• Mercado Medieval de Camariñas 2012

    A primicia do Cartel do Mercado Medieval só en Camarinas.eu

    Tal e como anticipara Camarinas.eu ca publicación oficial do Cartel da que se aveciña como a máis grandiosa Festa do Carmen en toda a historia, ésta presenta como unha das súas principais novidades a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas. Sendo a nosa vila unha poboación cuias orixes se perden nas orixes do tempo, a elección dos seus rueiros antigos, angostos, caóticos, para a celebración dun evento deste tipo non pode ser máis acertada. As épocas da Xénova de Marco Polo, as do Porto de Palos e dun continente por descubrir, as de Baiona e as da nova do máis grande descubremento de tódolos séculos, rememoradas por mor dunha idea xenial en Camariñas durante os máis sinalados días do ano.
  • Cartel da Festa do Carmen 2012

    Comenza a conta atrás para a máis grande festa do arco atlántico

    Cando estamos a pouco máis de mes e medio para o comenzo da Festa do Carme, no que xa constitúe unha tradición, Camarinas.eu procede a publicar en rigurosa exclusiva o cartel da máis grande festa do arco atlántico, alomenos para un camariñán. Un programa de actuacións realmente espectacular, completo a máis non poder, e que ao decir dos entendidos presenta o mellor plantel de orquestas que a día de hoxe se poden atopar no panorama galego (París de Noia, Olympus, Ciclón, Panorama, Palladium, etc...). Todo elo débese ao traballo infatigable, serio e eficaz que dende hai un ano ven desempeñando de modo exemplar a Comisión de Festas, comandada polos nosos queridos amigos Rubén e Luis dos Cabalos, os cales restando tempo ao lecer, á familia, mediante a celebración de ceas, bingos, campeonatos de truco, etc... conseguiron facer posible o soño de contar ca mellor das festas. A elo, como é habitual, hai que sumar a colaboración desinteresada de Diego Alonso Freire no diseño dun cartel á altura do contido do mesmo: a suma do esforzo duns poucos redunda no beneficio xeral de tódolos camariñáns. E así, cando o sábado 14 de xullo, neses mesmos intres en que os fastos do día nacional de Francia estén dando as súas últimas boqueadas, un pouco máis ao sur, nunha remota vila da Costa da Morte, comenza outro evento que non desmerece en absoluto ao anterior: ¡¡a mellor festa do mundo!!
  • Vídeo da Festa de San Xurxo 2012

    Un pequeno regalo para os nosos emigrantes buriáns espallados polo mundoComo sempre, ao igual que en anos precedentes, unha lexión de buriáns desperdigados polo mundo (Suiza, Bélxica, Alemania, etc...) buscaron un oco no calendario, fixeron a súa maleta e voltaron á súa terra polos sagrados días de San Xurxo. Agora, pasado un mes, todo parece moi lonxano, unhas épocas remotas, pero para estes emigrantes elo supuxo a batería na que recargar as pilas para longo ano de duro traballo. Por elo, Camarinas.eu consciente da labor social que como única web representativa de todo un concello ten entre o noso colectivo emigrante, réndelles unha humilde homenaxe publicando un vídeo grabado a cabalo de diversas sesións fotográficas durante a derradeira Festa de San Xurxo, ese abrevadeiro emocional no que tantos buriáns afastados da súa terra sacian a morriña de todo un ano.

     

  • Procesión de San Xurxo 2012 en Camariñas

    O clima dou un respiro e o Patrón de tódalas Camariñas saío en Santa Procesión sen maiores atrancos, rodeado da fe e da devoción das súas xentes. Multitude de camariñáns, maiormente procedentes dos distintos lugares do Distrito de Buría, inundaban o atrio da Igrexa Parroquial cando pasadas ás 13:00 horas San Xurxo facía a súa aparición polas portas do templo sagrado nunhas datas sempre a medio camiño entre unha recén fenecida Semana Santa e o verán pródigo en todo tipo de festexos que se aveciña. Así soe ser a festa do Santo Patrón, habitualmente azoutada por un duro e implacable nordeste ou polas inoportunas augas primaverais. Nembargantes, tal que decíamos, no Ano do Noso Señor de 2012 o clima dou un respiro, dende os ceos fíxose a luz e santo que terminou co dragón dun lanzazo poido saír a recibir o cariño, a devoción e a fe das súas xentes sen maiores atrancos.
  • Festa de San Xurxo 2012

