• Procesión da Virxen do Monte 2014

    En canto a montes sagrados, a montañas máxicas, hai quen ten sorte e hai quen non a ten. Pensen vostedes na desdichada Armenia, agazapada entre alturas inmarcesibles no Cáucaso, co seu principal símbolo, aquel onde na orixe dos tempos foi a embarrancar Noé coa súa pintoresca tripulación, o Monte Ararat, enclavado en terra allea, a tiro de vista de Ereván, a capital armenia e constituindo aínda por enriba o principal pico do seu archiodiado veciño turco. ¿Cómo debe ser a vida diaria para un cidadán armenio corriente, patriota para máis inri, que todos os días se levanta e contempla, entre humillado e fatalmente resignado, ao principal símbolo do seu país, o bíblico monte sagrado, a un tiro de pedra duns poucos kilómetros de territorio turco? Felizmente, nada deso acontece en Camariñas e así a súa montaña máxica luce erguida e maxestuosa dentro do seu propio término municipal, un non ten máis que ir dando un bordeo polo Paseo de Señores, despois pola beira do mar, atravesar a Praia de Lago, encarar unha pequena subida entre as sombras dos pinos e atoparse na cima do monte sagrado ca coqueta capela á que cada ano nas sinaladas datas da Semana Santa toda unha vila acude en solemne procesión. No Ano do Noso Señor de 2014 foi a recaer nun luns 21 de abril cando durante tres horas ininterrumpidas as masas camariñanas tomaron o seu monte santo e alí, como tamén é tradición, non podía deixar de estar Camarinas.eu.
  • Cartel da Festa de San Xurxo 2014

    Case recén rematada a Virxe do Monte arranca a Festa de San Xurxo. Non hai descanso no calendario primaveral camariñán. As alturas da Vila das Palilleiras rendirán un ano máis homenaxe ao seu Santo Patrón nunha edición para a que a Comisión de Festas elaborou un programa minucioso e completo na mellor tradición de Buría. Todo elo arrancará o martes 22 de abril cun repique de campás e a tirada de 21 bombas de palenque. Para o mércores 23, Día Grande das Festas, Banda de Música, Grupo de Gaitas, sesión vermouth e verbena a cargo das Orquestras Cinema e Aché. Ademáis obviamente da tradicional procesión ao redor do Templo Parroquial e unha espectacular traca artillera. O xoves 24, Día de San Roque e San Antonio, serán Fania e Philadelphia as que se encarguen de amenizar os dancings camariñáns mentras que o venres 25, Xornada de homenaxe aos nosos sagrados emigrantes, Pontevedra e Ciclón levarán a boa música á Praza de San Xurxo. Todo elo para que o sábado 26 se poña o broche de ouro a un cartel espectacular ca homeaxe floral a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa no Lugar do Cotro e sesión vermouth e verbena eminentemente xuvenil a cargo de Mosaico e Factory Móvil. Catro días de completo calendario que farán que Buría, e por extensión toda Camariñas, sexan unha festa.
  • Camariñas quenta motores para a Virxe do Monte 2014

    Postos a vender un producto, neste caso unhas festas, nada mellor que dúas belezas camariñanas. Neso pensamos na redacción de Camarinas.eu para promocionar a festividade que dará o pistoletazo de saída a tempada de festas do 2014, retomando deste xeito un dos clásicos que fixeron famosa en tempos a esta redacción: a de aproveitar a beleza natural das mulleres da Vila das Palilleiras para dar a coñecer os tesouros dun concello sen igual. Desta volta son Maitiña Castro Carril e Belén Lista Pasantes as escollidas para empezar a quentar motores ca Virxe do Monte do 2014, a festividade máis camariñana, a única que da en celebrarse únicamente na nosa vila. De seguro que estas dúas fermosuras non deixarán pasar a  oportunidade de desfrutar ao máximo do programa da Semana Santa, que se complementa ademáis ca clásica celebración da Mostra do Encaixe, o maior certame encaixeiro a nivel mundial. E esto está cada vez máis preto, o mércores 16 arranca a XXIV edición da Mostra e o sábado 19 a Virxe do Monte ca Orquesta Ledicia e a Disco Móbil CDC. Cada vez queda menos para, un ano máis, empezar a pasalo ben.
  • Cartel da Romaría da Virxen do Monte 2014

