• Festa de despedida as nosas usuarias nas Illas Canarias

    ¡Este venres Festa no Arnela!

    Adriana, a fermosa redactora de camarinas.eu, xa ten o seu acordeón listo para este venres
    Adriana, a fermosa redactora de camarinas.eu, xa ten o seu acordeón listo para este venres

    Este venres 1 de agosto estase preparando unha festa histórica no Café Bar Arnela, con motivo da despedida das usuarias máis rumbeiras de camarinas.eu nas Illas Canarias, Sefa, Rocío A Piruca e Paula Más. Os preparativos da que alí se pode armar e aos que tivo acceso en exclusiva esta redacción meten medo. Así,  está previsto un dúo máxico formado por Adriana ao acordeón e Pauliña ca súa portentosa voz; unha nova actuación do sen dúbida mellor conxunto vocálico e chiquiteril de toda a Costa da Morte: os Tres Tenores (Manolo do Panadeiro, Juan do Penedo e Tono de Riala, como percusionista experimentado, o Tito Puente desta Franxa Atlántica). Todo elo condimentado por uns pinchos e tapas elaborados polas mans sabias de Gelinita e o ambiente cubatero e chiquiteril clásico do Arnela.

    Ademáis, 32 ventos prometío mostrar a súa verdadeira cara, a nosa usuaria Lusina busca por Santiago desesperada uns platillos para que destaque o arte timbaleril do maestro Tono da Riala, e incluso se rumorea que dous representantes de aquel lexendario grupo de rock de destino fatal e música celestial, The Third is The Piggiest, poderían interpretar unha versión desenchufada (un umplugged) dalgún dos seus famosos e archiconocidos temas. En todo caso o que si é certo é que a nosa redactora, a Beauty Adriana, encerrouse xa hoxe pola tarde na casa para practicar co seu acordeón italiano xurando non saír da mesma ata o momento da verdade: a tan esperada e anhelada actuación ca súa gran amiga Pauliña. Pois si señores, así comenza con esta festa de despedida a tres usuarias claves da web millonaria (en entradas, claro) da Costa da Morte, un conxunto de actos de celebración do Primer Aniversario de camarinas.eu, que terán o seu apoxeo cunha cena masiva por todo o alto o día 15 de agosto. Atentos á pantalla nos próximos días. Camarinas.eu:¡¡es como una droga!!"

  • VII Xuntanza Cabalar en Reira, Camarinas

    Espectáculo cabalar por todo o alto en Reira

    Un éxito impresionante de público consagrou a VII Xuntanza Cabalar
    Un éxito impresionante de público consagrou a VII Xuntanza Cabalar

    Cando nunha das reunións semanais que celebra a redacción ao completo de camarinas.eu para diseñar o programa a desenvolver durante a semana, comentou a nosa redactora Lucía que xa a corta edade de 4 anos domara a bravura dun cabalo montando nel como unha experimentada amazona, estaba claro que era a persoa indicada para facer a reportaxe sobre a VII Xuntanza Cabalar que a Asociación Peña de Cabaleiros da Costa da Morte desenvolveu este 26 e 27 de xullo en Reira. Acompañada da súa irmán María Belén, a nosa Beauty, que era a que nesta ocasión portaba o bloc de notas, prantáronse as dúas, secundadas pola xoven becaria de camarinas.eu, a usuaria Lucía016, diante da Praia Grande de Reira para brindarvos esta reportaxe gráfica excepcional.

  • Festas do Carme 2008: Resumen Final

    As fotos prohibidas do Carme 2008

    O noso querido amigo Pino, todo un maestro no arte do meneo caderil
    O noso querido amigo Pino, todo un maestro no arte do meneo caderil

    Camarinas.eu, a web do millón de visitas, quere ofrecer como celebración de tan magno acontecemento un pequeno agasallo a todos os seus fieles lectores. Así, dando por finalizada a maior, mellor e máis impresionante cobertura periodística que tiveron nunca na súa historia unhas Festas do Carme de Camariñas, procedemos a publicar unhas fotos provintes dos archivos fotográficos privados e secretos da nosa redactora Lucía, do noso director Diego Alonso Freire e do redactor cultural Zhúkov. Pulsa na foto do bailoteo do maestro Pino para ver as 39 imaxes máis impactantes das Festas do Carme 2008. Unhas fotos que nunca deberían haber saído á luz.