    A festa en honor ao Patrón de Camariñas arranca este sábado 21 de abrilDende este sábado 21 de abril o Distrito de Buría e por extensión Camariñas están en festas. A edición do 2012 da Festa en honor do Patrón da Vila dos Encaixes arranca aos sons do baile vermouth e extenderase ata o martes 24 de abril. A comisión de festas organizou un completo programa de actuacións que inclúe ás orquestas Nueva Generación, Ciclón, Fania, Marbella, Abanico, Aché, Palladium e Cinema, ademáis da xa clásica e obrigada ofrenda floral no Cotro ao camariñán que construío desinteresadamente a finais do século XIX a Igrexa Parroquial. O día grande caerá este ano en luns e esperemos que as chuvias que están a caracterizar un mes ata o de agora pródigo en augas dea unha tregua e os camariñáns, especialmente aqueles que residen nos diferentes e antigos lugares de Buría, poidan honrar como se debe un ano máis ao noso Santo Patrón.
  • Luns da Virxe do Monte 2012

    Nunha espléndida mañán primaveral a Virxe dos as tres voltas ao redor da ErmitaSe na tarde dominical do 8 de abril unha importante delegación da vila de Camariñas se dou cita nas alturas do Monte Faro, na mañán do luns que o seguía prácticamente todo un pobo acudío como un só home á montaña sagrada. Dende as 9 da mañán, horario da primeira das misas, oleadas consecutivas de camariñáns tomaron ao asalto a capela da Virxe do Monte. Alí estaban: dende sinxelos mariñeiros de conciencias puras ata políticos de corpos e almas putrefactas, corrompidas ata os tuétanos; dende rapaciños inocentes que comenzaban a tradición que os acompañará o resto das súas vidas ata serenos xubilados que acumulan décadas continuadas de devoción e fe; dende  xóvenes redactores atraídos por unha estrana, indefinible, chamada mezcla de folklore, patriotismo e tradición ata os que non dubidan, aqueles puros de corazón para os que o mundo constitúe un todo perfecto e claro, de leis e reglas ríxidas e inmutables. Alí todos eles anhelando facerse perdoar os pecados acumulados nun ano pródigo en culpas e deslices contra o Señor. Alí todos eles na posiblemente data máis emblemática en todo un exercicio para os naturais da así chamada Vila de Camariñas.
  • Festa da Zorza de Camariñas 2012

    A Festa da Zorza: unha gran iniciativa para acompañar á Semana Santa camariñanaSen necesidade de okupar ilegalmente todo un club náutico, sen asaltar negocios de comerciantes particulares, sen deixar pufos de máis de 2.500 euros por unha partida de sardiñas en Camelle, e sen necesitar o máis mínimo os servicios do cociñeiro náutico habitual (algo que non deixaron de agradecer encarecidamente os paladares dos seus clientes), un puñado de xóvenes rapaces camariñáns organizou de forma exitosa este sábado 7 de abril un evento chamado a convertirse nun clásico do calendario gastronómico da Costa da Morte: a Festa da Zorza. Se os máis novos para triunfar rotundamente non teñen que acudir nas súas actuacións a semellantes espectáculos lamentables, non entendemos por que sí o fan os máis vellos, sobre todo cando xa están ao final da escapada. Ou tal vez precisamente por elo. En todo caso, a partires das 19:00 horas, organizada pola Comisión da Festa do Carme,  na Praza do Mercado arrancou a edición da Festa da Zorza do 2012 como prolegómeno das actuacións que se extenderían ata altas horas da madrugada a base da mellor música da discoteca móvil e das orquestas e que permite anticipar unha traxectoria exitosa aos membros da Comisión. Os primeiros compases da Festa do Carme do presente exercicio non puideron comenzar mellor. Por outra banda, os membros da Comisión queren facer público a través de Camarinas.eu que o número premiado no soreto celebrado ao efecto foi o 387. O agasallo consistirá en 300 eurospara gastar en calqueira dos establecementos da capital municipal. En establecementos legais, queremos decir, nos okupados non.
  • Domingo da Virxe do Monte 2012

