• Video completo da Festa do Carmen de Camariñas do ano 1987

    O prometido é deuda e despois de subir o vídeo íntegro de 59 minutos de duración aos servidores de Google Video xa podemos presentarvos en exclusiva e máis rápido que nadie o vídeo completo da Festa do Carmen do ano 1987. Un ano no que o sol reinou en toda a nosa festa e a Procesión Marítima estivo concurridísima con todos os barcos postos de gala para honrar á Virxen do Carmen, no que era posiblemente un dos últimos anos da Gran Flota camariñana dos anos 80.
  • A festa da Virxen do Monte 2016 xa colle forma

    Despois de varios meses sen saberse se alguén daría o paso para facerse cargo da organización das festas da Vila de Camariñas, xa chegou a boa nova e podemos ver pateando as calles do noso pobo para pedir para as festas aos novos voluntarios que se animaron para coller as riendas deste duro e pouco valorado traballo. Entre eles podemos atopar a varios Primeiros Espadas do Camariñeo: JM Canosa Campaña máis coñecido polo seu 2º apelido "Campaña", JM Barcia Tedín (Jose "O Argentino"), Luis Rodríguez Luaces (Luís de Quecha), Juan, Rosa Mouzo "Rosita", JM Tedín "O Neno", etc..
  • Fotos Historicas: San Xurxo 1972

    A tradición Católica de Camariñas

    San Antonio, San Roque e San Jorge escoltados por unha multitude de fieis católicos
    San Antonio, San Roque e San Jorge escoltados por unha multitude de fieis católicos

    Os redactores de camarinas.eu profesan coma non podía ser de outra maneira a relixión Católica, como xa a profesaron os seus pais, os seus avós, os seus bisavós, etc... Pérdese nas orixes do tempo a primeira huella da relixión Cristiana no Concello de Camariñas, cunhas xentes que como amosa esta foto sempre foron moi practicantes, ainda que entendendo o Cristianismo á peculiar maneira camariñana, todo hai que decilo.

    Todo o que acabamos de dicir reflícteo esta fotografía histórica que nos fai chegar a nosa fiel usuaria Pión desde Cádiz, o lonxano e antigo Gadir colonizado por gregos e fenicios, para deixar constancia de tal feito. E seguro que se os redactores rebuscan entre a multitude que rodea ao tridente máxico da santidade formado por San Roque na dianteira, San Antoniño no medio e San Xurxo na retaguardia neste día de San Xurxo de 1972, atoparán unha gran cantidade de parentes seus (seguramente as nosas nais pero tamén tíos, tías, avoas, etc...). Como seguro que tamén vos pasa a vós. Pero esa é unha labor que teredes que facer os usuarios de camarinas.eu poñendo nomes a multitude inxente que rodea aos nosos queridos santos na foto ampliada a tamaño natural do interior.

  • Cafe Bar Arnela: O templo de camarinas.eu

    Relato dunha humilde festa familiar este venres no Bar Arnela

    Regalo que coa colaboración de Albito Diéguez Jr. lle fixo a redacción de camarinas.eu a Gelinita
    Regalo que coa colaboración de Albito Diéguez Jr. lle fixo a redacción de camarinas.eu a Gelinita

    Na noite deste venres pasado camarinas.eu estaba invitada a unha cea celebrada en Pasarela para reunir a todos os xornalistas da Costa da Morte (e máis alá), pero esta redacción non é amiga de intrigas onde se fixan cuotas de poder, áreas de influencia, todo elo a espaldas do pobo humilde. Por eso preferimos estar ca familia do Bar Arnela, ca xente traballadora de Camariñas nesta festa sinxela, onde os albañiles chegaban aínda co cemento fresco nas botas e olor a sudor nas camisetas descoloridas, e que ao son do acordeón virtuoso de Adriana, a nosa beauty máis musical, cantaron para olvidar as súas penas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver uns vídeos de Adriana co acordeón.

  • Festa do Carmen de Camariñas do 1987

    A Festa do Carmen de Camariñas

    En camarinas.eu queremos compartir con todos os usuarios da nosa web, a máis importante sen dúbidas de toda a Costa da Morte, o arsenal fotográfico e audiovisual que ao cabo dos anos fomos archivando nas nosas catacumbas mediáticas. Nesta primeira toma de contacto queremos amosarvos un entrante que será do gusto de moitos dos usuarios de camarinas.eu: o video Festa do Carmen de 1987; que poderás ver íntegramente sólo nesta web. Ademáis se tes na túa casa algún video antigo de Camariñas e queres mostralo e compartilo con todos os usuarios de camarinas.eu non tes máis que poñerte en contacto co administrador da web por medio deste correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e encargarémonos de recollercho pasarcho a DVD e subilo a internet. Pulsa na foto para ver o avance desta nova sección de camarinas.eu na cal publicaremos os videos máis vellos que se recordan en Camariñas.
  • Festa do Club Balonmán Camariñas 2007

    Panorama e Olympus enchen o Polideportivo Municipal

    Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado
    Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado

    Este sábado 29 de decembro o Club Balonmán Camariñas celebrou a súa festa anual no polideportivo de Camariñas na que actuaron dúas das mellores orquestras de Galicia: Panorama e Olympus. É de destacar o ambientazo que alí se vivío, con xente que non podía parar de bailar, acádandose según os organizadores unha entrada próxima ás 1.300 persoas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos.

  • A festa do balonman Camarinas celebrarase o 29 de decembro

    Sale a concurso o bar da festa do Club Balonmán Conservas Boya de Camariñas. Todas as entidades que queiran optar a dita concesión poderán informarse das condicións de cesión do bar nas oficiñas centrais de industrias Cerdeimar en Camariñas ou directamente no teléfono 678 21 57 21. Hai que recordar que a esta festa acudiran ás orquestras Olympus e Panorama, dúas grandes formacións do ámbito musical galego.
  • Fotos da Festa de San Ramon

    Imaxe de arquivo
    Imaxe de arquivo

    Xa podes ver un pequeno avance das fotos que estivemos sacando polo palco da festa de San Ramón: a última festa do Verán na Costa da Morte, e que como tódolos anos acolleu a numeros visitantes no seu día grande, o 31 de agosto. Para ver as primeiras fotos PULSA AQUÍ

  • Todo preparado no Curbeiro para o concerto de Maisha

    Os grupos xa quentan motores e afinan os instrumentos no Curbeiro. Xa en toda Camariñas estamos esperando que empezen a ruxir as guitarras e os tambores. Os grupos son de calidade e o tempo non pode ser millor. Espéranos unha noite de bóa música e diversión. Estaremos hoxe toda noite para quitar as fotos e mañá meteremolas na galería de fotos especial deste festival.
  • Gran Festival en Camariñas

    Venres 24 e Sábado 25 de Agosto son as datas elexidas polos organizadores para celebrar o festival. Este verán rematará no Bar Curbeiro de forma espectacular coa organización de un festival musical sen precedentes en Camariñas que reunirá aos mellores grupos que pasaron pola tempada de concertos do Bar Curbeiro. Grupos coma Días de Furia consolidados xa no panorama musical estatal daranse cita no Curbeiro o próximo fin de semana. Nesta ocasión os concertos desenvolveranse na Praza do Curbeiro para que todo Camariñas poida desfrutar deles.
  • Festas en Camarinas