  • Festas do Carme: Sardinada en Camarinas

    18 de xullo: Ambiente sardiñeril

    A Sardiñada das Festas do Carme 2008 vista pola nosa redactora Lucía Carril Ageitos
    A Sardiñada das Festas do Carme 2008 vista pola nosa redactora Lucía Carril Ageitos

    A inconfundible fragancia embriagadora da masacre sardiñeril esparcíase lenta, gaseosa, demoledora, na tarde de hoxe por tódolos recunchos dunha somnolienta e soleada vila de Camariñas traída dende a apartada Praia de Area da Vila por un vento amainado. Porque hoxe era o 18 de xullo, día final das Festas do Carme e día de Sardiñada popular dende hai xa uns cuantos anos, amén de ser tamén o aniversario de certo acontecemento que mellor non nombramos non vaia ser que algún nos vaia acusar de vaya usted a saber que, o que iba a ser xa o que nos faltaba e que unido o da bandeira norteamericana faría que nos expulsasen do país literalmente a gorrazos (e algunha patada tamén). En fin, axena a todas estas polémicas un tanto absurdas a nosa redactora Lucía bríndanos outra reportaxe co seu toque femenino característico.

  • Festa do Carmen 2008: Fogos Artificiais

    Os mellores fuegos de tódolos tempos

    Había anos que non se vía algo así. Un auténtico espectáculo de luz e sonido. Por eso ofrecémolo como un regalo para todos aqueles que por motivos de traballo ou por estar na emigración non puideron asistir a estes fogos. Uns "fuejos" cun final apoteósico no que, cando todo o mundo pensaba que a traca rematara, puídose ver un espectáculo de luces e explosións de menos de 10 segundos que, según palabras de algunha persoa que presenciou a traca: "deixoume os pelos de punta". Desde camarinas.eu esperamos que todos os que vos atopades fora da vosa Camariñas vos emocionedes con este vídeo como se emocionaron as miles de persoas que asistiron ao acto.

  • Festas do Carme de Camarinas. Procesión por mar

    Unha procesión a tombo libre

    A procesión marítima, alma das Festas do Carme de Camariñas
    A procesión marítima, alma das Festas do Carme de Camariñas

    Pois efectivamente, cunha bandeira norteamericana na popa que facía que o Cirros, posiblemente o buque máis odiado e vilipendiado da historia das procesións da Virxe do Carme, parecera un deses luxosos yates de calquera dos exclusivos e exquisitos Clubs Náuticos da Costa Este dos USA, así foi como camarinas.eu, a reina non dos mares pero sí das webs, cubrío o día grande das nosas festas facendo un treito marítimo ata Muxía que ven marcado pola forza do vento do nordeste e que fixo que todos andivéramos literalmente a tombos. Pulsa na imaxe para ler a noticia e ver unha avalancha fotográfica de tan magno acontecemento.

  • Pasado, presente e futuro da Danza de Arcos de Camarinas

    ¿O arqueiro máis xoven da historia?

    Manuel non defraudou as expectativas no seu esperado día de debut ca Danza de Arcos
    Manuel non defraudou as expectativas no seu esperado día de debut ca Danza de Arcos

    Contan os que o coñecen que xa dende moi pequeno Manuel Lema Ageitos correteaba polo pasillo da súa casa  arriba e abaixo imitando á Danza de Arcos e que non se cansaba de visionar unha e outra vez os vídeos da mesma, xa que o gran soño de Manuel era precisamente o de poder un día bailar nas Festas do Carme na Danza de Arcos de Camariñas. Quedábanlle aínda tres interminables anos para chegar aos dezaseis reglamentarios para elo, cando no día de onte, e temendo unha desbandada en masa dos membros da Danza para este xoves 17 de xullo, seu tío Manolo, o actual director da Danza de Arcos, lle dixo que se preparase e estivera listo: o seu momento chegara. Pulsa na imaxe para ver as fotos que a nosa redactora Lucía tomou do primeiro baile de Manuel e da homenaxe que a Comisión lle brindou aos Directores da Danza de Arcos.