    O pobo de Camariñas volcouse un ano máis ca Virxe do MonteNon pode haber mellor colofón á Semana Santa camariñana que a procesión á Virxe do Monte. A visita ao monte sagrado da Vila das Palilleiras congrega ano tras ano centos de veciños felices por acompañar á súa virxiña na súa subida aos ceos. Cáseque á mesma hora en que na Avenida Euxenio López se daba fin a outra exitosa edición do certame encaixeiro de maior entidade a nivel mundial, na Ermita do Carme poñíase en movemento unha longa serpente multicolor para acometer á viaxe ao Monte Faro. Fe, devoción, agradecemento e patriotismo camariñán imbúen unhas mentes nas que a visita á Ermita do Monte convírtese nunha obriga ineludible. E alí como sempre non podía faltar Camarinas.eu na súa dobre cita de domingo e luns. Polo de agora vaia por diante a galería fotográfica do acontecido o Domingo 8 de abril do Ano do Noso Señor de 2012 a partires das 18:00 horas.
  • Festa da Virxe do Monte 2012

    A Vila de Camariñas preparada un ano máis para volcarse ca súa Virxe do MonteSi un o pensa detidamente, tal vez a sucesión de días nos que se honra á Virxe do Monte sexan os máis profunda, sentida e entrañablemente, camariñáns. A única festividade caracterizada como peculiaridade exclusiva e singular da Vila das Palilleiras: mentras a Virxe do Carme ten consagrado o día 16 de xullo como unha data festiva totalizadora de prácticamente todo o litoral galego e a honra a San Xurxo, o santo que lanceou ao Dragón, multiplicase ao longo do planeta, a Virxe do Monte cunha orixe que se perde na orixe dos tempos constitúe unha festividade sen parangón noutras terras, un caso prototípico de Camariñas. Tal vez por elo, os membros da Comisión da Festa do Carme nesta edición de 2012 puxeron en marcha unha batería de actuacións de gran calibre, comenzaron  a pedir a todo trapo pola Vila dos Encaixes e os veciños a responder como nunca. Fruto de elo, nace un programa de festas serio e  completo, que retoma unha iniciativa exitosa no seu momento como foi a Festa da Zorza, que tras un ano de parón volverá este sábado 7 de abril, amenizada por unha Discoteca Móvil e a Orquesta Costa Oeste. A todo este traballo desinteresado da Comisión sumouse un ano máis o do director de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, que diseñou gratuitamente o Cartel da Festa. Todo elo é pouco para contribuir ao desfrute dos días máis entrañables do ano no Monte Sagrado camariñán.
  • Todas as fotos do Carnaval en Camariñas 2012

    Tal vez Camariñas non teña a tradición carnavaleira doutros lugares de Galicia onde chegadas as datas do Entroido todo o mundo parece volverse tolo, nembargantes ahí estamos, suplindo con gañas e ilusión carencias seculares. Así, este ano dende a Concellería dirixida por Juan Manuel Cabrejo Pasantes diseñouse un programa completo para o Carnaval camariñán 2012 que incluío entre outras novedades unha serie de hinchables situados no Pabellón aledaño ao principal. Destacar entre os participantes desta edición ás que finalmente resultaron gañadoras, unha Santa Compaña formada por zombies famosos  falecidos en acto de servizo maiormente nun tumulto orxiástico de sexo, drogas e alcohol. Si hai que morrer, que sexa dese xeito.
  • Entroido 2012 no Concello de Camariñas

    O Entroido chega outro ano máis cheo de actividadesUn ano máis todo está listo para que arranque o Entroido no Concello de Camariñas. Dende a Casa Consistorial diseñouse un programa de actividades municipal amplio e solvente que toma como referencia tres puntos neurálxicos: o Pavillón Polideportivo da Ponte, onde o sábado 18 de febreiro terá lugar un conxunto de actuacións que inclúe dende hinchables ata música; a Casa do Alemán de Camelle, onde ao programa do día anterior uniráselle un suculento menú a base de chocolate e doces típicos do Carnaval, e finalmente como punto final, o martes de Entroido, día festivo en todo o concello, os disfraces e a festa apoderaránse do Pavillón Municipal de Camariñas onde terá lugar o gran concurso que premia anualmente ao mellor disfraz elaborado en todo un concello ao longo dun ano. E alí, captando a ledicia e o desenfreno dos cativos e dos non tan cativos, estará camarinas.eu, a web que fai da plasmación do día a día das xentes dun concello nos albores do século XXI un arte.