    Lista a parrilla de saída do calendario festeiro camariñán para o ano 2014. A Comisión de Festas acaba de facer público o cartel da Festa da Virxe do Monte. Como todos os anos ésta terá lugar coincidindo cas sinaladas datas da Semana Santa, sendo polo tanto a partires do 20 de abril de 2014 cando comence a festa máis camariñana. O Sábado Santo será a Orquesta Ledicia a que se faga cargo da sesón vermouth e da verbena, empeño éste último no que estarán axudados da Disco Móbil CDC, levando a mellor música ata altas horas da madrugada camariñana. Ben pensado, o Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo quedará reducido a menesteres relixiosos, saíndo ás 17:00 horas dende a Capela  do Carmen  a multitudinaria procesión ata a Capela da Virxe do Monte.  Finalmente o luns e despois duns comezos relixiosos, misas de 9 a 12 no Monte Sagrado camariñán, a Orquesta Aramio na Praza do Mercado dará o remate final ao cartel festeiro ca actuación na Sesión Vermouth e na Verbena. Ca Virxe do Monte 2014, comenza o calendario festeiro dun ano máis das nosas vidas. Que continúe sempre así.
  • Felicitación Navideña da Comisión do Carmen de Camariñas

    As Comisións de Festas andan que botan lume no noso Concello, tal vez eso explique o rexurdir glorioso das nosas festividades parroquiais en épocas recentes. Unhas comisións caracterizadas por presentar no seus exemplos máis salientables unha serie de importantes similitudes: xente nova, con gañas e ilusión, dispostas a traballar duro e aportar inxeniosas novidades en  canto á organización de festas moi, moi antigas. Se en Xaviña andan estes días revolucionados por un grupo de impoñentes beldades comprometidas con revitalizar todo o conxunto festivo xaviñán, na parroquia na que comenzou esta auténtica revolución festeira, Camariñas, a Comisión de Festas que retomou a organización da máis grande festividade da Costa da Morte decidío facer un alto na súa dura andaina recaudatoria para elaborar un simpático e entrañable vídeo co que felicitar o Nadal a todos os camariñáns que ahí andamos ao longo e o ancho do mundo. Un vídeo colgado no canal de Youtube da nosa redactora Lucía,  no que baixo a  batuta do novo commander-in-chief comisional de Camariñas, o veterano Pedro, o membros da Comisión agradecen as mostras de cariño e compromiso recibidos dos veciños da Vila das Palilleiras, mostran que teñen corda para rato e alédannos os días de Nadal a todos os que levamos Camariñas na nosa alma. ¡¡Felices Navidades a Todos!
  • Procesión de San Ramón 2013 en Camariñas

    A procesión de San Ramón 2013 celebrouse este sábado 31 de agosto

    E como o prometido é débeda Camarinas.eu procede a publicar a única galería de fotos decente do que foi outra edición máis da tradicional procesión da Festa de San Ramón. Unha tradicional celebración que foi oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado por gran cantidade de veciños baixo un agradable sol veraniego entre os cales pudemos ver á Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial ou ao noso amigo e líder intratable das noites radiofónicas galegas Marcial Mouzo, co cal tivemos ocasión de departir amigablemente. A misa comezaría exactamente ás 13:00 e xa rematada esta procedeuse a pasear á venerada imaxe do Santo das embarazadas polos arredores da igrexa de Camariñas. Para rematar a ceremonia, tal e como anuncio Camarinas.eu, chegou turno da atronadora traca de fogos artificiais que deixou coa boca aberta a máis de un e que fixo tamén de bandeirazo de saída para comezar o baile vermouth que correu a cargo da orquestra Acirema. E nesto que Camarinas.eu estaba alí, como non podía ser menos, tráevos ao gran público camariñán e aos máis de 1000 usuarios desta web e 1600 amigos do facebook toda unha señora galería de fotos do acontecido na procesión de San Ramón 2013.
  • Cartel da Festa de San Ramón 2013 en Camariñas