  • Festas do Carme: o Cirros, unidade móbil de camarinas.eu

    ¡Atención! Esta será a unidade móbil marítima de camarinas.eu

    O Cirros, a unidade móbil marítima de camarinas.eu, o noso buque-escuela
    O Cirros, a unidade móbil marítima de camarinas.eu, o noso buque-escuela

    Ca primeira, única e auténtica bandera norteamericana de toda a procesión das Festas do Carme, así será como vestirá as súas mellores galas o Cirros, o buque-escuela da flota naviera de camarinas.eu. Quedaríamos sen unidade móbil terrestre, pero como Gran Bretaña no pasado, a web máis vista da Costa da Morte, é a reina dos océanos, ¡que probe calquer outra páxina a arrabatarnos o dominio dos mares!. Pulsa na foto para ver o izado, a semellanza dos héroes da batalla de Iwo Jima, da bandeira das barras e das estrelas no Cirros, o buque da liberdade.

  • Festa do Carmen 2008: adestramento da Danza de Arcos

    A Danza de Arcos xa está aquí pero sin Totis

    A Danza de Arcos de Camariñas xa está a punto para a gran cita da auténtica festa mariñeira das Rías Altas
    A Danza de Arcos de Camariñas xa está a punto para a gran cita da auténtica festa mariñeira das Rías Altas

    Este domingo 13 de xullo foi o último ensaio da Danza de Arcos de Camariñas, a cal xa está lista para actuar no día grande das festas máis mariñeiras das Rías Altas este 16 de xullo: a Festa do Carmen de Camariñas. Aínda que parece ser que o noso querido amigo Totis, que tanta ilusión tiña por asistir á Danza de Arcos este ano non vai a poder cumplir coa danza por culpa dun esguince na súa maltreita perna dereita.

    Totis, que ten cerca de 70 anos, nunca formou parte da Danza de Arcos e este ano quixo quitarse ese peso de enriba. Non sabemos si se recuperará pero as expectativas son moi negativas. Os que o viron desenvolverse sobre unha pista de baile nos seus bos tempos falan doutro Rudolph Nureyev, dun redivivo Baryshnikov, dun prodixio da danza. De todas formas e superando este duro golpe que tan grandes expectativas había xerado, todo está listo e preparado para a gran cita e camarinas.eu fará un despliegue especial cos seus escasos, destartalados e ridículos medios marítimos e terrestres para cubrir esta cita (esperemos), estando pendentes de todo o que aconteza nestes días para que, aínda que esteades fóra de Camariñas, poidades vivir todo o esplendor da máis importante e grande festa mariñeira das Rías Altas (incluída Muxía e Camelle). Pulsa na foto para ver unhas cantas imaxes da Danza de Arcos e un vídeo desta.

  • Festa da Sardiña en Camariñas

    Sardiñada no Curbeiro

    Lucía, redactora de camarinas.eu, recollendo información da Asociación de Empresarios
    Lucía, redactora de camarinas.eu, recollendo información da Asociación de Empresarios

    Estaba este sábado  5 de xullo o director de camarinas.eu cubrindo unha voda en Vimianzo e un dos redactores tostándose ao sol en Reira, e ante este estado de desidia e abandono no que en ocasións se sume a redacción, as novas redactoras de camarinas.eu, decidiron que unha noticia da importancia da Festa da Sardiña non podía quedar sen cubrir e sobre as 19:00 presentáronse no Curbeiro para representar a nosa web neste evento gastronómico e firmar unha reportaxe sinxelamente perfecta. Que temblen os restantes medios de comunicación escritos, televisivos e radiofónicos: as novas redactoras de camarinas.eu xa están aquí. Pulsa na foto para ver a reportaxe completa.

  • Festa da Sardiña en Camariñas

    Actividades para o verán da Asociación de Empresarios

    Cartel da Festa da Sardiña
    Cartel da Festa da Sardiña

    A asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas comeza mañá sábado a súa particular andadura de actividades que teñen previsto organizar para este verán. Estas comezarán coa "Festa da Sardiña" que se realizará este sábado 5 de Xullo a partir das 6 e media da tarde. Os asistentes a dita festa poderán degustar as sardiñas en 5 formas distintas de preparación: en empanada, conserva, rebozadas, asadas e tamén con cachelos. A esta festa gastronómica hay sumarlle outra prevista para o 16 de agosto adicada ao Berberecho.

