deus, por eso cando son chegadas as datas do Entroido a alma xaviñana bótase ás rúas da súa milenaria terra cristiana para disfrutar e darse a última gran homenaxe antes dos rigores dunha cuaresma que na parroquia máis grande do noso concello cúmplese de forma escrupulosa e con rigor legalista. Así o puidemos comprobar este domingo 14 de febreiro de 2010 cos impresionantes carnavais organizados pola Asociación Abrindo Rejo onde chegou ata a rifarse un cochino (con perdón)  e no que centos de persoas vestiron imaxinativos e alegres disfraces sendo o de avión supersónico o que finalmente resultou vencedor. Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e para a que cada parroquia é aínda máis importante que a anterior, estivo presente e captou todo o acontecido na ancha llanura xaviñana nunha amplia galería de 220 fotografías. ¿Quién da más?
  • Festas de Santa Ana en Xaviña 2009

    ¡¡Con Mägo de Oz en Xaviña!!

    Diego Alonso con Carlos Prieto e Fernando Ponce de León nas Festas de Santa Ana de Xaviña 2009
    Diego Alonso con Carlos Prieto e Fernando Ponce de León nas Festas de Santa Ana de Xaviña 2009

    Unha poboación tan antiga como Xaviña, cos todos os seus miles de anos, tivo que esperar ata ben entrado o século XXI par dar o salto definitivo ao resto do mundo a través dunha humilde web que a trancas e barrancas  e só ca axuda entusiasta dos seus usuarios chegou a convertirse no 10º (9º dentro de non moito tempo)  medio de comunicación de toda Galicia. Na celebración das súas festas de Santa Ana do 2009 puidemos ver a dous dos membros do exitoso grupo de rock de influencias celtas Mägo de Oz: Carlos Prieto "Mohamed", violinista e Fernando Ponce de León, encargado daflauta traversa, o whistle e as gaitas do famosísimo grupo de hard rock na mellor estética dos anos 80. Gaitas como as de "Abrindo Rejo", a Agrupación cos traxes máis fermosos que se recordan, que acompañaron unha procesión multitudinaria ata unha Igrexa construida alá nos medievais tempos do Románico. Procesión na que estes dous duros rockeiros coincidiron (¿quen sabe?) cun vello pariente do flautista: Manuel Valeriano Alonso de León, Alcalde de Camariñas...

  • Festa da Praia de Xaviña 2009

    Toda a mala sorte que tiveron os camariñáns nas Festas do Carme cun clima sempre sorprendente e inesperado, aliouse este 25 de xullo cos nosos compatriotas xaviñáns e así estes organizaron dunha forma sinxelamente perfecta a festa de Santiago Apóstol, Santo Patrón de Galicia e das Españas, o home que supostamente cometería tantas matanzas de invasores mahometanos alá na Baixa Edade Media. E todo elo adobado ca minuciosidade, detallismo e dotes organizativas tan caras á milenaria alma xaviñana: grupos de baile, unha sardiñada xigantesca, actuacións, un sol de xusticia e un baño reparador. Posiblemente a mellor Festa da Praia que se recorda no fértil areal xaviñán en anos.
  • Festa da Praia en Xaviña

    Todo listo en Xaviña para o 25 de xullo

    Image

    Duns anos a esta parte todos os 25 de xullo, Día de Galicia e do Patrón das Españas, Santiago Apóstol, en Xaviña prepárase co esmero e detallismo típicos xaviñáns unha festa campestre e popular que pretende optimizar ao máximo os encantos naturais da Praia de O Ariño.  Así, bandas de gaitas, grupos de baile rexional e incluso djs danse cita cíclicamente no areal xaviñán.

    Nesta ocasión optouse por un programa que extende as actuacións ao longo do día co pistoletazo de saída ás 12:00 cunha misa solemne a cargo do insustituible cura-párroco Don Mario e cunha sardiñada gratuita ás 14:00 no posiblemente merendeiro máis paradisíaco de toda a Costa da Morte. Despois virán as actuacións programadas que animarán ao público ata pasadas as 20:00 horas. Únicamente falta que o sol acompañe a todos os romeiros que se den cita no areal xaviñán, porque nese caso os asistentes poderán gozar dun dos maiores praceres que poden existir neste mundo.

  • Festas de Santa Mariña 2009

    Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen
    Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen

    Vila pequena, Sardiñada grande

    Constitúe un rincón remoto da Costa da Morte.  Enclavada na ladeira dunha montaña que cae serpenteando cara o mar tenebroso do finisterrae atlántico. Os seus veciños superan en moi pouco os cen habitantes. Pero os que nela moran presumen con orgullo que cada 17 de xullo alí se celebra unha das mellores sardiñadas do mundo. Cun producto exquisito e unha condimentación perfecta. Unha festa gastronómica onde as sardiñas, o pan de broa, o viño, a cervexa e os cubaxas se reparten prodigamente sen ningún tipo de límite. Camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, dos olvidados e ninguneados, non podía olvidarse de Santa Mariña e presentouse no que xa constitúe unha cita gastronómica a ter en conta nos calendarios culinarios desta Costa Atlántica  e que dou o pistoletazo de saída para as Festas do Carme de Santa Mariña 2009. 