    Este sábado 31 de agosto festa de San Ramón por todo o alto en Camariñas

    Camariñas prepárase para queimar os últimos cartuchos festeiros deste verán 2013. Este sábado celebrarase outra edición máis da Festa de San Ramón que contará este ano cun gran cartel na que destacan as orquestas Acirema e Ciclón que terán ao seu cargo amenizar a gran verbena nocturna do sábado 31 de agosto e que se prevee multitudinaria. Pero antes, a eso das 9 da mañá comezará a pulular polas rúas da Vila das Palilleiras a charanga Mekanika atronando rítimicamente cos seus tambores frenéticos.  E xa  a 1 da tarde celebrarase a tradicional misa coa procesión ao redor da igrexa de Camariñas en honor a San Ramón que rematará dun xeito espectacular (e atronador tamén) coa tira dunha gran traca de fogos artificiais que dará inicio á sesión vermouth da orquesta Acirema e que fará tamén as delicias dos máis chiquiteros. Camarinas.eu, coma sempre, estará presente outro ano máis neste acto para mostrar ao gran público camariñán as mellores imaxes do San Ramón 2013 de Camariñas.
  • Adeus a Comisión da Festa do Carmen

    A derradeira Comisón do Carmen, cinco héroes para a historia da nosa festa

    A derradeira Comisión da Festa do Carmen non seguirá no cargo. Os seus compoñentes decidiron facer pública unha decisión que nos enche de tristeza a través do medio de comunicación que ao longo do seu exitoso periplo de tres anos os acompañou dende o primeiro día na organización e execución dunha festa que, despois do seu paso pola comisión, sinceiramente é moito mellor que como a colleron. Neste punto, cando un lembra á anterior comisión, a capitaneada por José Manuel Canosa Campaña, nesta web se dixo que ata aquel entón fora a mellor da historia do Carme e en verdade así era. ¿Cómo chegar a sospeitar que aquel grupo de xoves e ilusionados rapaces que colleron o seu testigo en tan só dous anos superarían con creces o antes conquerido? Sen dúbidas elo foi porque nunca antes unha Comisión de Festas tiña un punto de partida tan inmellorable, un traballo dunha calidade tal que co adecuado desenrolo e novas ideas faría dispararse o Carmen ata niveis estratosféricos nunca antes vistos. E así foi.
  • 2ª Parte Procesión Marítima 2013

    O socialista Pichurri, única compañía política de JJ Durán na Procesión MarítimaVista a pouca ansia que algunhas vilas costeiras das Rías Baixas lle imprimen á Festa do Carmen, non foi de extranar que o vilanovés Jose Juan Duran, presidente de Portos de Galicia, quixese estar presente na procesión marítima de Camariñas do 2013. O que xa non resultou tan normal foi que o principal representante do seu partido en Camariñas non o acompañase durante a citada travesía marítima e así a única compañía política que estaba ao carón de tan importante preboste público era a dun socialista, o alcalde Pichurri, así como a do representante do Grupo de Acción Costeira na Costa da Morte, ente do que descoñecemenos en absoluto as súas funcións orgánicas máis alá de servir para conquerir subvencións para o sector privado.
  • Sardiñada do 18 de Xullo en Camariñas

    Rubén e Maitiña, dous dos responsables dunha das mellores edicións do Carmen da historia

    Non o 18 senón o 19, sí que asaron ben na Diputación Provincial ao presidente popular. Vuelta y vuelta polo mestre asador Diego Calvo e listo para  o paro ("ahora soy un parado más de los siete millones que hay en España"). Aféalle Daniel a conducta ao Goberno do seu propio partido nun millón de parados de máis, tamén pode ser que considere que o seu paro equivale polo menos ao de un millón de persoas, pero aínda máis sorprendente é constatar como nun acto dunha estupidez política insólita, os seus cinco concelleiros decidiron inmolarse voluntariamente xunto a el acompañándoo no duro trance de ser humillantemente abroncados en persoa polo propio Presidente Provincial. Ca resolución presidencial de data 19/07/2013, publicada no Boletín Oficial da Provincia deste martes 23/07/2013, pode darse definitivamente por concluida unha etapa da política en Camariñas. Posiblemente a máis vergonzosa e indecente da súa historia.
  • Queimada Xigante do Carmen 2013