    Esperemos que o tempo axude a esta nova directiva e poidan desenvolver estas actividades con todo éxito. Nos estaremos alí para facer unha reportaxe e, de paso, probar as nosas sardiñas en todas as preparacións. Despois daremos o veredicto de cal foi a preparación que máis nos gustou. Desde camarinas.eu animamos a todos os nosos usuarios e lectores a que acudan a esta orixinal "Primeira Festa da Sardiña".

    Pulsa na foto para ver o resto de actividades que a Asociación de Empresarios ten previsto organizar para este Verán 2008.

  • San Juan 2008 en Camariñas, o mellor de toda a Costa da Morte

    Agora que todo asociacionismo parece ser do mesmo signo e os cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo, camarinas.eu sigue coa súa labor informativa independente e vai a resumir brevemente o acontecido onte no San Juan máis multitudinario da Costa da Morte: o de Camariñas. A verdade é que non se pode pedir máis para unha festa que leva celebrándose na nosa vila desde tempos inmemoriais e que últimamente estaba algo de capa caída. Onte puidéronse ver dúas lumareas xigantescas e todos os bares estaban repletos de xente alapada por devorar as boas sardiñas que se pescaron este sábado en Camariñas.
  • Preparativos de San Juan en Camarinas

    !!A lumarea de Corea xa está aquí!!

    María e Lucía: dúas cremosuras para amenizar os duros traballos de recollida de leña
    María e Lucía: dúas cremosuras para amenizar os duros traballos de recollida de leña

    Despois dunhas semanas sen saber si a famosa, mítica e auténtica lumarea do barrio de Corea se iba a facer pudemos ver hoxe como un grupo de valentes Coreanos estivo xuntando leña e gesto para acumular combustible suficiente e levar a cabo a Lumarea de Corea. Unha destas valentes foi a nosa Beauty María Belén que, xunto coa súa irmán, a nosa impactante redactora Lucía, axudaron en todo o que boamente poideron para carrexar semejante cantidade de basura. O día de San Xoán en Camariñas volve a recuperar o esplendor perdido e con esta lumarea e o gran espectáculo que están preparando os nosos amigos da Asociación Lumarea da Vila parece que este luns vai a haber festa rachada por Camariñas adiante. Pulsa na foto para ver unhas fotos ben cremosas da Lumarea de Corea.

  • Golpe definitivo e mortal a iniciativa de Camarinas.eu

    ¡¡Alá van os 200 dólares norteamericanos!!

    O Imperailismo Mundial rouboulle de forma traidora 200 euros ao pobo humilde de Camariñas
    O Imperailismo Mundial rouboulle de forma traidora 200 euros ao pobo humilde de Camariñas

    Era visto. Como era de esperar e xa que ultimamente non don pé con bola e todo sale ao revés esta iniciativa non podía ser menos. Google acaba de mandarme un correo electrónico no que nos anuncia que suprime indefinidamente a conta de camarinas.eu ca que pretendíamos axudar a financiar a nosa querida Festa do Carmen. Pois nada, alá van os 200 dólares ben cremosos cos que pretendíamos agasallar a nosa comisión de festas. Alá van polo mar abaixo, en popa.

     É bastante probable que esta anulación da conta de Google AdSense fose debida á denuncia de alguén ao que non lle gustou demasiado esta iniciativa e filtrara a nosa noticia a Google España. Pois nada, conseguistedes que nos cerraran a conta e que a nova comisión perdera o agasallo dos usuarios de camarinas.eu. Un botín de máis de 500 dolares que se perden polo retrete abaixo. Os culpables que se acorden de tirar pola sisterna.