    ENTROIDO CAMARIÑAS 2012

    Sábado, 18 de febreiro FESTA DO ENTROIDO NA PONTE DO PORTO
    Música e inchables para tódalas idades
    No pavillón de 17:00 a 20:00h

    Domingo, 19 de febreiro FESTA INFANTIL EN CAMELLE
    Disfraces, inchables, animación musical, chocolatada e comida de Entroido
    Casa do Alemán de 17:00 a 20:00h

    Martes, 21 de febreiro GRAN CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO CAMARIÑAS 2011
    {xtypo_rounded_right2}Premios:
    (contía entregada no acto)
    Comparsas
    1º premio 400€            
    2º premio 250€            
    3º premio 180€{/xtypo_rounded_right2}
    A partir das 17:00h no pavillón municipal de Camariñas.  
    BAILES, XOGOS E MÚSICA CON EDUVIA   INCHABLES PARA TÓDALAS IDADES   DESFILE DE COMPARSAS POLAS RÚAS
    Saída ás 17:00h do pavillón municipal de Camariñas.
    A partir das 18:00h no pavillón municipal de Camariñas.

    CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL E COMPARSAS
    Consultar bases do concurso en www.camarinas.net
    Inscricións Ata o 20 de febreiro no servizo de cultura
    biblioteca de 10:00 a 14:00h de 15:30 a 18:30h
    (teléfono: 981737234 - corrreo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
    (Só poderán participar no concurso de disfraces infantil e comparsas aqueles/as que se inscriban na biblioteca antes do martes 21 de febreiro)


  • Festa do Cocido en Camariñas 2012

    Unha gran iniciativa da Comisión das Festas do Carme

    Decíamos recentemente que si por un lado en Camariñas estamos asistindo a un dos espectáculos máis lamentables de toda a súa historia protagonizado por unha minoría radical e violenta, cada vez máis entolecida na súa deriva esquizofrénica cara a derrota final, unha viaxe cara a ningunha parte de animal acorralado que da os seus últimos zarpazos por pura impotencia, todo en relación ao asalto a un Bar-Restaurante, segue a xurdir, cada vez máis, xente boa, desinteresada, altruista. Exemplares de un mundo que se acaba (o dos matóns, o dos caciques, o do egoísmo, o da mentira, o do noxo no seu estado máis puro), frente a outro que brota lenta pero imparablemente: o deses rapaces e rapazas que sempre atoparán un momento para adicarlle aos demáis. Un mundo no que en Camariñas nos últimos tempos sempre tivo un papel protagónico as Comisións das Festas do Carme.
  • Misa da Epifanía en Camariñas 2012

    Fruto de distintas colaboracións, este 6/I/2012 desfrutamos dunha estupenda Epifanía

    Se por unha parte este Nadal de 2012 pasará á historia polo lamentable espectáculo protagonizado pola minoría radical e violenta que na loita descontrolada por acadar os seus intereses egoístas respecto a unha cafetería está disposta a levarse por diante institucións de prestixio e solera (espectáculo que continúa ca ocupación ilegal das súas instalacións), noutras partes do concello asistimos a exemplos de colaboración desinteresada e altruista. As Forzas do Mal e as Forzas do Ben. Colaboración entre boas xentes, que na nosa terra sempre serán maioría, para facer posible a multitudinaria e deliciosa Misa de Reis que se celebrou o 6 de xaneiro en Camariñas. Misa oficiada por Don Jesús que fixo un percorrido, ameno, instructivo,  polo significado da Epifanía e na que todo o que puido colaborou desinteresadamente: os reis foron tres voluntarios procedentes un de Camariñas e dous de Xaviña, o Coro Parroquial esmerouse ao máximo tanto no canto coma na organización da representación e o Concello cedeu os traxes dos Reis Magos. Sen olvidar a última das colaboracións: a de camarinas.eu, que asistío gustosamente ao acto e que agora deixa proba do mesmo ante a historia de Camariñas a través da presente noticia acompañada dunha impecable galería fotográfica para solaz e pracer das boas xentes da nosa terra.
  • Cabalgata de Reis Magos 2012