    Este sábado 20 de xullo a Festa do Carmen contou ca súa propia queimada

    Tal que acontecera ca cidade californiana de Hollister en 1947, finalmente os protagonistas do Mercado Mariñeiro Medieval acabaron sumindo a Camariñas nun inferno de fogo. Sen embargo, os sucesos sorprendentes que se abateron sobre a Vila das Palilleiras na noite do sábado 20 de xullo de 2013 viñan impelidos non pola fiebre destructiva duns foraxidos motorizados, senón polas verbas cadenciosas do conxuro dunha queimada e así foi como estes visitantes chegados dende as orixes do tempo improvisaron un soberbio espectáculo que ata chegou a contar ca súa propia sección de fogos de artificio. E tal que curiosos provintes de todo o Estado acudían presurosos ata calqueira punto de encontro de faccións facinerosas atraídos pola alta probabilidade dunha turbamulta violenta, neste caso eran turistas e veciños da vila os que ficaban asombrados ante un evento inesperado e fermoso. O enésimo espectáculo, a nova sorpresa dunha Festa do Carmen que xa consolidada nas derradeiras edicións nesta parece que dou o salto de calidade definitivo ata o estrellato festeiro galego. Poucas festas hai en Galicia mellores que as do noso Carmen a día de hoxe. Tal vez ningunha: toda unha semana de espectáculos continuados.
  • 2º Mercado Medieval de Camariñas

    A llama e o que parece un yak, animais típicos do medioevo camariñán

    Incluso Camariñas, unha vila tan ferozmente devastada pola apocalipsis arquitectónica do "ti fai", sirve de escenario solvente no que modelar un mercado medieval, mariñeiro neste caso enténdese que pola presencia colindante do mar. Faise entón xa difícil imaxinar as cotas de realismo que pode entrañar a recreación de esceas medievais en vilas en verdade sí dotadas dun casco histórico de certa entidade tal que Baiona ou Cambados. Sobre todo co atrezzo engadido que supón a presencia duns protagonistas que doutro xeito un os faría atronando autopistas californianas a lomos de Harleys Davidsons como membros dalgúns dos capítulos daqueles Ángeles del Infierno ("Una extraña y terrible saga") cuias andanzas tan pormenorizada e crudamente describira Hunter S. Thompson alá a mediados dos convulsos 60, arrasando pequenas poboacións desprevenidas, provocando conflictos armados ca policía do Estado.
  • Procesión Marítima do Carmen 2013

    A flota de Camariñas parte rumbo ao asalto dos mares no día da Virxe do Carmen

    Cando o Zar Pedro chegou ao poder axiña comprendío que o engrandecimento do seu país pasaba polo acceso ás rutas marítimas comerciais dos mares Báltico e Negro. Elo entrañaba o enfrontamento armado cos suecos no norte e cos tártaros de Crimea no sur, pero sobre todo supoñía a creación urxente dunha gran flota da que Rusia carecía. Comenzou entón a época das grandes transformacións nas anquilosadas e medievais estructuras rusas nun proceso que levou dende a construcción apresurada dunha serie de asteleiros fluviais entre os que destacou o de Voronezh ata unha viaxe de incógnito do mesmísimo Pedro ata Holanda para aprender en persoa o oficio de carpinteiro de ribeira. Non era estrano naquela época atopar ao Zar de tódalas Rusias (a grande, a pequena, a branca) tras un día de duro esforzo fumando tranquilamente ao caer a tarde a súa pipa nunha humilde cabana da aldea de Zaandam, alí entre os canais, indistinguible de calquer outro campesino neerlandés ao mesmo tempo que en Moscú os cadáveres de máis de 20.000 streliets, o corpo armado que osou rebelarse, penduraban pudríndose durante meses de árbores, postes, e farolas, como imaxe aleccionadora para futuros usurpadores do poder autocrático.
  • Procesión da Festa do Carmen 2013