  • Lumarea na Area da Vila 2008

    Cumprindo cos ritos paganos dunha tradición milenaria, o San Xoán 2008 de Camariñas xa está aquí e parece ser que este ano ven con forzas renovadas. A "Asociación Lumarea da Vila" presenta nesta edición unhas actividades para o día 23 de xuño sen precedentes en toda a historia do San Xoán en Camariñas xa que vai a haber festa desde as 17:00 da tarde ata as tantas da madrugada. Nos estaremos alí para brindarvos unha reportaxe co selo de calidade de camarinas.eu, a web maís vista da historia da Costa da Morte.
  • Segue a iniciativa de camarinas.eu para a Festa do Carmen

    Un botín de 200 dólares norteamericanos

    Image 

    Camarinas.eu publicaba hai un par de semanas unha inicitiva da web máis vista da Costa da Morte (camarinas.eu, que nadie se engañe) para donar todos os cartos recaudados da publicidade de Google que podes ver en cada noticia desta web para a nova Comisión de Festas do Carmen. Hoxe chegamos a cifra espectacular de 200 dólares recaudados gracias ao apoio dos usuarios e lectores de camarinas.eu.

     Cunha media de 6-7 dolares diarios e un máximo de 15 por día camarinas.eu pode converterse nun dos grandes aportadores económicos para a nosa festa sempre e cando todos colaboremos. Eu creo persoalmente que podemos chegar a máis e aínda que o obxectivo dos 1000 dolares parece moi lonxano non hai dúbida que si a metade das máis de 1200 visitas diarias colaboran chegaremos moi lonxe. Ánimo.

  • Cena do Carmen de Camarinas 2008

    250 persoas na Cea do Carmen 2008

     

    A comisión de festas na Cea do Carmen 2008
    A comisión de festas na Cea do Carmen 2008

     

    Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento.

  • Iniciativas Camarinas.eu : Festa do Carmen 2008

    Fagamos entre todos a mellor festa do mundo

    Image

    Despois de que o noso querido usuario Machote anunciara hai uns días no Libro de visitas (un libro que supera xa as 10.000 mensaxes) que él mesmo se encargaría de recolectar os donativos para a Festa do Carmen en Suiza, quedamos a pensar na redacción un momento e fixémonos a seguinte pregunta: ¿Como podería camarinas.eu axudar a esta nova comisión de festas a engrandecer a nosa Festa do Carmen? Pulsa na foto para saber como e ver o novo vídeo tutorial realizado polo Soco explicando os pasos necesarios para elo.

  • Video historico de San Xurxo 1995 en Camariñas

    Esta redacción nun esforzo sen precedentes estivo ata as 5 da madrugada pasando o vídeo da Festa de San Xurxo de 1995 a DIVX nunha dura loita contra ordenadores que non funcionaban e contando coa axuda inestimable de O SOCO que dende a lonxana Suiza arrimou o hombro para facer a milagre posible. E todo para que hoxe 23 de abril, día do Noso Patrón, poder honrar a San Xurxo como se merece cun vídeo impresionante de unha hora e media de duración que fará que vos vexades con 13 anos (e seguramente tamén uns cuantos kilos) menos. Agora a desfrutar.
  • Cea recaudacion de fondos para a Festa do Carmen

    Unha cea para recaudar fondos para o Carmen

    A cea será o día 17 de maio
    A cea será o día 17 de maio

    A debutante comisión que organiza as vindeiras festas en honor á nosa Virxen do Carmen está a ultimar os preparativos para a organización dunha cena benéfica co obxectivo de recadar fondos. A dita cea está prevista para o sábado 17 de maio e celebrarase no Pavillón Municipal de Camariñas onde a entrada por plato será de 20 euros por barba.

    Desde camarinas.eu animamos aos nosos case 800 usuarios rexistrados (á meirande comunidade humana do Concello e probablemente de toda a Costa da Morte) e aos máis de 1.200 visitantes diarios que recibe a web máis visitada da historia da Costa da Morte a colaborar neste acto e encher o pavillón de Camariñas ata os topes.
    A comisión sempre terá o apoio desta redacción e, aínda que sexa saltándose unha norma fundamental e básica para camarinas.eu, publicaremos todo o que sexa posible para axudar a esta xoven comisión de rapaces camariñáns en todo o que lle faga falta. Pois eso, a nosa mensaxe para a extensa comunidade de camarinas.eu é esta:

    !QUEREMOS QUE VAIAS A CENA DO CARMEN XA!