    Unha paixón descontrolada polos caramelos vivíose no noso concello este 5 de xaneiro de 2012¡Ay os caramelos! ¡Pero que de trifulcas este xoves 5 de xaneiro de 2012 en Camariñas a conta dos caramelos! Foi como si unha das vertientes que caracterizaron ao ser humano dos inicios do civilización, o de cazador, se vivise en todo o seu explendor ao paso da Cabalgata de Reis Magos neste concello deixado da man do Noso Señor. Decimos unha soa das características, porque a outra, a da paciencia, a de cuidar no fogar da prole, a recolectora, mentras os machos andaban por ahí fóra matando mamuts, virtude esencialmente femenina na antiguedade, esa pasou claramente a mellor vida: á chamada dos caramelos varóns e féminas responderon por igual na pelea implacable, cáseque a morte, co coitelo entre os dentes, por apañar o máximo número de caramelos. Como si dunha zona de baloncesto se tratase, a loita por gañar e  defender a posición voltábase algo salvaxe: codazos, empuxóns, pisotóns, miradas ameazadoras, berros guturais. E ahí, proba da sabiduría da natureza e da evolución das especies xa predita nos eu momento por Charles Darwin ("only the strong survive") os máis voluminosos fixéronse co maior botín co que seguir mantendo toda a súa voluminosidade no seu maior esplendor. En fin, e eso que se trataba de sinxelos caramelos, de calidade máis ben normal (tirandoa  baixa, tampouco imos a enganarnos), si os Reis de Oriente chegan a tirar delicias turcas, ou os famosos pasteliños de Vienna, ou os exquisitos dulces de Budapest, tamén calqueira das delikatessen elaboradas por artesáns de Verona, ou de...
  • Sardiñada do Carmen 2011

    Rubén O Rusiño, O Yogui e O Chicotiño xunto aos demáis membros da comisión non pararon de traballar os catro días do carmen

    Pois como dicíamos anteriormente Camarinas.eu estase a poñer as pilas novamente e despois dunha temporadiña relativamente calmada pola gran cantidade de traballo volve a remontar o seu particular chiringuito informativo. Un chiringuito, por outra parte, que se extenderá ata os últimos rincóns do concello nunha nova etapa da web que marcou un antes e un despois na información xornalística da Costa da Morte. Así pois podemos anunciarvos dende estas páxinas a consecución inminente (por fin) da que será a Asociación Camarinas.eu que se encargará de velar pola supervivencia desta web así como de outros aspectos que teñen que ver ca promoción do bo uso de internet no concello liberando así das cargas propias deste traballo aos seus xa cansados redactores. Despois dun largo periplo que xa vai para os cinco anos de existencia e sempre coa imparcialidade e independencia política como baluarte, Camarinas.eu dará outro paso máis que pronto vos anunciaremos e que será todo un fito no xornalismo independente en Galicia. En breves días poñerémosvos máis ao corrente destas novidades.
  • Festa de San Ramón 2011

    San Ramón sae ás rúas de Camariñas nun día pasado por augaO crepúsculo veraniego camariñán amosa os seus primeiros raios otoñais cando a vila rinde os seus respetos a San Ramón, o santo catalán que chegou a convertirse en cardenal e patrón das parturientas, todo na mesma persoa. Non en vano estamos a falar dun nome, Ramón, que significa nen máis nen menos que "protexido pola divinidade". Con semellante carta de presentación era obvio que un pobo de ordinario respetuoso e piadoso como Camariñas recoñecera as altas cualidades que adornan a todos os ramóns, monchos, monchiños, monchilos... cunha festa no seu honor. Esta ten lugar os últimos días de agosto e por elo con maior frecuencia da desexada o mal tempo faise notar. Esto ocurrío especialmente no chuvioso mércores 31 de agosto do ano en curso, onde as miradas continuas aos ceos caracterizaron a procesión arredor da Igrexa de San Xurxo concurrida como sempre. Esperemos que eses mesmos ceos grises e cargados den un respiro ao pobo de Camariñas na xornada deste vindeiro venres cando unha sesión vermouth e unha verbena poñan o colofón final ás festas en homenaxe a aquel santo nacido en Cataluña no ano 1200 e que vaia a saber vostede por que acabou convertíndose en patrón das parturientas.
  • Festa do Carmen 17 de Xullo