    A Virxe portada por mariñeiros no día máis garnde do ano en Camariñas

    Toda a Galicia mariñeira botouse aquel día ás rúas e, despois, ao mar. Entre elas, unha poboación das Rías Baixas que duplicaba en poboación e orzamentos a Camariñas, e en canto a turistas a quintuplicaba polo baixo. Seguramente tamén as súas festas do Carmen contarían cuns emolumentos moito máis elevados que os duramente procurados na Vila das Palilleiras durante meses e meses de traballo intensivo e agotador. As diferencias non acababan aquí: as festas remataban no sur o día 16 mentras que en Camariñas recén comenzaban, a súa procesión marítima arrancaba as seis da tarde e nas embarcación tan só subían os familiares e os estrictamente coñecidos, o programa da festa parecía estar pensado para acabar con ela e en canto a sesión vermouth, contaban algúns que ata ben chegados a época adulta non deron en saber o que era esa estrana ilación de palabras. A paixón, a tolería, a electricidade que preñaba o ambiente na súa vila natal dende días antes tampouco se vía por ningún lado e as xentes daquel lugar sureño tomábano todo cun xélido tono oficial: un par de recepcións oficiais, uns pinchos no Fogar do Xubilado, unha misa solemne, unha procesión deserta e listos. Máis que unha festa parecía un funeral.
  • Ultimos preparativos do Carme 2013

    O Xurel, portador este ano do maior honor que pode haber para un mariñeiro camariñánXa chegou, xa estamos a escasos intres de que explote a maior febre de ilusión colectiva dos camariñáns en todo un ano. Últimos momentos frenéticos, nos que se dan os retoques finais para ter a inmortal vila de Camariñas no impresionante aspecto festivo, inmaculado, fermoso co que poder rendir a debida homenaxe á Patroa de todos os mariñeiros este martes 16 de xullo. Así, por exemplo os que se podían contemplar a escasas horas do comenzo da Procesión Marítima no porto camariñán, cando o barco portador da Virxe, o Xurel, patroneado polo noso querido amigo Desiderio Campaña "Siro", engalanaba a primeiras horas da noite deste luns 15 de xullo a embarcación que recibe orgullosa o maior honor que cabe en este mundo. Elo debíase a que dado a que estaba sendo ornado con flores da Floristería Bambú, apurouse ata o último momento o citado proceso para que as flores non se marchtaran e puideran lucir un aspecto radiante este martes 16.
  • Record de donativos para o Carmen 2013

    Cada vez queda menos...e a xente cada vez colabora máis. Unha ansia de ilusión colectiva estase a extender sobre Camariñas cunhas proporcións e unha intensidade poucas antes veces vista. Elo reflíctese especialmente nos donativos para a Festa do Carmen, segundo nos contaban os membros da súa comisión este mesmo mesmo mércores: os camariñáns levados en volandas por unha febre colectiva estanse a rascar os bolsillos dunha forma desencadenada e cada un segundo a medida das súas posibilidades, quen pode máis pois aporta máis, quen pode menos nestos duros tempos de crises políticas e económicas fai un esforzo pero algo sempre da para a súa festiña da alma. Neste sentido unha imaxe pode ilustrar perfectamente esta realidade: era amedia tarde deste mércores 4 de xullo cando sorprendíamos a Paco do Cotelo contribuindo por propia iniciativa a colaborar ca Festa do Carme. Un pequeno detalle que mostra ben ás claras o fervor e devocón detoda unha vila ca súa festa. Todoq uea pendente para o tempo que acompañará na semana máis importante do ano en Camariñas e como sempre Camarinas.eu está ao pe do cañón festeiro camariñán donando desinteresadamente imaxes para os sorteos de fotos emblemáticas de Camariñas que están expostas nos bares do Casino, Arnela, Victoria e Gaviota. A primeira foto xa tocou no Casino en 3 horas cubríronse os 100 numeros do sorteo. Outro récord máis que engadir ao Carmen máis esperado. Que impere a calma: cada vez queda menos.
  • Grandísimo éxito da Lumarea 2013

    Centenares de persoas de toda a Costa da Morte asistiron a esta edición da Lumarea 2013

    ¡Cantos corpos desfeitos este luns 24 de xuño! ¡Cantas cabezas desarticuladas nun mar de efluvios alcoholeriles! E os culpables de todo, os principais responsables desta marexada de resaca que se extendía como unha néboa por toda Camariñas: os membros da Asociación Lumarea da Vila, quenes foron quen de organizar dende a media tarde do domingo 23 de xuño o maior evento festeiro fóra dunha Festa do Carme que lembren os séculos.  Agora dou en sospeitarse seriamente que algo debían andar temendo os servicios secretos da Xunta de Galicia e por elo, na única decisión medianamente sabia que se recorde nuns pais da patria autonómicos en vintatantos anos de andaina descentralizadora, decidiron nomear día festivo o tan sufrido e xa mencionado, auténtico pozo de dor para tantos corpos e miolos camariñáns, luns 24 de xuño. O peor de todo é que si a todos estes semicadáveres festeiros da tarde-noite dominguera lles permitisen retrotraerse no tempo e evitar todas as molestias resacosas do monday morning faríano exactamente igual. Ou peor. Con semellante festa que tiñan montada na Area da Vila sinxelamente non se podía evitar.
  • Todo listo para a LumArea 2013