  • Cartel das Festas de Santa Mariña 2009

    O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas
    O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas

    ¡Santa Mariña vai nela!

    Pois si, queridos usuarios o verán xa está aquí. Xa chegou, e co bo tempo chegan todas as actividades e festas que se organizarán durante toda a época estival no noso concello. Hai uns día que xa publicamos o gran cartel das Festas do Carme para este ano 2009 e hoxe procedemos a publicar o cartel das grandes festas que se realizarán na nosa querida vila de Santa Mariña e que contan cunha gran sardiñada que se realizará o 17 de xullo da cal din os que saben do tema que "a de Santa Mariña é unha das millores do mundo". En fin, camarinas.eu como web representativa de todo o Concello de Camariñas  e 12º medio de comunicación por internet de Galicia estará alí este día tan importante para os veciños de santa Mariña para realizar unha completa reportaxe de todo o que alí aconteza. Así nolo pediron amablemente os representantes da Comisión de Festas e así o cumpliremos. Esperamos vervos a todos alí. Polo de agora: un gran cartel destas festas de Santa Mariña e unha pequena galería de fotos que nos manda o noso querido usuario "Chicote".
  • Procesión do San Antonio de Xaviña 2009

    Camarinas.eu estivo este sábado 13 de xuño acompañando ao humilde e noble pobo de Xaviña na súa festa de San Antonio porque si unha das misións desta web como medio de comunicación máis importante da Costa da Morte é o de fomentar e promocionar as nosas festas máis importantes outro dos sinos de camarinas.eu é o de recuperar e mostrar a todos os miles de usuarios as festas máis humildes ou as tradicións máis antigas deste noso Concello de Camariñas.
  • Festa de Santa Ana na Praia do Arino, Xavina

    Unha prácida tarde na Praia do Ariño

    Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña
    Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña

    Pois chegado o 15 de agosto, as dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte Adry e Lucía decidiron ir a celebrar o 1º Aniversario de Camarinas.eu  cunha comida campestre no marco paradisíaco da praia do Ariño coincidindo co Día de Santa Ana, o cal se festexa na Parroquia de Xaviña e no que tradicionalmente a familia de Adry celebra unha das súas típicas e pantagruélicas comidas. Alí as nosas redactoras coincidiron cun gran número de familias xaviñanas que estaban a celebrar a súa festa, cos Veteranos, non da guerra do Vietnam pero casi: os do equipo de fútbol do Camariñas, e ademáis como non podía ser menos estas dúas coquetas belezas aproveitaron este entorno de ensoño para sacarse unhas cantas suxerentes fotos artísticas. Todo elo dentro desta noticia.

  • Festa da Praia 2008

    "Abrindo Rejo" organizará este ano a "Festa da Praia"

    Cartel da Festa da Praia do Ariño que empezará a circular polo concello estes días
    Cartel da Festa da Praia do Ariño que empezará a circular polo concello estes días
     

    Durante 6 anos a Asociación "Abrindo Rejo" de Xaviña e o Concello de Camariñas levan traballando por unha "Xoldra Enxebre" grande, vendo como cada vez vai crecendo máis. E moitas entidades empezan a colaborar no mesmo. Entidades públicas como a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, e como non, os veciños de Xaviña que veñen colaborando dende hai tempo para que a Xoldra Enxebre continúe medrando exponencialmente.

    Este 2008 o Concello de Camariñas confiou aínda máis na Asociación C.X.D. "Abrindo Rejo" ao poñer nas súas mans a organización da festa do día seguinte á Xoldra. Orgullosos de ser os primeiros xaviñáns en moitos anos en organizar este evento, os integrantes da Asociación "Abrindo Rejo" só piden que o pasedes ben na FESTA DA PRAIA:

    • 24 de xullo: VI XOLDRA ENXEBRE: noite con encanto, folk, risas, e un dj que traerá a Formula Hits ó Ariño.

    • 25 de xullo: DÍA DA PATRIA GALEGA: día cargado de gaiteiros, sardiñas asadas, xogos na praia.

  • Fotos da Xoldra Enxebre 2007

    Cristina Pato en plena evullición Jaiteril
    Cristina Pato foi a cabeza de cartel da Xoldra 2007

    Xa están aquí as fotos da Xoldra Enxebre que se celebrou este ano na Praia do Ariño de Xaviña e na que non houbo moi bo tempo pero ao final pasámolo en grande cos grandes músicos que a Asociación "Abrindo Rejo" trouxo a Xaviña. Esperemos que para o ano que ven a directiva, na que xa non estará Sergio Caamaño, volva a facelo tan ben. Norabóa compañeiros! Aquí nos tendes para o que faga falla. Pulsa neste enlace para ver as fotos.