    A Danza de Arcos é obxecto dunha reportaxe de Camarinas.euA exitosa Festa do Carmen 2011 xa é historia e a nova comisión de festas comandada polo noso amigo Luis dos Cabalos que organizará as do 2012 xa está mans á obra e promete grandes novidades que serán anunciadas na web representativa das xentes de Camariñas. Entrementras dende Camarinas.eu queremos recordar o que foi a procesión do día 17 de xullo cando se leva a Virxen do Carmen de volta á Igrexa de San Xurxo en procesión. Unha procesión que, como mandan os cánones, está acompañada por unha menguada Danza de Arcos. Menguada en número de asistentes pero non en devoción e alegría por parte duns danzaríns que o dan todo para acompañar a súa santa. Cando remata a misa e a Virxen descansa xa no seu altar ata o ano próximo a historia da Danza de Arcos cambia completamente e a ela únense veteranos que destapan as súa ganas de volver a danzar na súa festa.
  • Festa do Carme 2011: 16 de Xullo

    Acorde co verán miserable que estamos a vivir, o sábado 16 de xullo, Día do Carme, amenceu da peor maneira posible. Xélido, chuvioso e borraxeirento, un opaco tono gris foi o permanente telón de fondo que acompañou a celebración do día máis grande do ano en Camariñas. En condicións adversas como as descritas, o carácter invencible do Carme resplandece en todo o seu esplendor e a serpe multicolor da Danza de Arcos suple tódalas carencias climatolóxicas e tingue de colorido ata o corazón máis negro, o día máis escuro, a alma máis ocre. Perfecto complemento de distintas forzas en movemento, insuperable Comisión de Festas que en tempo récord foi quen desenrolar un traballo admirable e conseguir a miragre, operarios municipais (sempre os grandes olvidados) con horarios suicidas que comenzaban as 6 da mañán e rematan Deus sabe cando e onde nas datas máis sinaladas do calendario e formigueante Danza de Arcos, un ano máis o sagrado Día da Virxe do Carme encheu de ledicia, de emoción, dun bulto que se agarrotaba na gorxa ata o último corazón camariñán. Incluso co tempo máis miserable que se puidera vivir.
  • Ensaio da Danza de Arcos

    Todo listo para a mellor Danza de Arcos do mundoCáseque o mesmo día no que o glorioso Real Madrid voltaba aos adestramentos, a mellor Danza de Arcos do Mundo, a de Camariñas, iniciaba os ensaios para a Festa do Carme do ano 2011. Non de maneira tan esixente como a dos superatletas brancos: bastaba con dar un par de carreiriñas e presentarse máis ou menos sereo. En canto á forma física, con tal de que o prominente buchiño permitise polo menos albiscar as puntas dos zapatos xa valía. Si ademáis do anterior, os pupilos seguían correctamente as directrices do seu superior xa íamos que nos matábamos. Como non podía ser menos, dado o especial da ocasión camarinas.ei enviou ás alturas que dominan o Poso do Muelle á súa redactora especializada en temas arqueiros, Lucía Carril Ageitos, unha muller experta observadora analítica das máis enrevesadas filigranas danzantes, a camariñana que atesora a máis amplia colección de DVDs da Danza de Arcos da nosa vila. Señoras e señores, camariñáns todos: quedan tres días para o inicio das mellores festas da Costa Atlántica. Prepárense a desfrutar.
  • Cena do Carmen 2011

    Machote levouse para Suiza unha Virxen do Carmen pintada e donada polo noso usuario Reyes FPO ocorrido este pasado sábado 2 de xullo pode definirse tranquilamente e sen ánimo de pecar de euforia cunha palabra: apoteósico. A Festa do Carmen, a máis grande festa que estaba a punto de desaparecer do mapa festeiro da Costa da Morte, resurxío das súas cinzas a menos de 15 días da súa celebración cun apoio masivo por parte das xentes de Camariñas na cena anual que a actual comisión de festas organizou no Hotel Restaurante Os Catro Ventos. Un reximiento de preto de 220 persoas abarrotaron e cáseque colapsaron o famoso local hosteleiro para axudar, como bos camariñáns, na consecución da nosa Festa do Carmen, a festa que leva o nome da Patroa de Camariñaspolo mundo adiante  e que tantos visitantes atrae ata a nosa vila nas datas da súa celebración.