    Todo listo para a Lumarea máis importante do San Xoán da Costa da Morte

    A lumarea máis importante do San Xoán na Costa da Morte comeza xa a quentar motores e estes días xa tivemos ocasión de contemplar aos atareados membros da organización no carrexo de material combustible cara a zona da Area da Vila. Alí, na praia que fai de entrada á vila das palilleiras, xa se pode observar a magnitude incremental da gran lumarea que se acenderá a eso das 12 da noite máis máxica do ano. Ainda que o mal tempo parece non dar tregua neste mes de xuño os partes meteorolóxicos para esta fin de semana non poden ser máis optimistas e espérase un cambio radical na climatoloxía coa chegada (por fin) do bo tempo e das altas temperaturas propias destas datas. Así, según nos contan da asociación organizadora do evento, espérase gran afluencia de público provinte doutras latitudes da Costa da Morte hacia a Area da Vila en parte propiciada pola contratación da gran orquestra Combo Dominicano, unha das grandes no panorama orquesteril galaico que conta con numerosísimos seguidores ao longo destas terras. Dende Camarinas.eu queremos felicitar aos membros da organización da gran LumArea 2013 e eso, alí estará Camarinas.eu tamén pero desta vez en corpo presente para facer a reportaxe da máis importante celebración do San Xoán da Costa da Morte.
  • O Carmen 2013, quentando motores

    A TVG realizou unha conexión en directo no día grande de Camariñas

    Cando estamos xa na máis pura countdown para a Festa do Carme do 2013, a escasos 30 días do máis grande evento do arco atlántico, aquí en Camarinas.eu empezamos xa a quentar motores moi seriamente. Van a ser trinta días como trinta séculos: non van dar pasado. Estes son os momentos nos que un bota de menos non contar cunha máquina do tempo como aquela de H.G. Wells: darlle a un botón e listo, ahí estamos na víspera do Carme. Pero para mitigar a ansiedade e axudarnos a ir levando a saudade e tristura que nos devora contamos co vídeo que a TVG grababa en pleno epicentro volcánico do Carme 2012 e que hoxe capturamos e publicamos para a nosa multitudinaria clientela festeira. Nela, o reporteiro entrevista en directo ao anterior presidente da Comisión de Festas, Luis dos Cabalos e elo sírvenos para, agora que está lonxe da súa terra, rendir unha sinceira homenaxe a este camariñán auténtico e total, que precisamente por elo dou en ser perseguido por un hipopótamo delator e prejeseiro. Sen dúbidas, para unha boa persoa e un gran camariñán, non pode haber maior honor.
  • Cena do Carmen, o Seis de Xullo

    A Comisión da Festa do Carme celebra a súa cena anual no Salón de Actos do CNC

    No que constitúe unha nova exclusiva Camarinas.eu está en condicións de adiantar aos seus lectores que finalmente a vindeira Cea da Festa do Carmen celebrarase o sábado 6 de xullo do 2013 no Salón de Actos do Club Náutico de Camariñas. Foi vontade expresa da Comisión de Festas trasladarse ata as instalacións rekuperadas do CNC para deste xeito vincular á organización da festividade en honor á Patroa dos Mariñeiros ao derradeiro local de amplia capacidade de Camariñas que quedaba pendente por organizar esta gran comida anual. Deste xeito, e levántándose por un día a prohibición de adicar a comidas o gran salón social náutico, polo módico precio de 22 euros os asistentes poderán desfrutar dun menú conformado a base mexilóns á vinagreta/gambóns e carne asada/paleta, regado todo elo con bebida, postre e café. Esperan deste xeito os noso esforzados membros da Comisión lograr recaudar unha cantidade importante cq que financiar a mellor e máis antiga Festa do Carme da Costa da Morte e sobre todo de pasar xuntos todos un bo rato en honor á nosa idolatrada Raíña dos Mares.